A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local, ten prevista a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático:
AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)
AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica)
A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella en A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais (inicio previsto para mediados de febreiro) e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas. A inscrición realizarase nunha única solicitude para participar nas dúas accións formativas, obtendo así a dobre titulación.
1. Requisitos das persoas candidatas:
▪ Estar inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda e coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición.
▪ Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.
▪ Estar empadroado/a en algún dos concellos da provincia da Coruña, preferentemente con poboación inferior a 50.000 habitantes
2. Requisitos específicos:
- Nivel académico ou de coñecementos xerais: Estar en posesión dos títulos ou certificados precisos para cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2.
- Condicións físicas: Carencia de afeccións crónicas e enfermidades infecto-contaxiosas. Integridade física, resistencia, forza, destreza, coordinación visomotriz, axilidade, etc.
As persoas candidatas, no caso de superar as solicitudes o número de prazas de cada edición, terán que superar probas de natación: nadar 200 metros estilo libre nun tempo máximo de 4´15” (catro minutos 15 segundos) e realizar, sen impulso, 20 metros en apnea.
Inscricións e prazo de solicitude:
As persoas interesadas en participar nestas acción formativas deberán cubrir un formulario de solicitude e ademais presentar un certificado ou informe de saúde recente, emitido, asinado e selado por facultativo con data non anterior ao 11 de xaneiro de 2021, sobre o cumprimento das capacidades físico-psíquicas para o desenvolvemento da actividade profesional de salvamento e socorrismo acuático.
- Para máis información e formalizar as inscricións deberán contactar coa orientadora laboral do Concello de Muros (atención ao público en Muros os luns e martes)
O prazo de inscrición remata o día 2 de febreiro as 14:00 horas.