A identidade visual do Concello de Muros represéntase a través de varios elementos, destacando o escudo oficial como símbolo principal.
A maneira en que unha institución proxecta a súa imaxe tanto ao público como a os seus membros depende do deseño e uso coherente dos seus símbolos.
Manter unha comunicación visual clara, uniforme e consistente é fundamental para que a institución sexa recoñecida e entendida deforma inmediata.
O obxectivo deste manual é definir de maneira precisa a identidade corporativa do Concello de Muros, así como guiar o seu correcto uso en diversas plataformas e contextos. Deste modo, búscase garantir que todos os elementos gráficos se utilicen de forma consistente, garantindo unha imaxe sólida, atractiva e facilmente recoñecible.
A idea: O símbolo busca representar o Concello de Muros a traves de elementos representativos do seu entorno. Usando para elo trazos sinxelos e limpos para comunicar de forma efectiva en tódolos medios e soportes.
A Marca institucional: Esta formada polo símbolo e o texto “Concello de Muros”. Agrupando así a tódolos núcelos do Concello. O texto irá en minúsculas na tipografía Montserrat (semiBold).
O símbolo poderá ser utilizado de forma independente pero non así a parte do texto.