EMPREGO | Anuncio definitivo do proceso selectivo para a contratación de persoal para a oficina de turismo (informadores/as turísticos/as e guía turístico/a)

Anuncio definitivo do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de turismo do Concello de Muros 2022, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa DP0029/2022 e para a elaboración de bolsa de traballo.


Anuncio do resultado provisional 1º exercicio, e convocatoria do 2º exercicio do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de turismo do Concello de Muros 2022, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa DP0029/2022 e para a elaboración de bolsa de traballo.


Anuncio da lista provisional de persoas admitidas e excluídas, tribunal e data do 1º exercicio do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de turismo do Concello de Muros 2022, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa DP0029/2022 e para a elaboración de bolsa de traballo.


Por Resolución da Alcaldía núm. 581/2022 de 13 de maio, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de turismo do Concello de Muros, 2022 financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa DP0029/2022 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo, e que se transcriben a continuación:

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA A OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE MUROS 2022, FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA DP0029/2022 E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO.

Obxecto da convocatoria

Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de Turismo do Concello de Muros (informadores/as turísticos/as e guía turístico/a), anualidade 2022, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, (BOE núm. 313, de 30 de decembro de 2021). A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.

Igualmente constituirá o obxecto desta convocatoria a creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de duración determinada mediante calquera dos contratos legalmente establecidos no Real decreto lei 32/2021 para substitución por incapacidade temporal, renuncias, vacacións do persoal, ou se é o caso, novas contratacións por causas sobrevidas dos postos de traballo indicados no punto 1.1 desta base, así como novas contratacións que polos requisitos previstos no punto 4 destas bases se poidan realizar para os mesmos postos de traballo.

Características do posto

Área de subscrición: Turismo
Denominación dos postos e prazas: 1 Guía turístico/a e 2 Informador/a Turístico/a Grupo: III
Soldo Gúia Turístico; 1.428,48 € mes por todos os conceptos
Soldo Informador/a turísticoa/: 1.350,00 € mes por todos os conceptos Modalidade contractual: Contrato por cirunstancias da producióno Postos e duración: 3 meses
Titulación: Certificado de estudos segundo o previsto na letra nos puntos 4 g) e 4 h) das bases Outros coñecementos: CELGA 4 ou equivalente
Funcións: O cometido funcional do posto versará sobre as tarefas propias da praza, consistentes na realización de visitas guiadas polo casco histórico de Muros, así como de información e atención ás persoas usuarias das oficinas de turismo de Muros. Tamén deberá realizar aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais competentes ou polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do Concello relacionadas co posto de traballo.

Sistema de selección

O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.