EMPREGO | Bases e convocatoria do proceso selectivo para a contratación de peóns albaneis para obras e servizos mínimos municipais 2024, e a elaboración dunha bolsa de emprego

Prazo: 10 días hábiles dende a publicación destas bases no BOP (01/04/2024)

ANUNCIO

Por Resolución desta Alcaldía núm. 304/2023 de 21 de marzo, aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de cinco peóns albaneis para obras e servizos mínimos municipais, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL CONCELLOS 2024, e que se transcriben a continuación:

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE CINCO PEÓNS ALBANEIS PARA OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS, FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024

Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2023, mediante calquera das modalidades de contratación prevista no Real Decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, (BOE núm. 313, de 30 de decembro de 2021).

A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.

Área de subscrición: Obras
Denominación do posto: Peón albanel
Prazas: 5
Duración: 5 meses
Grupo: V
Soldo: 1.465,00 € brutos mes por todos os conceptos
Modalidade contractual: Calquera dos previstos no RD 32/2021
Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.

Cometido funcional: No ámbito dos servizos mínimos previstos nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e o punto 2.3. das Bases reguladoras do PEL CONCELLOS ANO 2024, as funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos peóns de albanelería, carpintería, fontanería e electricidade, sempre dentro das funcións dos servizos mínimos previstas na lei. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.

(Anexo II – Solicitude de emprego)