Anuncio definitivo do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a brigada de incendios, anualidade 2022.
Anuncio do resultado provisional do 3º e 4º exercicio, resultado provisional da fase de concurso de méritos do proceso selectivo e proposta creación bolsa de emprego do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a brigada de incendios, anualidade 2022.
Anuncio do resultado provisional do 1º e 2º exercicio e convocatoria do 3º e 4º exercicio do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a brigada de incendios, anualidade 2022.
Anuncio da lista provisional de persoas admitidas e excluídas, tribunal e data de exame do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a brigada de incendios, anualidade 2022.
Por Resolución da Alcaldía núm. 633/2022 de 26 de maio, aprobáronse as bases e a convocatoria de proceso selectivo de elaboración dunha bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a brigada de incendios 2022, financiada pola Consellería de Medio Rural
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA A BRIGADA DE INCENDIOS, ANUALIDADE 2022
1 Obxecto da convocatoria
Ten por obxecto esta convocatoria a aprobación das bases para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal a xornada completa para a brigada de incendios 2022, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real Decreto Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, (BOE núm. 313, de 30 de decembro de 2021). A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. A duración do contrato esta prevista que sexa de tres meses, e as datas de inicio e de finalización dos contratos serán establecidos na resolución da contratación.
Cada brigada estará composta por 1 capataz, 1 condutor e 3 peóns. Para proceder á contratación do persoal debe de existir persoal suficiente para a creación de cada brigada. De forma excepcional e por causas xustificadas, esta composición poderá modificarse.
Así mesmo, esta convocatoria está vinculada á sinatura do convenio interadministrativo entre o Concello de Muros e a Consellería de Medio Rural para accións de prevención e defensa contra incendios forestais 2022, quedado este proceso suspendido de inmediato no caso de non asinar o citado convenio, ou se modifique o importe previsto na solicitude de participación no mesmo.
2 Características dos postos
Área de subscrición: Seguridade
▪ Denominación dos posto: Capataz forestal
Prazas: 2
Duración: 3 meses
Grupo: III
Soldo: 1.606,50 € por todos os conceptos
▪ Denominación dos posto: Peón condutor
Prazas: 2
Duración: 3 meses
Grupo: V
Soldo: 1.306,67 € por todos os conceptos
▪ Denominación dos posto: Peón
Prazas: 6
Duración: 3 meses
Grupo: V
Soldo: 1.271,67 € por todos os conceptos
Modalidade contractual: Calquera das previstas no RD 32/2021 Titulación: Certificación de estudos segundo o previsto no punto 4 g).
Outros coñecementos: CELGA 4 para a praza de capataz e CELGA 1 para a de peón.
Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos postos de traballo nas brigadas de prevención e defensa contra os incendios forestais obxecto do convenio asinado coa Consellería de Medio Rural, consistentes na realización, por parte de todos os membros da brigada, de tarefas de limpeza de masa forestal e extinción de incendios forestais. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo. O horario de traballo será de 8/ horas ao día en quendas rotativas de mañá, tarde e noite.
3 Sistema de selección
O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.