Preinscrición: Do 8 de setembro ata as 14.00 h do 18 de setembro de 2025.
A preinscrición farase nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo o seguinte formulario:
- Formulario de inscrición: https://forms.gle/P1jbWDGGgpGSbt2c9
Matrícula: Do 23 ao 29 de setembro de 2025 (ambos incluídos)
Inicio das actividades: As escolas deportivas constituídas darán comezo a partir do 6 de outubro de 2025 (luns) en función do día que lle corresponda a cada actividade.
Modalidades, lugares e idades
- Esteiro (Pavillón Xosé Lago)
| MODALIDADE | ANO DE NACEMENTO |
| Bádminton | 2018 ata o 2009 |
| Baloncesto | 2019 ata o 2009 |
| Fútbol sala | 2019 ata o 2009 |
| Patinaxe | 2021 ata o 2009 |
| Ximnasia mantemento/body tónic | 2009 e anos anteriores |
- Muros (Pavillón de Miraflores)
| MODALIDADE | ANO DE NACEMENTO |
| Actividades predeportivas | 2021 e 2020 |
| Baloncesto | 2019 ata 2009 |
| Fútbol sala | 2019 ata 2009 |
| Patinaxe | 2021 ata 2009 |
| Ximnasia de mantemento | 2009 e anteriores |
| Iniciación ao xadrez | 2019 ata 2009 |
- Louro (CEIP Louro)
| MODALIDADE | ANO DE NACEMENTO |
| Ximnasia de mantemento | 2009 e anteriores |
- Abelleira (Centro de Surribos)
| MODALIDADE | ANO DE NACEMENTO |
| Ximnasia de mantemento | 2009 e anteriores |
- Torea (Casa Reitoral)
| MODALIDADE | ANO DE NACEMENTO |
| Ximnasia de mantemento | 2009 e anteriores |
2. Prazos do procedemento
| PROCEDEMENTO | DATAS |
| Preinscrición | Do 8 de setembro ata as 14.00 h do 18 de setembro de 2025 |
| Publicación dos horarios | 22 de setembro de 2025 |
| Matrícula | Do 23 ao 29 de setembro de 2025 (ambos incluídos) |
| Inicio das actividades | 6 de outubro de 2025 |
3. Horarios
Cada escola deportiva consistirá nunha única sesión semanal. Con todo, existen excepcións para as seguintes modalidades:
- As escolas deportivas, “Ximnasia de mantemento en Muros (Pavillón de Miraflores) e Ximnasia de mantemento/Body Tónic en Esteiro, (Pavillón Xosé Lago)” contarán con 2 sesións semanais ao realizaranse en instalacións propiamente deportivas.
Con isto, as persoas que participen nas actividades de ximnasia de mantemento en Louro, Abelleira e Torea poderán dispoñer dunha hora adicional en calquera das instalacións propiamente deportivas, “Ximnasia de mantemento en Muros (Pavillón de Miraflores) ou ximnasia de mantemento/Body Tónic en Esteiro (Pavillón Xosé Lago), sempre previa comunicación ao Concello de Muros.
Os horarios faranse públicos o 22 de setembro de 2025. Estarán expostos nos taboleiros dos pavillóns, no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, na páxina web do Concello de Muros, www.muros.gal e na sede electrónica municipal, sede.muros.gal.
Para a consulta telefónica dos horarios habilítanse os seguintes teléfonos:
- 682 212 336 (pavillón de Miraflores)
- 981 762 294 (oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
4. Prazas
- Esteiro (Pavillón Xosé Lago)
| MODALIDADE | PRAZAS |
| Bádminton | Sen límite |
| Baloncesto | Sen límite |
| Fútbol sala | Sen límite |
| Patinaxe | Sen límite |
| Ximnasia mantemento/body tónic | Sen límite |
- Muros (Pavillón de Miraflores)
| MODALIDADE | PRAZAS |
| Actividades predeportivas | Sen límite |
| Baloncesto | Sen límite |
| Fútbol sala | Sen límite |
| Patinaxe | Sen límite |
| Ximnasia de mantemento | Sen límite |
| Iniciación ao xadrez | Sen límite |
- Louro
| MODALIDADE | PRAZAS |
| Ximnasia de mantemento | Limitadas |
- Abelleira
| MODALIDADE | PRAZAS |
| Ximnasia de mantemento | Limitadas |
- Torea
| MODALIDADE | PRAZAS |
| Ximnasia de mantemento | Limitadas |
A adxudicación das prazas pode ser:
- Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles en cada modalidade.
- Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles en cada modalidade.
Será necesario un número mínimo de 6 persoas para a constitución de cada escola deportiva.
5. Preinscrición: Do 8 de setembro ata as 14.00 h do 18 de setembro de 2025
É persoal e intransferible. A preinscrición farase nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo o seguinte formulario:
- Formulario de inscrición: https://forms.gle/P1jbWDGGgpGSbt2c9
No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.
6. Matrícula: Do 23 ao 29 de setembro de 2025 (ambos incluídos)
É persoal e intransferible e deberase facer unha vez comprobada a adxudicación da praza, os horarios das escolas e do/s grupo/s no que a persoa interesada solicitou a preinscrición.
O alumnado deberá aboar a cota de participación no número de conta establecido por parte do Concello de Muros durante o período de matrícula.
7. Cota
A cota de participación será de 30,00 € anuais e deberase aboar no período de matrícula.
8. Inicio das actividades: 6 de outubro de 2025
As escolas deportivas constituídas darán comezo a partir do 6 de outubro de 2025 (luns) en función do día que lle corresponda a cada actividade.
9. Datas
As escolas deportivas impartiranse dende o 06/10/2025 ata o 29/05/2026, interrompéndose durante os períodos vacacionais correspondentes.
10. Requisitos
- Para poder asistir ás escolas deportivas é preciso:
- Nacer nalgún dos anos correspondentes ás diferentes quendas.
- Non padecer ningunha enfermidade que lle impida practicar deporte.
- O pai, a nai ou titor/a deberá cumprimentar a pertinente autorización de participación nos cursos.
11. Outros
Se houbera a suficiente demanda para constituír outra escola deportiva que non se recolle nestas bases, estudarase a posibilidade de poder incluíla.
Calquera circunstancia que non apareza nestas bases será tratada de maneira individual, previa solicitude da persoa interesada, así como calquera circunstancia de carácter especial que se puidera producir.