Cine na auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros: La Odisea e Minions & Monsters

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle cinco sesións de cinema os días 23, 24 e 25 de outubro.

A programación cinematográfica de Muros ofrece esta fin de semana dúas propostas para públicos diferentes: La Odisea, a aventura épica dirixida por Christopher Nolan, e Minions & Monsters, unha nova historia de animación protagonizada polos Minions.

La Odisea
Tras a Guerra de Troia, Odiseo emprende unha longa e perigosa viaxe para regresar á súa casa e reencontrarse coa súa familia. Durante a travesía deberá enfrontarse a criaturas mitolóxicas, deuses e numerosos obstáculos que poñerán a proba a súa valentía e o seu enxeño.

  • Dirección e guión: Christopher Nolan
  • Reparto: Matt Damon, Tom Holland, Anne Hathaway, Robert Pattinson, Lupita Nyong’o, Zendaya e Charlize Theron
  • Xénero: Aventuras
  • Duración: 172 minutos
  • Clasificación: Non recomendada para menores de 12 anos

Sesións:

  • Venres, 23 de outubro ás 20:30 h
  • Sábado, 24 de outubro ás 20:00 h
  • Domingo, 25 de outubro ás 19:00 h

Entradas: https://kinetike.com:83/views/sesionesFuturas.aspx?idPelicula=1172&cine=MUROS

Minions & Monsters
Os Minions chegan a Hollywood coa intención de converterse en estrelas do cinema. Pero a súa aventura dá un xiro inesperado cando liberan uns monstros que ameazan con sementar o caos polo mundo. Agora deberán atopar a maneira de arranxar o desastre nunha historia chea de humor e situacións disparatadas.

  • Dirección: Pierre Coffin
  • Guión: Brian Lynch
  • Xénero: Animación · Comedia · Aventuras
  • Duración: 89 minutos
  • Clasificación: Non recomendada para menores de 7 anos. Especialmente recomendada para a infancia.

Sesións:

  • Sábado, 24 de outubro ás 18:00 h
  • Domingo, 25 de outubro ás 17:00 h

Entradas: https://kinetike.com:83/views/sesionesFuturas.aspx?idPelicula=1173&cine=MUROS