Exposición arte en  Muros,  FÁBRICA DE SEL | Setembro – Outubro de 2023

Sábado, 16 de setembro, ás 18 horas, na sala de exposicións da Fábrica de Sel en Muros iniciarase a exposición colectiva de pintura  e fotografía, participan: Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, María del Carmen Valverde, Melania Gómez Barral, Julia San Martín del Barrio, Dolores Mato Gómez, Francisco Hervella Rodríguez e Salvador Galbán Dios.

Son artistas plásticos con estilo e técnica libres, a súa formación académica é variada, sendo algún dos artistas do grupo licenciado en Belas Artes e outros autodidactas que adquiriron coñecementos a través de talleres e academias. Posuíndo tamén, algún deles, un nutrido palmarés de premios en mostras e concursos de pintura, o que supón o recoñecemento á calidade da obra.

A exposición conta cunha nutrida representación da obra das artistas, acuarelas, óleos, debuxo, traballos en técnica mixta, e fotografía, na obra que se presenta aparecen motivos variados, aínda que predominan os motivos paisaxísticos, mariñeiros e urbanos de Galicia. A exposición manterase aberta ao público durante o período comprendido entre o 16 de setembro e o 14 de outubro de 2023.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close