EMPREGO | Anuncio de aprobación das bases e a convocatoria para a elaboración dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda a domicilio

Anuncio de aprobación das bases e a convocatoria para a elaboración dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda a domicilio e que se transcriben a continuación.

ANUNCIO

Por Resolución desta Alcaldía núm. 1237/2023 de 21 de decembro, aprobáronse as bases e a convocatoria para a elaboración dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda a domicilio e que se transcriben a continuación:

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO, PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE MUROS

1. OBXECTO DAS BASES

É obxecto destas bases a realización dun proceso selectivo, mediante concurso oposición, para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliar de axuda a domicilio para o desenvolvemento das funcións e tarefas propias do Servizo de Axuda no Fogar, cando se produza algunha das seguintes circunstancias (artigo 10.1 do TREBEP):

a) Cando se produza a situación de vacante temporal con reserva do posto de traballo do titular da praza.

b) Cando sexa necesaria a substitución transitoria do titular da praza con ocasión de baixas médicas, vacacións, licenzas ou circunstancias análogas.

c) A execución de programas ou proxectos de carácter temporal.

2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA

As funcións a desenvolver son as propias do posto, dentro da súa capacitación profesional e legal. Así mesmo, realizará aqueloutras tarefas que lle poidan asignar os órganos municipais competentes ou os seus superiores xerárquicos para a satisfacción das necesidades propias do servizo do Concello de Muros. As retribucións serán as correspondentes ao grupo laboral V de acordo co cadro de persoal dos orzamentos de Concello de Muros, sen prexuízo das adaptacións retributivas que deriven las leis de orzamentos do Estado.

3. SISTEMA DE SELECCIÓN

Establécese como sistema se selección o de concurso-oposición libre que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.

+ INFO

MODELO SOLICITUDE OFERTA DE EMPREGO