Prazo: 10 días hábiles dende a publicación destas bases no BOP (01/04/2024)
ANUNCIO
Por Resolución desta Alcaldía núm.303/2024 de 21 de abril, aprobáronse as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación persoal laboral temporal a tempo completo para o servizo de limpeza de praias 2024 financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2024 e a elaboración dunha bolsa de emprego para contratacións durante o verán de 2024, e que se transcriben a continuación:
BASES DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS 2024 FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA MA100/2024 E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA CONTRATACIÓNS DURANTE O VERÁN DE 2024
1. OBXECTO
Ten por obxecto esta convocatoria a contratación de persoal laboral temporal a tempo completo para o servizo de limpeza de praias, anualidade 2024, e elaboración dunha bolsa de emprego para contratacións durante o verán de 2024 mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real Decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, (BOE núm. 313, de 30 de decembro de 2021).
A xornada laboral incluirá os fins de semana cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos, así como serán os establecidos na Resolución da contratación.
2. CARACTERÍSTICAS DO POSTO
Área de subscrición: Obras
Denominación do posto: Peón de limpeza de praias
Duración: 2 meses e 20 días
Prazas: 5
Grupo: V
Soldo: 1323,00 €/mes por todos os conceptos, incluídas a parte proporcional das pagas extras
Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.
Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas de limpeza de praias e limpeza medioambiental. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.
3. SISTEMA DE SELECCIÓN
O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.
4. REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES
(Ver bases: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/04/01/2024_0000002071.pdf)
(Anexo II – Solicitude de emprego)