Inicio
Galego
Principal
 

Bienvenida

 Saludo
 Situación
 Como llegar?
Dep. Cultura
 Cultura
 Deporte
 Educación
Historia
 Villa histórica
 Casco histórico
 Escudo
Monumentos
 Petroglifos
 Iglesias
 Capillas
 Convento
 Molino Mareas
 Patrimonio
Naturaleza
 Riqueza natural
 Playas
 Monte Louro
 Isla Creba
Agenda
 Empresas
Contacto
Muros en Negro

 

TEATRO | MUROS

SÁBADO 25 DE NOVEMBRO
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

“HELENA. XUÍZO A UNHA LURPIA”
TEATRO DO ATLÁNTICO

CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS
SÁBADO 25, DE NOVEMBRO ÁS 21:30 H.

Incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Non recomendado para menores.

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros está a levar a cabo actividades para a dinamización das instalacións do Mercado Municipal, polo que o vindeiro venres 1 de decembro realizaremos unha Feira de produtos de proximidade que ten coma finalidade difundir os produtos dos/as produtores locais.

Para isto, solicitamos a implicación da veciñanza, polo que, as persoas, entidades, asociacións, comercios... que estean interesadas en participar na exposición ou venda dos seus produtos pode poñerse en contacto nós.

O prazo para anotarse remata o luns 27 de novembro ás 14:00h

Máis información:
Oficina de Consumo ou Axencia local de sostibilidade
Tel.: 981 826 050

 

 

ANUNCIO

"PROXECTO DE REHABILITACIÓN DO PASEO MARÍTIMO DE ESTEIRO, T.M. DE MUROS (A CORUÑA)"

SECRETARÍA DE ESTADO Y MEDIO AMBIENTE.
DIRECCIÓN GENERAL DE SOSTENIBILIDAD DE LA COSTA Y EL MAR.

| Ver proxecto

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria para contratar servizos para impartir  as ACTIVIDADES NOS CENTROS EDUCATIVOS DO MUNICIPIO FÓRA DE HORARIO ESCOLAR  mediante contrato menor:

As actividades impartiranse dende xaneiro a maio de 2018, incluídos, nas Escolas de educación infantil de Tal e Muros e no Centros de ensino infantil e primario de Esteiro, Louro e Ramón de Artaza, Serres, en horario de 15:30 a 18:30 h de luns a venres e cun prezo máximo de 1600,00 €/mes (IVE incluido).

As empresas interesadas en participar no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida á Alcaldesa do Concello de Muros, xunto coa proposta económica e documentación que acredite a súa capacidade para impartir cada actividade e unha declaración responsable indicando que non está incursa en causas ou prohibicións para contratar e estar ao corrente coas obrigas tributarias e seguridade social, o que deberá acreditar previa adxudicación.  

As instancias presentaranse no Rexistro de entrada do concello ata o día 11 de decembro, ás 14:00 h.

| + información no anuncio

 

 

 

TEATRO | MUROS

“RUBICUNDO”
TEATRO DOS GHAZAFELHOS

CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS
SÁBADO 18, DE NOVEMBRO ÁS 18:00 H.

Espectáculo dirixido a público familiar  
Adaptación do conto de María Canosa “Rubicundo”
Elenco: Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas.
Entradas, 2,50 €, xa a venda nas oficinas do centro cultural de Muros.
Incluído na RGTA

 

 

CINE | MUROS

“ENCALLADOS”

Centro cultural de Muros
sábado 11 de novembro, 21:30 h.

Guión e Dirección: Alfonso Zarauza
Reparto: Xulio Abonjo, Ricardo de Barreiro, Federico Pérez, Farruco Castromán, Luis Tosar
Xénero: Comedia

Entradas de balde, aforo 160 butacas.

Colabora: Excma. Deputación provincial da Coruña. Programa VISIÓNS

 

 

ANUNCIO

INFORMACIÓN PÚBLICA RESPECTO DE LAS INSTALACIONES DE TEMPORADA Y SERVICIOS DE ESCUELAS DE SURF, BODYBOARD, LONGBOARD Y PADDLE SURF, EN LAS PLAYAS DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA. APERTURA DEL PLAZO PARA LA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

De conformidad con lo dispuesto por el artículo 113 del Reglamento General de Costas, aprobado por Real Decreto 876/2014, de 10 de octubre, la Demarcación de Costas de Galicia hace públicas, mediante este anuncio, las condiciones de tramitación de las autorizaciones para los servicios de temporada de playa (instalaciones expendedoras de bebidas, hidropedales, hamacas, terrazas, etc., y escuelas de surf, bodyboard, longboard y paddle surf) en la zona de dominio público marítimo-terrestre (DPMT) de la provincia de A Coruña.

