Programa Coworking “EMPRENDEMENTO SOSTIBLE DE PROXECTOS CULTURAIS E ARTÍSTICOS NO RURAL”, Padrón.
Espazo coworking froito da colaboración entre EOI e a Fundación Paideia Galiza que conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, a EOI e a Fundación Paideia Galiza.
Formar a persoas, colectivos e emprendedores/as de proxectos culturais e artísticos no rural que queiran mellorar a xestión da acción cultural no rural, así como definir o plan de negocio, márketing e comunicación dos seus proxectos, facendo fincapé no coñecemento do tecido institucional-legal e financeiro.
Ofrecerá o coñecemento e análise de experiencias exitosas de emprendemento cultural rural, de man de profesionais recoñecidos na xestión cultural.
O obxectivo é formar a persoas interesadas en adquirir coñecementos específicos para poder emprender o seu proxecto profesional, así como en requisitos legais e fiscais para o seu desenvolvemento.
O coworking contará con espazos adecuados para a formación grupal e individual: aulas dotadas das infraestruturas necesarias e servizos para poder facilitar aos proxectos culturais e artísticos seleccionados o desenvolvemento dos seus plans de negocio.
DATA
Inicio o 30 setembro de 2022.
DURACIÓN
3 meses.
HORARIO
Talleres grupais. Venres de 16.00 a 20.00 e sábados de 10.00 a 14.00 h.
Ver horario detallado no programa.
LUGAR
Fundación Paideia Galiza. A Escravitude, s/n, 15980 Padrón.
MODALIDADE
Semipresencial. En Galicia.
PRAZAS
Ata 21 proxectos/ideas emprendedoras.
CUSTO
Gratuíto. Proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Industria, Escuela de Organización Industrial e Fundación Paideia Galiza. Colaboran os Grupos de Desenvolvemento Rural: DELOA, ASDECOMOR e Ribeira Sacra – Courel.
INFORMACIÓN
padron@paideia.es | 981 817 000.