EMPREGO | Convocatoria do proceso selectivo de elaboración dunha bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa da brigada de incendios, 2023

Por Resolución desta Alcaldía núm. 371/2023 de 24 de abril, aprobáronse as bases e a convocatoria para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para a brigada de incendios 2023 e que se transcriben a continuación:

BASES DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORANDA COMPLETA PARA A BRIGADA DE INCENDIOS, ANUALIDADE 2023

1 Obxecto da convocatoria

Ten por obxecto esta convocatoria a aprobación das bases para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal a xornada completa para a brigada de incendios 2023, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba el Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

A xornada será completa de luns a domingo cos descansos que establece a lexislación aplicable. segundo se estableza en función das necesidades.

Cada brigada estará composta por 1 capataz, 1 condutor e 3 peóns. Para proceder á contratación do persoal debe de existir persoal suficiente para a creación de cada brigada. De forma excepcional e por causas xustificadas, esta composición poderá modificarse.

2 Características dos postos

Área de subscrición: Seguridade

Duración: 3 meses

– Denominación dos posto: Capataz forestal, Grupo III

– Denominación dos posto: Peón condutor, Grupo V

– Denominación dos posto: Peón,Grupo: V

Titulación: Certificación de estudos segundo o previsto no punto 4 g).

Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos postos de traballo nas brigadas de prevención e defensa contra os incendios forestais obxecto do convenio asinado coa Consellería de Medio Rural, consistentes na realización, por parte de todos os membros da brigada, de tarefas de limpeza de masa forestal e extinción de incendios forestais. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

O horario de traballo será de 8/ horas ao día en quendas rotativas de mañá, tarde e noite. Nas retribucións que se fixen no contrato laboral, estarán incluídos todos os conceptos (incluída turnicidade, festividade e nocturnidade).

3 Sistema de selección

O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close