El plazo de presentación de las solicitudes se iniciará el día siguiente al de la fecha de la publicación del anuncio en el BOP y finalizará el 22 de diciembre de 2017.

| + información (BOP Nº 207 - Martes, 31 de outubro de 2017)

 

 

VI LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS | 2017

“Únite e limpa a túa praia!”

Sábado | 11 novembro | Area Maior

ADEGA e o Campus do Mar, a través do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, organizan unha Limpeza Simultánea de praias para a fin de semana do 11 de novembro. Con esta convocatoria ADEGA dá continuidade ás limpezas realizadas dende o ano 2012, ás que se suma a colaboración do Campus do Mar, entidade de referencia no estudo e divulgación dos ecosistemas mariños e litorais.

Area Maior (Muros)
Concello de Muros. Sábado 11. Punto de encontro na escola de surf. 11:30h. Contacto: CENTRO VITALIA (652134359; nuk.lopez@gmail.com)

| Cartel | + información

 

 

DÍA DO PEÓN | 2017

“Polo San Martiño, peóns ao camiño”

Venres | 10 novembro | Pozo do Cachón

PROGRAMA
11:30 h | Recepción
11:45 h | Visita exposición e "tuneado" de trompos
12:00 h | Lectura do manifesto, cantiga do trompo e .... trompos a bailar

| Cartel

 

 

TEATRO | MUROS

“UN TONTO EN UNA CAJA”
 COMPAÑÍA BONJOURMONAMOUR, de Murcia

CENTRO CULTURAL DE MUROS
VENRES 3 DE NOVEMBRO, 21:30 H.

Autor: Martín Giner.
Director: Carlos Santos
Intérpretes: Pedro Segura, Macarena de Rueda e Viceng Miralles

Entradas, 3,50 €. Reserva e venda anticipada nas oficinas do centro cultural de Muros

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria para contratación temporal de  dun/ha monitor/a de bordado e un/ha monitor/a de encaixe para os obradoiros culturais do Concello de Muros

O sistema de selección dos aspirantes será de concurso- oposición.

Os/as interesados/as en participar no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida á Alcaldesa do Concello de Muros, xunto coa documentación que establecen as bases.

O prazo para a presentación de instancias remata o día 30 de outubro ás 14:00 h.

| Anuncio | Bases | Modelo solicitude

| Acta 1 | Acta 2

 

 

Anuncio

Comunícolle que a Xunta de Local deste Concello, na sesión do 13 de outubro de 2017, adoptou entre outros o seguinte ACORDO:

“3.- Analise e Resolución , se procede, de convocatoria de axudas dirixidasá entidades para a realización de actividades culturaisas no ano 2017.

Revisada a Proposta técnica ao respecto , constando aceptación da
comisión avaliadora, a Xunta de Goberno Local acorda conceder as axudas para actividades culturais a continuación mencionadas:

[ver beneficiarios/as]

 

 

APERTURA DA BOLSA DE EMPREGO DE CORREOS

O concello de Muros informa de que Correos fai pública a convocatoria para formar parte das novas Bolsas de Emprego de 2017 destinadas para a cobertura de necesidades de carácter temporal en postos operativos.

Estas Bolsas perseguen o obxectivo de posibilitar a contratación de persoal laboral para atender, por distintas necesidades, a cobertura temporal dos postos de: Atención ao Cliente, Axente Clasificación, Repartición1/servizos rurais motorizados e Repartición 2/servizos rurais non motorizados. As persoas candidatas poderán inscribirse nun máximo de 2 bolsas.

