EMPREGO | Formación en “Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais”

Dentro do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña está previsto impartir a formación “LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS”.

A formación teórico-práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria:

  • Zona Norte: Cerceda
  • Zona sur: Muros

Este itinerario irá acompañado obrigatoriamente de formación transversal en materia de igualdade de oportunidades, formación en idiomas e fomento da utilización das novas tecnoloxías da información e  comunicación. Tamén se inclúen 80 horas de prácticas en empresas e 60 horas de formación en Prevención de Riscos Laborais. A data de inicio, prevista para mediados do mes de marzo, será comunicada ao longo do proceso de selección.

REQUISITOS DO ALUMNADO:

  • Ter entre 16 e 30 anos de idade.
  • Estar inscritos/as nalgunha das Oficina de Emprego  da provincia da Coruña.
  • Estar empadroado/a en algún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.
  • Estar rexistrado/a no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Ficha de Solicitude completamente cumprimentada e asinada.
  • Ficha de historial cumprimentado e asinado da persoa candidata e CV formativo e profesional.
  • DNI por ámbalas dúas caras.
  • Tarxeta ou documento que acredite o número de Afiliación á Seguridade Social.
  • Certificado/volante actualizado de empadroamento.
  • Tarxeta de demanda de emprego debidamente actualizada (non se considerarán as tarxetas de demanda de mellora de emprego).
  • Documento que acredite a inscrición no rexistro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (Acceso a zona persoal na plataforma de Garantía Xuvenil e descarga no apartado de “notificacións” do documento, en formato “pdf”, que acredita que a persoa solicitante está rexistrada e é beneficiaria do sistema).

LUGAR E PRAZO DE INSCRICIÓN: Para máis información e formalizar as inscricións deberán contactar coa orientadora laboral do Concello de Muros (atención presencial no concello de Muros os luns e martes). O prazo de inscrición remata o martes 2 de marzo ás 14.00 h.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close