FORMACIÓN | Cursos do PEL-Emprego Sustentable

Dentro do PEL-Emprego Sustentable no ámbito rural 2021-2023 da Deputación da Coruña está previsto impartir as seguintes accións formativas:

  • Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións (592 horas, 6 meses aprox., certificado de profesionalidade NIVEL 2).
  • Xestión de chamadas de Teleasistencia (460 horas, 4 meses aprox., certificado de profesionalidade NIVEL 2).
  • Dinamización Comunitaria (692 horas, 6 meses e medio aprox., certificado de profesionalidade NIVEL 3).
  • Guía de Itinerarios de Baixa e Media montaña (762 horas, 7 meses aprox., certificado de profesionalidade NIVEL 2).

DESTINATARIOS/AS. Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, que acrediten o nivel académico mínimo e que amosen algunha das seguintes situacións:

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade.
  • Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes)
  • Habitar en zonas consideradas rurais.
  • Posuír a formación esixida para o acceso ao certificado de profesionalidade. Na seguinte ligazón, poderá consultar os requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de NIVEL 2 e de NIVEL 3.

Pertencer a algún dos seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD): en situación de desemprego durante mais de 6 meses continuos si son persoas menores de 25 anos ou durante mais de 12 meses continuos si teñen unha idade igual ou superior a 25 anos.
  • Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ)
  • Persoas maiores de 55 anos.
  • Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
  • Persoas inmigrantes.
  • Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
  • Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

DOCUMENTACIÓN:

  • Ficha de Solicitude completamente cumprimentada e asinada (pode descargalo dende a sede electrónica: https://sede.muros.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/index.html#pel_sustentable ).
  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
  • Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
  • No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action
  • Certificado ou Volante de empadroamento.
  • Documento acreditativo ou informe emitido polos servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
  • Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
  • Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego.
  • Declaración responsable da persoa solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente.
  • Acreditación das titulacións ou certificacións que permitan o acceso a certificados de profesionalidade do nivel correspondente.

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN:

  • Inscrición e presentación das solicitudes
  • Baremación de criterios de carácter xeral
  • Entrevista persoal

CENTROS NOS QUE SE IMPARTIRÁ A FORMACIÓN.  Achégase documento coa relación de centros.

PRAZO.  As persoas de Muros poderán presesentar a documentación no  servizo de orientación laboral (atención ao público presencial  luns e martes) no prazo límite indicado:

  • Atención sociosanitaria_norte  (3 edicións): 3 de setembro as  14:00 horas
  • Atención sociosanitaria_sur  (2 edicións): 13 de agosto as 14:00 horas. As persoas interesadas nesta acción formativa contacten a maior brevidade posible co servizo de orientación (orientacion.laboral@outes.gal  ou no teléfono 981 826 050)
  • Xestión de chamadas de teleasistencia (1 edición): 3 de setembro as  14:00 horas
  • Dinamización Comunitaria  (3 edicións):  3 de setembro as  14:00 horas
  • Guía por itinerarios de baixa e media montaña  (2 edicións): 17 de setembro as  14:00 horas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close