EMPREGO | Convocatoria do proceso selectivo dunha praza de personal laboral fixo de peón especialista incluída na OPE do ano 2022

Bases reguladoras que rexerán a convocatoria do procedemento selectivo dunha praza de persoal laboral fixo de peón especialista incluída na OPE ordinaria do concello de Muros do ano 2022

ANUNCIO

Comunícase que por Resolución da Alcaldía número 342/2023 de 17 de abril, aprobáronse as bases que rexeran a convocatoria do procedemento selectivo de persoal laboral fixo correspondente á praza de peón especialista, incluída na oferta de emprego público ordinaria do ano 2022 do Concello de Muros publicado no BOP número 244 do 27 de decembro de 2022, e que se publican como anexo I.

ANEXO I

BASES E CONVOCATORIA QUE REXERÁN O PROCESO SELECTIVO MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE PEÓN ESPECIALISTA, PERSOAL LABORAL FIXO, GRUPO IV, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ORDINARIA DO CONCELLO DE MUROS PARA O ANO 2022

1. OBXECTO DAS BASES

É obxecto desta convocatoria a cobertura dunha praza de peón especialista (Grupo IV) baixo a modalidade de persoal laboral fixo, prevista na oferta de emprego público ordinaria do Concello de Muros para o ano 2022 publicada no BOP núm. 244 de 27 de decembro de 2022, ao abeiro do previsto no artigo 26.1 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, e artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.

2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA

2.1. Funcións:

O cometido funcional do posto versará sobre a realización das funcións propias da praza, consistentes na realización de tarefas básicas de albanelería, fontanería, electricidade e carpintaría dirixidas ao mantemento de edificios, instalacións, dotacións e equipamentos de titularidade municipal, baixo a dirección do encargado da brigada municipal de obras. Ademais, corresponderanlle os seguintes:

– Labores de albanelería, fontanería, carpintería, fontanería e electricidade.

– Construción de sumidoiros e pequenas obras de saneamento e labores de mantemento de foxas sépticas e rede de saneamento.

– Mantemento de camiños e vías públicas.

– Manexo de vehículos municipais para os que se encontre capacitado cando se lle requira.

– Traballos de poda.

Así mesmo, realizará aqueloutras tarefas que lle poidan asignar os órganos municipais competentes ou os seus superiores xerárquicos para a satisfacción das necesidades propias do servizo de obras e medio ambiente.

2.2. Retribucións:

As retribucións serán as correspondentes o grupo laboral IV, complemento de destino 15, complemento específico 2.771,44 euros, en catorce pagas, de acordo co cadro de persoal dos orzamentos do Concello de Muros, sen prexuízo das adaptacións retributivas que deriven das leis de orzamentos de estado.

2.3. A xornada laboral será de 37,5 horas semanais en cómputo anual, cos descanso establecidos legalmente.

3. SISTEMA DE SELECCIÓN

Establécese como sistema se selección o de concurso-oposición libre.

Bases reguladoras que rexerán a convocatoria do procedemento selectivo dunha praza de persoal laboral fixo de peón especialista incluída na OPE ordinaria do concello de Muros do ano 2022
PDF HTML – Versión web: galego/castellano )