EDUCACIÓN | Axudas destinadas ao programa de subvencións a asociacións de nais e pais de alumnado para a realización de actividades de apoio educativo durante o ano 2025.

O pasado mércores, 20 de agosto de 2025, publicouse no BOP nº 157 a convocatoria de subvencións municipais destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado para a realización de actividades de apoio educativo durante o ano 2025.

CONVOCATORIA

Achégase a convocatoria xunto cos formularios de solicitude. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 21 de setembro de 2025.

As bases xerais poden consultarse no BOP nº 74, de 21 de abril de 2025.