As Bolsas configuradas utilizaranse tanto para a contratación de necesidades a tempo completo como para tempo parcial. En todo caso, o candidato poderá indicar na súa solicitude, como máximo, dúas modalidades de xornada das catro posibles:

  • Tempo completo
  • Tempo parcial con distribución diaria de luns a venres Mínimo de 4 horas/diarias continuadas, excepto no ámbito rural
  • Tempo parcial por días, determinados días á semana Mínimo de 2 días semanais e con polo menos 4 horas/diarias continuadas, excepto no ámbito rural
  • Venres, Sábados, Domingos e/ou Festivos Mínimo de 7 horas/diarias continuadas, excepto en Loxística e no ámbito rural

As solicitudes presentaranse, exclusivamente de forma online, na páxina habilitada para o efecto na internet www.correos.es (Inicio/ Información Corporativa/ Recursos Humanos/ Emprego/ Bolsas de Emprego 2017) e en Conecta, a intranet de Correos. Para gravar/cumprimentar a solicitude seguiranse as instrucións que figuran na mesma. Non se admitirán solicitudes presentadas de distinta forma.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de novembro.

 

 

TEATRO | MUROS

ASOC. CULTURAL E TEATRAL TROTACONVENTOS
“O XURAMENTO DE DRAKE AO PÉ DA TORRE DE HÉRCUES”

CENTRO CULTURAL DE MUROS
SÁBADO 28 DE OUTUBRO, 20:00 H.

Escrita e dirixida por Carlos Freire
Intérpretes: Ana Gronzo, Pilar Pedreira, Gloria Rodríguez, Brahin El Ghottiss, Sandra María Pereira, Ernesto
Regueira Veiras, Carlos Freire, Carlos Fabal, Moncho Álvarez, Conchi García.

 

 

Anuncio

Comunícolle que a Xunta de Local deste Concello, na sesión do 13 de outubro de 2017, adoptou entre outros o seguinte ACORDO:

“3.- Resolución de convocatoria de axudas dirixidas á entidades para a realización de actividades deportivas no ano 2017.Exp 304/2017.

Revisada a Proposta técnica ao respecto, constando aceptación da mesma pola comisión avaliadora, a Xunta de Goberno Local acorda conceder as axudas para actividades deportivas a continuación mencionadas: [ver beneficiarios/as]

 

 

TEATRO | MUROS

 “NACIDAS LIBRES”, DE CONTRAPRODUCIÓNS
CENTRO CULTURAL DE MUROS
SÁBADO, DÍA 21 DE OUTUBRO, 21:30 H.

Autor: Cándido Pazó
Elenco: Mónica Caamaño, Rocío González, Susana Dans y Casilda Alfaro

Entradas 3,50 €, xa a venda nas oficinas do centro cultural.
Espectáculo incluído na Rede Galega de teatros e auditorios.

 

 

CINE | MUROS

“A PRAIA DOS AFOGADOS”
Centro cultural de Muros
sábado 14 de outubro, 21:30 h.

Entrada de balde. Aforo limitado
Programa VISIÓNS da Excma. Deputación provincial da Coruña.

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria para contratación temporal de  dun profesor de guitarra, un profesor de música tradicional, un profesor de violín, un profesor de canto, un profesor de música moderna e un profesor de batería para a escola  de Musica do Concello de Muros.

O sistema de selección dos aspirantes será de concurso- oposición.

Os interesados/as en participar no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida á Alcaldesa do Concello de Muros, xunto coa documentación que establecen as bases.

O prazo para a presentación de instancias remata o día 5 de outubro de 2017.

| Anuncio | Bases | Modelo solicitude

| ACTA 1 | ACTA 2

 

 

APERTURA DE LISTAXES DE SEAGA PARA NOVAS INCORPORACIÓNS E/OU ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS

SEAGA (Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.) anuncia a apertura do prazo para a actualización de méritos e/ou a incorporación de novo candidatos nas seguintes categorías:

  • Enxeñeiro/a de Montes.
  • Enxeñeiro/a Agrónomo/a.
  • Enxeñeiro/a Técnico Forestal.
  • Enxeñeiro/a Técnico Agrícola.
  • Enxeñeiro/a de Camiños, Canles e Portos.
  • Enxeñeiro/a Técnico de Obras Públicas.
  • Arquitecto/a.
  • Arquitecto/a Técnico.
  • Capataz.
  • Xefe/a de Brigada.
  • Maquinista-Condutor/a.
  • Peón/oa Especialista.
  • Peón/oa.
  • Oficial Administrativo.
  • Auxiliar Administrativo.
  • Licenciado/a en Dereito

