DEPORTES | Escolas deportivas municipais curso 2021/22

BASES DAS ESCOLAS:

1. Modalidades, lugares e idades

  • Esteiro (Pavillón Xosé Lago)
MODALIDADEANO DE NACEMENTO
Bádminton2014 ata o 2005
Baloncesto2015 ata o 2005
Fútbol sala2015 ata o 2005
Patinaxe2017 ata o 2005
Ximnasia mantemento/body tónic2005 e anos anteriores
  • Muros (Pavillón de Miraflores)
MODALIDADEANO DE NACEMENTO
Actividades predeportivas2017 e 2016
Baloncesto2015 ata 2005
Fútbol sala2015 ata 2005
Patinaxe2017 ata 2005
Ximnasia de mantemento2005 e anteriores
Iniciación ao xadrez2015 ata 2005
  • Louro
MODALIDADEANO DE NACEMENTO
Ximnasia de mantemento2005 e anteriores

2.  Prazos do procedemento

PROCEDEMENTODATAS
PreinscriciónDo 22 de setembro ata as 14.00 h do 5 de outubro
Sorteo (se fora necesario)7 de outubro ás 12.00 h
Publicación dos horarios8 de outubro
MatrículaDo 11 ao 13 de outubro
Inicio das actividades18 de outubro
Prazas vacantesA partir do 27 de outubro

3. Sorteo

No suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles en cada modalidade, realizarase o sorteo o 7 de outubro (en presenza da Secretaría municipal).

O sorteo será público e terá lugar no salón de plenos do concello, ás 12.00 h da mañá. Comunicaráselle, mediante correo electrónico, a adxudicación da praza ás persoas solicitantes.

4.  Horarios

Cada escola deportiva será dunha sesión semanal.

Os horarios faranse públicos o 8 de outubro. Estarán expostos nos taboleiros dos pavillóns, no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, na páxina web do Concello de Muros, www.muros.gal. e na sede electrónica municipal, sede.muros.gal

Para a consulta telefónica dos horarios habilítanse os seguintes teléfonos:

  • 981 762 152 (pavillón de Miraflores)
  • 981 762 294 (Centro Cultural e Xuvenil de Muros)

5.  Prazas

  • Esteiro (Pavillón Xosé Lago)

O número de prazas para cada modalidade e lugar establécese da seguinte maneira:

MODALIDADEPRAZAS
Bádminton10
Baloncesto10
Fútbol sala20
Patinaxe20
Ximnasia mantemento/body tónic20
  • Muros (Pavillón de Miraflores)
MODALIDADEPRAZAS
Actividades predeportivas30
Baloncesto30
Fútbol sala30
Patinaxe30
Ximnasia de mantemento30
Iniciación ao xadrez20
  • Louro
MODALIDADEPRAZAS
Ximnasia de mantemento16

A adxudicación das prazas pode ser:

  • Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles en cada modalidade.
  • Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles en cada modalidade.

6.   Preinscrición: do 22 de setembro ao 5 de outubro

É persoal e intransferible. A preinscrición farase nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros, ou cubrindo o formulario (Google Forms), do 22 de setembro ao 5 de outubro (ambos incluídos).

No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.

7.   Matrícula: do 11 ao 13 de outubro

É persoal e intransferible. Deberase facer unha vez comprobada: a adxudicación da praza, os horarios das escolas e do/s grupo/s no que a persoa interesada solicitou a preinscrición.

O alumnado deberá aboar a cota de participación no número de conta establecido por parte do Concello de Muros.

O período de matrícula establécese do 11 ao 13 de outubro (ambos incluídos).

8.   Cota

A cota de participación será de 25,00 € anuais e deberase aboar no período de matrícula.

9.   Inicio das actividades: 18 de outubro

As actividades constituídas darán comezo a partir do 18 de outubro (luns) en función do día que lle corresponda a cada actividade.

10.   Prazas vacantes: a partir do 27 de outubro

A Concellaría de Deportes publicará na web a lista de prazas que puideran quedar libres en cada modalidade e lugar despois de resolver esta convocatoria. No caso de que existiran prazas vacantes abrirase un período de solicitude a partir do 27 de outubro.

11.   Datas

As escolas deportivas impartiranse dende o mes de outubro (18/10/2021) ata o mes de  maio do ano 2022.

12.   Requisitos

  1. Para poder asistir ás escolas deportivas é preciso:
    1. Nacer nalgún dos anos correspondentes ás diferentes quendas.
    2. Non padecer ningunha enfermidade que lle impida practicar deporte.
  2. O pai, a nai ou titor/a deberá cumprimentar a pertinente autorización de participación nos cursos.

13.   Control de asistencia

No caso de que se chegue ao 50% de faltas de asistencia o alumnado podería causar baixa na actividade, sen dereito á devolución da cota.

14.   Outros

Se houbera a suficiente demanda para constituír outra escola deportiva que non se recolle nestas bases, estudarase a posibilidade de poder incluíla, sempre que se adapte á normativa sanitaria vixente en cada momento.

Calquera circunstancia que non apareza nestas bases será tratada de maneira individual, previa solicitude da persoa interesada (así como calquera circunstancia de carácter especial que se puidera producir).



HORARIOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA O CURSO 2021/22

* O horario da escola de xadrez comunicóuselle a cada alumna/o de maneira individual.