O punto limpo móbil do Concello de Muros está financiado ao abeiro da ORDE do 1 de decembro de 2021, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Medio Ambiente
BANDO | NORMAS PARA LUMIÑOS DE SAN XOAN
NORMAS PARA LUMIÑOS DE SAN XOAN.
SOLICITUDES
– As persoas, asociacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Muros, antes das 14:00 horas do día 17 de xuño de 2022, cumprimentando o modelo de solicitude e achegando a documentación.
NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS LUMIÑOS
1.- Non está permitido facer as laradas en PRAIAS, VÍAS PÚBLICAS, XARDÍNS OU PARQUES PÚBLICOS, en terreos forestais ou nas proximidades de masas arbóreas.
2.- As laradas ou cacharelas situaranse en lugares seguros, de tal xeito, que non exista perigo de propagación accidental ás vivendas, instalacións ou terreos próximos. Deberán ter en conta a existencia de cableado, tendidos eléctricos, etc. Arredor da cacharela deixarase unha franxa duns 5 metros libre de calquera elemento combustible.
3.- Deberán situarse en zonas afastadas de masas arbóreas polo menos 50 mts. Os responsables deben asegurarse de contar con medios de extinción mínimos pero suficientes para o seu uso inmediato en caso de ser necesario.
4.- Non se permite a utilización de líquidos inflamables nin queimar produtos contaminantes (plásticos, pinturas, gomas, …). Tampouco se poderán queimar residuos ou restos domésticos, forestais ou agrícolas
5.- As laradas deben estar baixo vixilancia en todo momento, os responsables deberán asegurarse de que o lume queda completamente apagado.
6.- Mediante estas normas o Concello pretende garantir a seguridade das persoas, facendo compatible a celebración dunha festa tradicional coa seguridade de todos. En todo caso, o Concello aconsella prudencia e observar as recomendacións sanitarias ao existir aínda un número importante de contaxios Covid.
As autorizacións autorgadas non eximirán en ningún caso das responsabilidades por danos e prexuízos a que houber lugar no caso de que concorrese neglixencia ou imprudencia.