Anuncio definitivo do proceso selectivo para a contratación laboral temporal a xornada completa dun técnico para atención do centro de interpretación do patrimonio marítimo na conserveira de Sel, anualidade 2022, e para a elaboración dunha bolsa de traballo.
Anuncio do resultado do 2º exercicio e fase de concurso de méritos do proceso selectivo para a contratación laboral temporal a xornada completa dun técnico para atención do centro de interpretación do patrimonio marítimo na conserveira de Sel, anualidade 2022, e para a elaboración dunha bolsa de traballo.
Anuncio do resultado do 1º exercicio e convocatoria do 2º exercicio do proceso selectivo para a contratación laboral temporal a xornada completa dun técnico para atención do centro de interpretación do patrimonio marítimo na conserveira de Sel, anualidade 2022, e para a elaboración dunha bolsa de traballo.
Anuncio lista definitiva de persoas admitidas do proceso selectivo para a contratación laboral temporal a xornada completa dun/dunha técnica para atención do centro de interpretación do patrimonio marítimo na conserveira de Sel.
Anuncio lista provisional de persoas admitidas, tribunal e data do 1º exercicio do proceso selectivo para a contratación laboral temporal a xornada completa dun/dunha técnica para atención do centro de interpretación do patrimonio marítimo na conserveira de Sel.
Por Resolución da Alcaldía núm. 544/2022 de 9 de maio, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal a xornada completa dun técnico para atención do Centro de Interpretación do Patrimonio Marítimo da Conserveira de Sel, anualidade 2022, e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa FO216/2022,
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DUN TÉCNICO PARA ATENCIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO MARÍTIMO NA CONSERVEIRA DE SEL, ANUALIDADE 2022, E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA FO216/2022
Obxecto da convocatoria
Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación laboral temporal a xornada completa de un técnico para atención do Centro de Interpretación do Patrimonio Marítimo da Conserveira de Sel, anualidade 2022, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, (BOE núm. 313, de 30 de decembro de 2021). A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.
Igualmente constituirá o obxecto desta convocatoria a creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de duración determinada mediante calquera dos contratos legalmente establecidos no Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, (BOE núm. 313, de 30 de decembro de 2021), para substitución por incapacidade temporal, renuncias, vacacións do persoal, ou se é o caso, novas contratacións por causas sobrevidas dos postos de traballo indicados no punto 1.1 desta base, así como novas contratacións que polos requisitos previstos no punto 4 destas bases se poidan realizar para os mesmos postos de traballo.
Esta convocatoria está vinculada á concesión definitiva da subvención solicitada á Deputación da Coruña para a contratación de persoal por parte dos concellos para a limpeza de praias marítimas, solicitada dentro da convocatoria de subvencións da Deputación aprobadas na Xunta de Goberno do 10 de febreiro de 2020 e publicadas no BOP núm. 29 de 12 de febreiro de 2020.
No caso de que o Concello de Muros non resulte beneficiario desta subvención, este proceso suspenderase de inmediato e quedará sen ningún efecto.
Características do posto
Área de subscrición: Turismo
Denominación dos postos e prazas: Técnico para a atención do Centro de Interpretación do Patrimonio Marítimo da Conserveira de Sel
Grupo: II
Soldo bruto por todos os conceptos: 1.822,07 €
Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo Duración do contrato: 3 meses
Titulación: Certificado de estudos segundo o previsto no punto 4 e) das bases Outros coñecementos: CELGA 4 ou equivalente
Funcións: As funcións a desenvolver serán as encomendadas aos museos e centros na Lei 5/2016 de Patrimonio Cultural de Galicia. Entre outras, a atención dos visitantes, a organización e catalogación da colección, a selección de pezas para exposición, a elaboración do discurso expositivo, a xestión dos préstamos ou depósitos en condicións de conservación e seguridade e a dinamización e relación do centro de interpretación do patrimonio marítimo da conserveira de Sel co seu contexto territorial e social, asi como outras encomendadas pola Alcaldía relacionadas co posto de traballo
Sistema de selección
O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.