Prazo de inscrición: Ata o 31 de outubro de 2017

Máis información: http://www.epseaga.com/?q=gl/node/9
Ou contactar coa orientadora laboral
Curro da Praza nº 1 (Muros)
Teléfono: 981 826 050, ext 101
Atención ó público: Luns e martes  

 

 

ANUNCIO DE LICITACIÓN

“MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO ALUMEADO PÚBLICO 2ª FASE"

O Concello de Muros convoca licitación pública para adxudicar o contrato da contratación da actuación “Mellora da eficiencia enerxética no alumeado público 2ª fase”.

| + información

 

 

ANUNCIO

LISTA DE PERSOAS ADMITIDAS POR ORDE DE INSCRICIÓN NO CURSO DE LINGUA DE SIGNOS NIVEL A1.

| LISTA DE PERSOAS ADMITIDAS

 

 

NOTA INFORMATIVA

O Concello de Muros informa de que no DOG nº 184 do mércores 27 de setembro de 2017 saíu publicada a Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas, maiores de idade, consumidores individuais, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os bens subvencionables descritos no artigo 3 das bases reguladoras se adquiran nunha entidade colaboradora adherida ao programa Reforma17 e se destinen ao dito inmoble.

| + información

 

 

TEATRO | MUROS

VENRES, 6 DE OUTUBRO, 21:30 H.
GRUPO CHÉVERE
“Goldi libre!”
Recomendada para maiores de 12 anos.


SÁBADO, 7 DE OUTUBRO, 18:00 H.
EDUCATEATRO PRODUCIÓNS,
MUSICAL “O mundo máxico de Pinocho”,
Un completo espectáculo especialmente pensado para o público familiar a partir de 2 anos.

Incluídos na Rede Galega de Teatros e Auditorios
Entradas 3,50 €, Reserva e venda anticipada nas oficinas do centro cultural de Muros, de luns a venres, de 8:30 a 15:00 h.

 

 

OBRADOIRO DE EMPREGO DE GARANTÍA XUVENIL
“NARAIO XUVENIL”

A Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou o desenvolvemento dun Obradoiro de Emprego, promovido polos Concellos de Muros e Carnota, denominado Naraio Xuvenil.

Este programa mixto de emprego e formación terá unha duración de 6 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, que estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

O número de alumnos/as traballadores/as será de 15.
Poderán ser beneficiarias do proxecto as persoas mozas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (idades entre 18-30 anos), que teñan solicitado na Oficina de Emprego o código de Obradoiros de Emprego.

Especialidades:

- Atención socio- sanitaria a persoas no seu domicilio. Desenvolveranse accións no eido da atención sociosanitaria e a intervención psicosocial. É necesario unha titulación mínima de ESO ou equivalente.

- Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais. Actuacións de mellora en diversos edificios públicos e instalacións, así como en espazos abertos.

Para calquera información adicional sobre o tema podedes chamar aos concellos: 981 826 050 (Muros) e 981 857 217 (Carnota).

| BASES SELECCION OBRADOIRO

| CANDIDATOS DO OBRADOIRO

| LISTADO PROVISIONAL ALUMNOS

| LISTADO PROVISIONAL DOCENTES

| LISTADO DEFINITIVO ALUMNOS

| LISTADO DEFINITIVO DOCENTES

| LISTADO PROVISIONAL DOCENTE AXUDA DOMICILIO

| LISTADO DEFINITIVO DOCENTE AXUDA DOMICILIO

 


ANUNCIO

OBRADOIROS CULTURAIS. CONCELLO DE MUROS 2017/18

HORARIOS DE ARTE FLORAL, BAILES DE SALÓN, COSTURA, TEATRO E TRABALLOS MANUAIS.
BORDADO E ENCAIXE, pendente.

CONSULTAR A LISTA DE ADMITIDOS E CONTA no Centro Cultural de Muros. Teléfono 981762294

HORARIOS

 


ANUNCIO

ESCOLAS DEPORTIVAS
2017/18

PREINSCRICIÓN
DO 1 AO 15 DE SETEMBRO

A preinscrición farase nas oficinas da Casa da Cultura de Muros, na Casa da Sociedade de Esteiro ou por medio da páxina web do Concello de Muros, www.muros.gal, descargando o formulario de inscrición e enviandoo por correo-e a cultura.deportes@muros.gal, do 1 ao 15 de setembro.

