CINE | Como entrenar a tu dragón

Hipo é un mozo diferente, fillo do xefe dos viquingos, que decide romper coas tradicións da súa tribo e facer o impensable: amizade cun dragón. Así coñece a Desdentao, un Furia Nocturna tan poderoso como incomprendido. Xuntos emprenderán unha viaxe que porá a proba a confianza, o valor e a forza da amizade fronte ao medo e á intolerancia.

👉 Unha película chea de aventuras, humor e emoción, ideal para gozar en familia e descubrir que ás veces os heroes aparecen onde menos se espera.

🚫 Non recomendada para menores de 7 anos.

“Como entrenar a tu dragón”

Sesións:

  • Venres, 1 de agosto ás 20:30 h
  • Sábado, 2 de agosto ás 20:30 h e ás 23:00 h
  • Domingo, 3 de agosto ás 20:30 h

📍 Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

🎟️ Entradas xa á venda: ENTRADAS