O Concello de Muros coa colaboración da Deputación da Coruña e do Grupo de Estudos Territoriais da Facultade de Socioloxía da UDC, vai realizar a “I Semana da Historia de Muros”, unha novidosa iniciativa que se celebrará entre o 10 e o 13 de setembro e que busca poñer en valor a historia da vila dende a súa creación para así poder mirar cara ao seu futuro.
Así, do 10 ao 13 de setembro a Fábrica de Sel será escenario dun encontro entre expertos en diversas disciplinas abordarán aspectos clave da historia e do patrimonio local nunha serie de relatorios e debates que culminarán cun concerto de clausura.
MARTES, 10 DE SETEMBRO 20:00H
- Acto institucional de presentación das xornadas
- A historia de Muros a través do Arquivo Municipal
- María Mayo, Licenciada en Historia da Arte (USC)
- Pepa Fernández Fernández, Licenciada en Historia (USC)
MÉRCORES, 11 DE SETEMBRO 20:00H
- A vila medieval de Muros: claves para interpretar unha paisaxe urbana de séculos
- Pedro García Vidal, Doutor en Xeografía Humana (USC)
XOVES, 12 DE SETEMBRO 20:00H
- Arquitectura do ocio en Muros: Teatro Mercedes, Cine París e Cine Avenida
- Margarita Novo Malvárez, Doutora en Historia da Arte (UIB)
VENRES, 13 DE SETEMBRO 20:00H
- Retrospectiva e Prospectiva: Un Debate entre A Historia e o Futuro de Muros
- Modera: Iria Caamaño Franco, Doutora en Turismo (UDC)
- Isidro Dubert García, Catedrático en Historia Moderna (USC)
- Alfonso Blanco Quintela, Licenciado en Filoloxía (USC)
- Cine París en Concerto: Melodías dunha Época
- (Escola Municipal de Música de Muros)
- Clausura institucional