EMPREGO |  Resultado provisional do 2º e 3º exercicio e da fase de concurso de méritos do proceso selectivo para o servizo de limpeza de praias 2022

Anuncio do resultado provisional do 2º e 3º exercicio e da fase de concurso de méritos do proceso selectivo para elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias 2022, que financiará a Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2022.


Anuncio do resultado do 1º exame, e convocatoria do 2º e 3º exercicio, do proceso selectivo para elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias 2022, que financiará a Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2022.


Anuncio das persoas admitidas, tribunal e data de realización do 1º exame do proceso selectivo para elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias 2022, que financiará a Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2022.


Por Resolución da Alcaldía núm. 534/2022 de 5 de maio, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo de elaboración dunha bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias, 2022, e que se financiará pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2022, e que se transcriben a continuación:

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS 2022, QUE FINANCIARÁ A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA MA100/2022

Obxecto da convocatoria

Ten por obxecto esta convocatoria a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias, anualidade 2022, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, (BOE núm. 313, de 30 de decembro de 2021). A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. A duración do contrato, nunca inferior a dous meses, e as datas de inicio e de finalización dos contratos serán establecidos na resolución da contratación.

Esta convocatoria está vinculada á concesión definitiva da subvención solicitada á Deputación da Coruña para a contratación de persoal por parte dos concellos para a limpeza de praias marítimas, Ma100/2022.

No caso de que o Concello de Muros non resulte beneficiario desta subvención, este proceso suspenderase de inmediato e quedará sen ningún efecto

Características do posto

Área de subscrición: Obras
Denominación do posto: Peón de limpeza de praias
Modalidade contractual: Calquera das previstas no RD 32/2021
Grupo: V
Xornada: A xornada laboral será como igual ou superior ao 75% da xornada ordinaria Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.
Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas de limpeza de praias e limpeza medioambiental. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

Sistema de selección

O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close