EMPREGO | Anuncio das bases e convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal para brigada de incendios 2024 e a elaboración dunha bolsa de emprego

Prazo: 10 días hábiles dende a publicación destas bases no BOP (03/04/2024)

ANUNCIO

Por Resolución desta Alcaldía núm. 321/2024 de 26 de marzo, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a brigada de incendios, anualidade 2024, e a elaboración dunha bolsa de emprego, financiada pola Consellería de Medio Rural e que se transcriben a continuación:

BASES DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA A BRIGADA DE INCENDIOS, ANUALIDADE 2024, E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

Ten por obxecto esta convocatoria a aprobación das bases do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a brigada de incendios, anualidade 2024, e a elaboración dunha bolsa de emprego, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba el Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

A xornada será completa de luns a domingo cos descansos que establece a lexislación aplicable. segundo se estableza en función das necesidades.

Cada brigada estará composta por 1 capataz, 1 condutor/a e 3 peóns. Para proceder á contratación do persoal debe de existir persoal suficiente para a creación de cada brigada. De forma excepcional e por causas xustificadas, esta composición poderá modificarse.

2. CARACTERÍSTICAS DOS POSTOS

Área de subscrición: Seguridade
Duración: 3 meses
Denominación dos posto: Capataz forestal. Grupo III
Denominación dos posto: Peón condutor. Grupo V
Denominación dos posto: Peón. Grupo: V
Titulación: Certificación de estudos segundo o previsto no punto 4 g).

Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos postos de traballo nas brigadas de prevención e defensa contra os incendios forestais obxecto do convenio asinado coa Consellería de Medio Rural, consistentes na realización, por parte de todos os membros da brigada, de tarefas de limpeza de masa forestal e extinción de incendios forestais. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

O horario de traballo será de 8 horas ao día, en quendas rotativas de mañá, tarde e noite. Nas retribucións que se fixen no contrato laboral, estarán incluídos todos os conceptos (incluída turnicidade, festividade e nocturnidade).

3. SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.

4. REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES

(Ver bases: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/04/03/2024_0000002141.pdf)

(Anexo II – Solicitude de emprego)