CARTEL | BASES | FORMULARIO

 


O Concello de Muros anuncia a convocatoria para contratar servizos para impartir os Obradoiros culturais que seguidamente se relacionan, mediante contrato menor:

Obradoiro de arte floral, as clases impartiranse no centro de O Areal, Esteiro, os mércores de 16:00 a 18:00 h. En San Xosé, Muros os venres de 19:00 a 21:00 h.

Obradoiro de bailes de salón, as clases impartiranse no centro sociocultural de Louro os sábados de 19:00 a 20:00 h e no Pozo do Cachón os mércores, de 21:00 a 22:00 e os sábados de 17:30 a
18:30 horas.

Obradoiro de costura en Muros, as clases impartiranse no centro de San Xosé, Muros, os martes, de 17:30 a 21:30 horas.

Obradoiro de teatro en Muros, para grupo infantil e de adultos, as clases impartiranse no Auditorio do Centro Cultural de Muros, os mércores, de 18:30 a 22:00 horas.

Obradoiro de traballos manuais, as clases impartiranse no centro de San Xosé, Muros, os luns de 16:00 a 18:00 horas. No Areal, Esteiro, os luns de 18:30 a 20:30 horas. No centro sociocultural de
Louro, os mércores de 16:00 a 18:00 h. No centro de Agrovello, Tal, os mércores de 18:30 a 20:30 h. No Pozo do Cachón, Serres, os xoves de 16:30 a 18:30 h. En Trasdacosta, Esteiro, os xoves de
19:00 a 21:00 h.

As empresas interesadas en participar no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida á Alcaldesa do Concello de Muros, xunto coa proposta económica e documentación que acredite a súa capacidade para impartir cada actividade e unha declaración responsable indicando que non está incursa en causas ou prohibicións para contratar e estar ao corrente coas obrigas tributarias e seguridade social, o que deberá acreditar previa adxudicación.

As instancias presentaranse no Rexistro de entrada do concello ata o día 1 de setembro, ás 10:00 h.

ANUNCIO AMPLIADO | Modelo de declaración responsable | INSTANCIA XERAL

 

 

CURSOS
Cursos de lingua de signos española

- Convocatoria dos niveis A1 e B2
- Prazo de preinscrición do 7 ao 21 de setembro (ou ata completar prazas) no rexistro xeral do Concello de Muros​
- Prazas limitadas
- Horario por determinar

Formulario de solicitude LSE

 

 

CONCERTOS
Praza do Mercado, Muros

Mércores, 23 de agosto, 20:00 h.
BANDA DE MÚSICA DE BOIRO

Xoves, 24 de agosto, 20:00 h.
ORFEÓN RÍA DE MUROS

En caso de chuvia trasladaranse ao centro cultural e xuvenil de Muros

 

 

CINE | MUROS
Agosto 2017

Luns, 7 de agosto, 22:30 h,
“Costa da Morte”
Centro cultural de Muros
Entrada de balde

Martes, 8 de agosto, 22:30 h,
“Atrapa la bandera”
Artón – Esteiro
Entrada libre. ATP.

Mércores, 9 de agosto, 22:30 h,
“Ocho apellidos catalanes”
San Francisco – Louro
Entrada libre. NRM. 7 anos

Xoves, 10 de agosto, 22:30 h,
“Palmeras en la nieve”
Centro cultural de Muros
ENTRADA DE BALDE. NRM. 16 ANOS

Organiza: Concello de Muros
Colabora:
EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Programa VISIÓNS

 

 

CURSOS DE VELA | VERÁN 2017

O prazo de inscrición nos cursos comeza o 28 de xullo e ata que se esgoten as prazas.

Para inscribirse nos cursos de vela deberá poñerse en contacto coas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros:
- Por teléfono, no 981 762 294 ou no 981 762 313, ou de xeito presencial, no horario de apertura das oficinas.

Cada grupo dentro de cada quenda contará cun número máximo de 10 alumnos/as.

