EMPREGO | Convocatoria de proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal de limpeza de praias 2023

Por Resolución desta Alcaldía núm. 372/2023 de 24 de abril, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias, 2023, e que se financiará pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2023, e que se transcriben a continuación:

BASES DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS 2023 QUE FINANCIARÁ A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA MA100/2023

1.- Obxecto

Ten por obxecto esta convocatoria a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal para o servizo de limpeza de praias, anualidade 2023, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba el Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

A xornada será completa ou parcial segundo se estableza en función das necesidades. A xornada máxima non excederá de 37,5 horas semanais, de luns a domingo cos descansos que establece a lexislación aplicable.

2.- Características do posto

Área de subscrición: Obras

Denominación do posto: Peón de limpeza de praias

Modalidade contractual: Calquera das previstas no RD 32/2021

Grupo: V

Xornada: A xornada laboral será igual ou superior ao 75% da xornada ordinaria

Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.

Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas de limpeza de praias e limpeza medioambiental. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

3.- Sistema de selección

O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.