Concurso de comparsas do Concello de Muros

Novo prazo de inscrición.

Debido ao aprazamento do Concurso de Comparsas do Concello de Muros para o domingo 22 de febreiro, ábrese un novo prazo de inscrición ata as 14:00 horas do mércores 18 de febreiro.

Poderán inscribirse persoas a título individual, grupos e comparsas.

As persoas e colectivos que xa estaban inscritos no concurso manteñen automaticamente a súa inscrición para a nova data.

As solicitudes poden presentarse no rexistro xeral do Concello, na sede electrónica municipal ou polos medios previstos na normativa vixente.

 Formularios de participación

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

ACORDO DE CONSTITUCIÓN DA AGRUPACIÓN DE PERSOAS FÍSICAS SEN PERSONALIDADE XURÍDICA

AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE COMPARSAS NAS CATEGORÍAS INDIVIDUAL, GRUPOS E COMPARSAS PARA MENORES DE IDADE