Prazo: 10 días hábiles dende a publicación destas bases no BOP (08/04/2024)
ANUNCIO
Por Resolución desta Alcaldía núm. 341/2023 de 1 de abril, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal temporal de limpador/a de edificios públicos e vía pública do Concello de Muros e que se transcriben a continuación:
BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL DE LIMPADOR/A DE EDIFICIOS PÚBLICOS E VÍA PÚBLICA (GRUPO V) DO CONCELLO DE MUROS
1. – OBXECTO DAS BASES
É obxecto destas bases a realización dun proceso selectivo, mediante oposición libre, para a creación dunha bolsa de emprego de limpador/a de edificios públicos e vía pública para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas das especialidades profesionais correspondentes.
A bolsa de emprego, que se formará pola relación de persoas aspirantes que superaran este proceso selectivo, destinarase á contratación do persoal que a integre cando se produza algunha das seguintes circunstancias:
a) Cando se produza a situación de vacante temporal con reserva do posto de traballo do titular da praza.
b) Cando sexa necesaria a substitución transitoria do titular da praza con ocasión de baixas médicas, vacacións, licenzas ou circunstancias análogas.
c) A execución de programas ou proxectos de carácter temporal.
2.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA
As funcións a desenvolver son as propias dos postos, dentro da súa capacitación profesional e legal. Así mesmo, realizará aqueloutras tarefas que lle poidan asignar os órganos municipais competentes ou os seus superiores xerárquicos para a satisfacción das necesidades propias do servizo do Concello de Muros. As retribucións serán as correspondentes ao grupo laboral V, xunto cos demais complementos da praza, de acordo co cadro de persoal dos orzamentos de Concello de Muros, sen prexuízo das adaptacións retributivas que deriven las leis de orzamentos do Estado.
3.- SISTEMA DE SELECCIÓN
Establécese como sistema de selección o de oposición libre.
4.- REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES (ver bases)