A cota por quenda establécense do seguinte xeito:
- 25,00 €

As quendas establécense do seguinte xeito:
Muros (antiga fábrica de Sel):

- Do 8 ao 11 de agosto
- Do 15 ao 18 de agosto
- Do 22 ao 25 de agosto
- Do 29 ao 1 de setembro

En cada quenda estabeceranse 2 grupos co seguinte horario:

Grupo 1: de 10:00 a 12:30 h (máximo 10 prazas)
Grupo 2: de 12:30 a 15:00 h (máximo 10 prazas)
As quendas establécense de martes a venres.

CARTEL | NORMATIVA | FORMULARIO SOLICITUDE

 

 

ANUNCIO

ELABORACIÓN DUNHA LISTA PARA A CONTRATACIÓN DE SOCORRISTAS DE PRAIAS DURANTE O VERÁN DE 2017

Acta 1 · relación de persoas admitidas e excluídas

Acta 2

 

 

ANUNCIO

Convocado o VII Concurso de ambientación e decoración mariñeira tradicional Muros Mira ao Mar.

Podes consultar as bases no seguinte enlace http://muros.gal/MMM2017/concurso-ambientacion-mmm17.pdf

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria da elaboración dunha lista para a contratación temporal a xornada parcial de:

Monitores/as de tempo libre

O sistema de selección das persoas aspirantes será de concurso-oposición.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia dirixida á Alcaldía do Concello de Muros xunto coa documentación que establecen as bases.

O prazo para a presentación de instancias remata o día 27 de
xuño de 2017 ás 13.00 h.

Anuncio | Bases | Proposta | Acta 1 |

Acta 2 · (exame)

 

 

ANUNCIO

O día 4 de abril de 2017 a Xunta de Goberno Local deste Concello aprobou as bases para a provisión en réxime de persoal laboral temporal dun/ha Guía Turístico/a e a Elaboración dunha lista de informadores/as Turísticos

Logo de ver que as persoas que superaron o proceso de informadores turísticos é insuficiente para cubrir os postos necesarios debido á renuncia dun/ha candidato/a, e que se precisa un informador turístico máis dos que superaron o dito proceso,

A XUNTA DE GOBERNO LOCAL ACORDA:

Modificar o punto 4 das bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local do 4 de abril de 2017 para a provisión en réxime de persoal laboral temporal dun/ha Guía Turístico/a e a Elaboración dunha lista de informadores/as Turísticos e abrir un novo prazo de presentación de solicitudes ata o día 19 de xuño de 2017.

Os candidatos que xa presentaron a solicitude no proceso anterior, só presentaran a solicitude para participar neste novo proceso, podendo, se o consideran oportuno, achegar máis documentación.

Anuncio | Bases | Modelo solicitude

Acta 1 | Acta 2 · Plantilla Exame | Acta 3

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros informa que o vindeiro luns 12 de xuño, esta previsto presentar a oferta no Servizo Público de Emprego de Galicia para a elaboración dunha lista para a contratación de socorristas acuáticos para as praias, verán 2017.

Os interesados deberán estar inscritos na oficina de emprego de Cee como socorristas acuáticos, e estar en posesión do certificado de profesionalidade de socorrista en espazos acuáticos naturais, ou estar inscrito no rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia

Máis información no Concello de Muros ou no teléfono 981826050

Anuncio | Bases

Acta 1 | Acta 2 | Acta 3 | Acta 4

 

 

ANUNCIO

O Concello de Muros anuncia a convocatoria do proceso de selección para a contratación para BRIGADA DE INCENDIOS de dous capataces, dous peóns condutores e seis peóns.

Para participar neste proceso selectivo, deberase presentar a solicitude xunto coa documentación requirida nas bases no rexistro do Concello.

O prazo para presentación de solicitudes rematará o día 25 de abril de 2017.

Anuncio - Bases - Modelo solicitude

Peóns/conductores

Acta 1 | Acta 2 | Acta 3 | Acta 4 |

Acta 5 | Acta 6 | Acta 7

Capataces

Acta 1 - capataces | Acta 2 | Acta 3 |

Acta 4 | Acta 5 | Acta 6

 


Queixa Ministerio Xustiza (Rexistro de Muros)

[Modelo - escrito de queixa]

 

3 carreira

Ver web
Ampliar información

Facebook. Muros Mira ao Mar Youtube. Muros Mira ao Mar Twitter. Muros Mira ao Mar Wordpress. Muros Mira ao Mar

 
Concello de Muros - Curro da Plaza s/n - Muros - A Coruña - Tel. 981 826 050