SUBVENCIÓNS | Subvencións dirixidas a Asociacións de Nais e Pais de Alumnos para a realización de actividades de apoio educativo

Por Resolución da Alcaldía de 7 de febreiro aprobouse convocatoria e as Bases específicas que rexerán a concesión de subvencións do concello de Muros, en réxime de concorrencia competitiva, a Asociacións de Nais e Pais de Alumnos para a realización de actividades de apoio educativo no concello de Muros, no ano 2022; publicadas no BOP número 29/2022, de 11 de febreiro.

Convocatoria

Bases xerais


AGADER 2020-2021 | Plan de mellora de camiños municipais

FEADER: Europa inviste no rural

PROXECTO: MELLORA DO CAMIÑO DE MATOBELLO. SERRES
PROMOTOR: CONCELLO DE MUROS
INVESTIMENTO: 58.267,14 €
IMPORTE DA AXUDA: 31.385,00 €

Media 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020. Plan marco de mellora de camiños minicipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021


ANUNCIO | Resolución de concesión de subvencións a autónomos para paliar as consecuencias da declaración do estado de alarma polo COVID-19

Resolución de concesión de subvencións a autónomos para paliar as consecuencias da declaración do
estado de alarma polo COVID-19

Por Resolución da Alcaldía número 374/2021 de 7 de abril, aprobáronse concesión axudas do concello de Muros, en réxime de concesión directa, dirixidas a traballadores/as do réxime especial de autónomos da Seguridade Social afectadas pola suspensión ou peche dos locais abertos ao público polo estado de alarma decretado polo Goberno e para o impulso da actividade económica no termo municipal co fin de paliar os efectos provocados pola emerxencia sanitaria do COVID-19 publicadas no BOP núm. 130 de 14 de agosto de 2020.

De acordo co previsto no punto décimo da resolución, e a efectos de notificación e xeral coñecemento se fai público aqueles aspectos que teñen efectos fronte a terceiros e que son do teor literal que a continuación se relata e poñendo a disposición de todos os interesados o texto íntegro da resolución na Secretaría Xeral do Concello.


SUBVENCIÓNS | A clubs deportivos e entidades sen ánimo de lucro do Concello de Muros 2020

Bases específicas de subvencións a clubs deportivos e entidades sen ánimo de lucro do Concello de Muros, con equipos ou deportistas que participen en competición federada para a realización de actividades de fomento da actividade física para o ano 2020.

ANUNCIO | Convocatoria de concesión de subvencións dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no ano 2020

Mediante resolución da Alcaldía do Concello de Muros núm. 929/2020 de 17 de agosto, aprobouse a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no ano 2020, que se transcriben a continuación:

CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE MUROS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITVA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS NO ANO 2020

1. Bases reguladoras

As bases reguladoras da concesión destas subvencións están publicadas no BOP número 138, de 23 de xullo de 2019

2. Contía

O Concello de Muros poderá conceder subvencións de ata un máximo de 1.500,00 € por proxecto. A contía de todas as axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria sumará un máximo de 11.000 €, con cargo á partida orzamentaria 20/334.48000, correspondente á anualidade 2020.

3. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é contribuír ao desenvolvemento de programas e actividades culturais concretas no concello de Muros, en particular aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúan ao espallamento da cultura galega.

De acordo coa lexislación vixente en materia de igualdade e de protección contra a violencia de xénero, non é subvencionable ningunha actividade ou actuación que inclúa contidos ou publicidade sexista e que se poidan considerar discriminatorias, vexatorias ou que inciten á desigualdade ou violencia.

4. Beneficiarias

As entidades legalmente constituídas, que carezan de fins de lucro, estean rexistradas no Rexistro de Asociacións de Galicia, teñan a súa sede no Concello de Muros e desenvolvan as súas actividades no ámbito territorial municipal do Concello de Muros e non estean incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia).

5. Órgano competente para a instrución e resolución

A concesión das subvencións realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva e será aprobada por unha resolución da alcaldía ou órgano no que se delegue, despois da proposta motivada da comisión avaliadora correspondente.

Conforme ao establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, crearase unha comisión de valoración que estará composta polos seguintes membros:

Presidenta: alcaldesa do Concello de Muros.

Secretaria: secretaria municipal, que participará con voz pero sen voto.

Vogais: O interventor, ou funcionario do departamento de Asuntos Económicos no que delegue e un/unha técnico da área de Cultura.

Desígnase coma Órgano Instrutor, coas funcións previstas nos artigos 24 da Lei Xeral de Subvencións e 21 da Lei de Subvencións de Galicia, a persoa que teña funcións de técnico da área de Cultura do concello de Muros

6. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes e iniciarase no día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Coruña.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados, que se anexan con esta resolución, por calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

7. Prazo de resolución e notificación

A resolución de concesión notificarase expresamente a todas as persoas solicitantes de forma fidedigna nun prazo máximo de tres meses dende a data límite de presentación de solicitudes.

As subvencións concedidas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Muros e na súa páxina web www.muros.gal.

Vencido o prazo máximo sen que sexa notificada a resolución expresa a persoa interesada deberá entenderse desestimada a solicitude por silencio administrativo.

8. Prazo de xustificación

O prazo para a xustificación das subvencións finalizará o día 15 de novembro de 2020.

9. Fin da vía administrativa

O acto de resolución da subvención esgota a vía administrativa, sendo susceptible de recurso de reposición perante o mesmo órgano que resolva, conforme o dispón o artigo 123 da Lei 39/2015, no prazo de un mes a contar dende a día seguinte da recepción da notificación.

SEGUNDO. Aprobar o gasto por importe de 11.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 20/334.48000 do orzamento xeral do Concello de Muros

TERCEIRO. Publicar esta convocatoria de concesión de subvencións do Concello de Muros dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no ano 2020 no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, aos efectos legalmente previstos no apartado 6 do punto primeiro da parte dispositiva desta resolución.

SUBVENCIÓNS | Convocatoria de axudas a traballadores/as do réxime especial autónomos afectados/as pola suspensión ou peche de locais provocado pola emerxencia sanitaria COVID-19

Convocatoria de axudas dirixidas a traballadores/as do réxime especial de autónomos afectados/as pola suspensión ou peche dos locais abertos ao público provocado pola emerxencia sanitaria do COVID-19.

Prazo:  20 días dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Enlace á solicitude telemática.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close