DEPORTES | Nas seguintes ligazóns podes volver a ver a retransmisión da etapa Muros – Miradoiro do Ézaro. Dumbría – Etapa 13 03/11/2020

La Vuelta – Muros > Miradoiro do Ézaro. Dumbría – Etapa 13 03/11/2020 (martes) – 33,7 km – CRI

Nas seguintes ligazóns podes volver a ver a retransmisión da etapa de onte de RTVE:

Teledeporte ➡️ https://www.rtve.es/alacarta/videos/vuelta-ciclista-a-espana/vuelta-ciclista-espana-2020-13-etapa/5703575/

La 1 ➡️ https://www.rtve.es/alacarta/videos/vuelta-ciclista-a-espana/vuelta-ciclista-espana-2020-13-etapa-muros-mirador-ezaro-dumbria-2/5703647/


BANDO | Bando municipal (modificación) sobre a prohibición de estacionamento durante a 13ª Etapa da volta a España – Muros – Miradoiro do Ézaro

O Concello de Muros pon en coñecemento da cidadanía que o próximo martes 3 de novembro con motivo do celebración da 13ª etapa de LA VUELTA 2020 Muros – Miradoiro do Ézaro de ciclismo,

FAGO SABER:

PROHIBIDO O ESTACIONAMENTO

Zona vermella
Dende: ás 20.00 h do sábado 31 de outubro
Ata: ás 20.00 h do martes 3 de novembro
Zona: porto de Muros

Zona laranxa
Dende: ás 20.00 h do luns 1 de novembro
Ata: ás 20.00 h do martes 3 de novembro
Zona: estrada Miraflores, rúa Alameda, rúa Real, avenida Castelao, rúa Cabo, campo da Lúa… (ver mapa)

Agradecerlles a súa comprensión e a súa colaboración, así como, sinalarlles que na medida do posible organicen o aparcamento dos seus vehículos nos lugares habilitados (achégase plano) para minimizar as
incidencias.

Muros, 27 de outubro de 2020
A alcaldesa
Inés Monteagudo Romero


BANDO | Bando municipal sobre o corte da estrada comarcal AC 550 durante a 13ª Etapa da volta a España – Muros – Miradoiro do Ézaro

Infórmase á veciñanza que o vindeiro martes 3 de novembro con motivo da celebración da 13ª etapa de VUELTA A ESPAÑA 2020 Muros – Miradoiro do Ézaro de ciclismo a estrada comarcal AC 550 permanecerá cortada ao tráfico.

Día: martes, 3 de novembro de 2020
Estrada cortada: AC550 a partir do punto quilométrico 42,0 (rotonda da Tremenda) en dirección Cee.
Hora do corte: dende ás 11.00 h ata as 18.00 h

Contarase con persoal da Policía Local, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico, GES Muros e Protección Civil que garantirá a seguridade tanto das persoas participantes na proba coma da veciñanza, polo que lle rogamos que atenda ás súas indicacións.

Agradecerlle a súa comprensión e a súa colaboración, así como, sinalarlle que na medida do posible organice o uso do seu vehículo para minimizar incidencias tanto para vostede como para o desenvolvemento da proba deportiva.

Muros, 20 de outubro de 2020

A alcaldesa
Inés Monteagudo Romero


BANDO | Bando municipal sobre as limitacións de estacionamento durante a 13ª Etapa da volta a España – Muros – Miradoiro do Ézaro

O Concello de Muros pon en coñecemento da veciñanza que o próximo martes 3 de novembro con motivo da celebración da 13ª etapa de La Vuelta 2020 Muros – Miradoiro do Ézaro de ciclismo:

Queda PROHIBIDO O ESTACIONAMENTO:

– Dende: as 20.00 h do sábado 31 de outubro
– Ata: as 20.00 h do martes 3 de novembro
– Zona: toda a zona portuaria de Muros e estrada a Miraflores (achégase plano)

Agradecerlles a súa comprensión e a súa colaboración, así como, sinalarlles que na medida do posible organicen o aparcamento dos seus vehículos nos lugares habilitados (achégase plano) para minimizar as incidencias.

Muros, 20 de outubro de 2020

A alcaldesa
Inés Monteagudo Romero


BANDO | Bando municipal sobre as limitacións durante a 13ª Etapa da volta a España – Muros – Miradoiro do Ézaro

Prezadas veciñas e veciños,

O Concello de Muros pon en coñecemento da cidadanía que o próximo 3 de novembro a vila de Muros será lugar da saída da 13ª etapa da La Vuelta España 2020 que rematará no miradoiro do Ézaro, un acontecemento único que suporá unha repercusión mediática a nivel mundial. Ademais, esta etapa terá un carácter moi especial ao tratarse da única contra reloxo individual, polo cal será determinante para coñecer o gañador final.

Este evento implicará que a maior parte da vila e a súa contorna se vexa afectada pola loxística do evento, desta maneira será imprescindible a colaboración e compresión da veciñanza.

Así, facendo uso da facultade que me concede o artigo 124.4 letra g, da Lei 7 /1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

FAGO SABER

  • Durante os días previos á celebración da etapa acoutaremos os lugares para o estacionamento de vehículos.
  • Durante a xornada da etapa levaranse a cabo limitacións de mobilidade e peche da AC550.
  • Habilitaranse zonas específicas para o estacionamento de vehículos.
  • Os servizos de seguridade velarán polo cumprimento das normas establecidas.
  • Publicarase na web do Concello de Muros un documento con recomendacións e consellos.

Muros, 13 de outubro 2020

A alcaldesa
Inés Monteagudo Romero

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN DA ORGANIZACIÓN DE LA VUELTA

Moi ao noso pesar, temos que pidirvos ás/aos espectadoras/es que debido á crise sanitaria pola COVID19 vos quededes na casa e sigades a carreira pola TV, co obxectivo de evitar aglomeracións nos puntos clave de seguimento da etapa.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close