CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE PEÓNS ALBANEIS PARA A CUADRILLA DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
Por Resolución desta Alcaldía núm. 146/2021, do 4 de febreiro, aprobáronse as bases e a convocatoria do do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para a departamento de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2021, e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL/Concellos Reactiva 2021.
1. Obxecto da convocatoria.
1.1. Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de duración determinada de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2021, mediante a modalidade de contratación por obra ou servizo prevista no Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.
1.2. Igualmente constituirá o obxecto desta convocatoria a creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de duración determinada mediante calquera dos contratos legalmente establecidos no Estatuto dos Traballadores para substitución por incapacidade temporal, renuncias, vacacións do persoal, ou se é o caso, novas contratacións por causas sobrevidas dos postos de traballo indicados no punto 1.1 desta base.
Esta convocatoria está vinculada á concesión definitiva da subvención PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021 solicitada á Deputación da Coruña. No caso de que o Concello de Muros non resulte beneficiario desta subvención, este proceso suspenderase de inmediato e quedará sen ningún efecto.
2. Características do posto.
- Área de subscrición: Obras
- Denominación do posto: peón albanel
- Prazas: 7
- Duración: 8 meses e 10 días
- Grupo: V
- Soldo: 1.118,31 euros.
- Modalidade contractual: contrato de obra ou servizo a tempo completo.
- Titulación: polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.
Cometido funcional: no ámbito dos servizos mínimos previstos nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e o punto 2.3. das Bases reguladoras do PEL-Concellos Reactiva do ano 2021, as funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos peóns de albanelería, carpintería, fontanería e electricidade, sempre dentro das funcións dos servizos mínimos previstas na lei. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.
3. Sistema de selección.
O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.
- BASES PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021 (PDF-360,34 kb )
- ANEXO II. MODELO DE SOLICITUDE PEL (PDF-612,99 kb )
- BOP [10/02/2021]