INFORMACIÓN | Convenio de xestión de biomasa

O convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga, en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias, ao que o Concello de Muros está adherido, recolle unha serie de medidas preventivas de gran calado en materia de apoio técnico e financeiro para actuacións preventivas de competencia municipal.

No ano 2020 a parroquia priorizada é Louro, así pois nas parcelas incluídas nas faixas secundarias desta parroquia, os/as propietarios/as teñen a posibilidade de asinar un contrato moi vantaxoso de xestión da biomasa con Seaga, sendo o importe anual deste contrato de 35 € por cada 1000 m2 de superficie que se limpe.

É por isto que os/as propietarios/as das parcelas incluídas nas faixas secundarias da parroquia de Louro recibirán por correo unha comunicación na que se lles explica o procedemento e a proposta de contrato para que o asinen se o consideran oportuno.