📲 O Concello de Muros organiza un novo obradoiro para aprender a facer xestións e usar de forma correcta o teléfono móbil
✅ ‘Expertclick’ é un programa de formación para acercar ás persoas maiores de 55 anos as ferramientas necesarias que lles permitan aproveitar plenamente as vantaxes que brindan as novas tecnoloxías.
⏳ O prazo de inscrición para esta nova actividade remata o 22 de novembro e as sesións serán os días 28 e 29 de novembro
✍️ Para anotarse, hai que chamar a Servizos Sociais do Concello de Muros (981 762 465)
👉 O número de prazas máximo é de 15 persoas
O obxectivo é aprender a navegar con seguridade e confianza por Internet, utilizar o teléfono móbil ou tablet para comunicarse por videoconferencia, facer xestións co banco, pedir unha cita médica ou comprar online, intentando aumentar a independencia e autonomía persoal das persoas maiores.
‘Expertclick’ é un obradoiro organizado polo Concello de Muros e realizado a través da Fundación Cibervoluntarios e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca (AEB), co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
O Concello de Muros comeza as actividades do Programa Vida Activa +65 para o curso 2024/2025. A primeira actividade chámase Piscina Activa +65 e consiste en traballar a parte física no medio acuático.
Esta actividade terá lugar na Piscina Municipal de Muros. Existirán 2 grupos de 25 prazas cada un e será posible elixir entre acudir a actividade os luns ou os xoves en horario de 9:30h a 10:15h.
Terán preferencia as persoas maiores de 65 anos. As persoas que teñan menos de 65 anos estarán nunha lista de agarda e poderán participar na actividade de existir prazas dispoñibles.
Para inscribirse poden axudir as oficinas de Servizos Sociais ou chamando ao número de teléfono 981 762 465.
Prazo de preinscrición: das 8.30 h do 15 de maio ata as 14.00 h do 26 de maio.
Como novidade este ano os campamentos terán lugar no CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Serres) e no CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío (Esteiro) durante os meses de xullo e agosto:
No caso das solicitudes múltiples, deberanse cubrir os datos de todos os irmáns ou irmás que solicitan a súa participación que serán os participantes.
A presentación da solicitude implica a aceptación das normas do procedemento.
1.2. Para solicitar a inscrición nos campamentos de Semana Santa deberá cubrir o formulario específico de solicitude, só un formulario por familia, no seguinte enlace:
Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. O sorteo será por familia. Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera.
Deberase aceptar a praza nun prazo máximo de 24 horas desde a recepción do correo electrónico, coa confirmación da praza, de non ser así será excluído/a.
1.4. Terán prioridade os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Muros. No caso de que non se completaran as prazas, estas poderán ser ocupadas por nenos/as non empadroados/as no Concello de Muros.
1.5 No caso de que aparezan solicitudes presentadas por diferentes solicitantes, pero na que parte ou todas as persoas participantes sexan as mesmas, serán anuladas automaticamente.
O Concello de Muros lanza a primeira actividade deste 2024 que se enmarca dentro do Programa de vida activa. A actividade chámase Piscina Activa +65 e consiste en diversas accións que se realizaran na Piscina Municipal de Muros en horario de 9:30h á 10:15h. As actividades serán o luns e/ou xoves en función das persoas que se anoten.
Terán preferencia as persoas maiores de 65 anos. As persoas que teñan menos de 65 anos estarán nunha lista de agarda e poderán participar na actividade de existir prazas dispoñibles.
Para inscribirse poden facelo cubrindo o seguinte formulario ou chamando o 981 762 465.
Anuncio de aprobación das bases e a convocatoria para a elaboración dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda a domicilio e que se transcriben a continuación.
ANUNCIO
Por Resolución desta Alcaldía núm. 1237/2023 de 21 de decembro, aprobáronse as bases e a convocatoria para a elaboración dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda a domicilio e que se transcriben a continuación:
BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO, PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE MUROS
1. OBXECTO DAS BASES
É obxecto destas bases a realización dun proceso selectivo, mediante concurso oposición, para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliar de axuda a domicilio para o desenvolvemento das funcións e tarefas propias do Servizo de Axuda no Fogar, cando se produza algunha das seguintes circunstancias (artigo 10.1 do TREBEP):
a) Cando se produza a situación de vacante temporal con reserva do posto de traballo do titular da praza.
b) Cando sexa necesaria a substitución transitoria do titular da praza con ocasión de baixas médicas, vacacións, licenzas ou circunstancias análogas.
c) A execución de programas ou proxectos de carácter temporal.
2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA
As funcións a desenvolver son as propias do posto, dentro da súa capacitación profesional e legal. Así mesmo, realizará aqueloutras tarefas que lle poidan asignar os órganos municipais competentes ou os seus superiores xerárquicos para a satisfacción das necesidades propias do servizo do Concello de Muros. As retribucións serán as correspondentes ao grupo laboral V de acordo co cadro de persoal dos orzamentos de Concello de Muros, sen prexuízo das adaptacións retributivas que deriven las leis de orzamentos do Estado.
3. SISTEMA DE SELECCIÓN
Establécese como sistema se selección o de concurso-oposición libre que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.
A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, que percorrerá todos os concellos de Galicia, agás as sete cidades, para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a máis de 100.000 galegos.
Que servizos se prestan?
Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
A quen vai dirixido?
Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.
Como se leva a cada localidade?
Oito autobuses percorrerán as máis de 300 localidades con profesionais de cada unha das especialidades. Permanecerán entre tres e catro días en cada concello atendendo con cita previa.