HORARIOS DOS OBRADOIROS CULTURAIS MUNICIPAIS 2025/2026

Para formalizar a matrícula, deberá aboarse a cota anual de 30 € por persoa e obradoiro, no período comprendido entre o 23 e o 29 de setembro, a través das seguintes opcións:

  1. Ingreso bancario
    • Concepto do pagamento:
      • Nome e apelidos da persoa participante | Obradoiro cultural no que se matricula
  2. Pago presencial
    • Con tarxeta bancaria nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Unha vez formalizada a matrícula, as actividades darán comezo a partir do luns 13 de outubro, cunha primeira semana de presentación.

Agradecemos a súa colaboración e quedamos á súa disposición para calquera dúbida ou aclaración.