DEPORTES | Aprazamento da X Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros

X Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros.

Debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para este sábado 4 de novembro, o Concello de Muros vese na obriga de aprazar a X Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros para o sábado 18 de novembro.

As persoas inscritas poderán solicitar a devolución da súa cota de participación entrando na área privada da persoa participante na web de inscricións, antes das 23.59 h do martes 7 de novembro.

prazo de inscrición mantense aberto ata ás 23.59 h do mércores 15 de novembro.

Agradecemos a súa comprensión e gustaríanos seguir contando coa súa presenza na proba o día 18 de novembro!

O concelleiro de deportes

Damián Torea García


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close