Concurso de Comparsas do Entroido 2026 en Muros

A Concellería de Cultura do Concello de Muros publicou as bases reguladoras e a convocatoria do Concurso de Comparsas do Entroido 2026, unha das citas máis destacadas da programación do Entroido municipal.

O concurso celebrarase o domingo 15 de febreiro de 2026 e repartirá máis de 3.500 euros en premios, con categorías para disfraces individuais, grupos, comparsas, carrozas e murgas/coplas.

A concelleira de Cultura, Caridad González Cerviño, animou á veciñanza a sumarse ao certame e destacou que “o concurso de comparsas é un dos momentos máis esperados do Entroido, unha festa feita para participar, crear e compartir”. “Convidamos a toda a veciñanza, asociacións e grupos de amigos e amigas a participar e a encher as rúas de imaxinación e humor”.

Inscricións

O prazo de inscrición estará aberto ata o 11 de febreiro de 2026 ás 14:00 horas. Poderán participar entidades, grupos non constituídos legalmente e persoas a título individual.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Muros, a través da sede electrónica municipal ou polos medios previstos na normativa vixente.

  Bases reguladoras do Concurso de Comparsas do Entroido 2026

 Formularios de participación

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

ACORDO DE CONSTITUCIÓN DA AGRUPACIÓN DE PERSOAS FÍSICAS SEN PERSONALIDADE XURÍDICA

AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE COMPARSAS NAS CATEGORÍAS INDIVIDUAL,
GRUPOS E COMPARSAS PARA MENORES DE IDADE