FORMACIÓN | Como podo levar a cabo a transformación dixital da miña empresa? Xestión do cambio para a dixitalización.

Programa e contido da xornada (PREME AQUÍ PARA VER O PROGRAMA)

TÍTULO DA XORNADA:

Como podo levar a cabo a transformación dixital da miña empresa? Xestión do cambio para a dixitalización.

DATA E LUGAR

DÍA: 30 de marzo de 2023
HORA: De 17:00 a 19:00 h
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula de informática (CEMIT) da Casa da Cultura (Rúa Miraflores, s/n. Muros)

BREVE DESCRICIÓN:

Esta xornada ten como obxectivo aprender a xestionar a implementación dos procesos de transformación dixital con éxito, e coñecer os seus beneficios e impacto no negocio. Á hora de levar a cabo un proceso de transformación dixital faise necesario implementar unha estratexia para xestionar os aspectos relacionados coas persoas e a organización e así lograr os resultados desexados, é dicir, fomentar a adaptación das persoas dunha organización cara a novas formas de traballo, de tal maneira que o impacto sobre a produtividade sexa mínimo.

OBXECTIVOS:

Coñecer os aspectos claves para que a transformación dixital da empresa supoña un éxito dentro da organización, e o deseño de estratexias para a xestión do cambio na organización ante a implementación dun proceso de transformación dixital

A QUEN VAI DIRIXIDA?

Persoas emprendedoras Persoas autónomas
Pemes, Micropemes e Empresas do territorio

CONTIDO/AXENDA DA XORNADA:

17:00 – 17:05 | Presentación.
17:05 – 18:00 | Como podo levar a cabo a transformación dixital da miña empresa?
A xestión do cambio na organización para o éxito nos procesos de transformación dixital na empresa.
18:00 – 19:00 | Sesión de consultas e resolución de dúbidas.

MODALIDADE: Presencial
PONENTE: Pablo López

PREME AQUÍ PARA VER O PROGRAMA


FORMACIÓN | Lista de puntuacións provisional do proceso selectivo de alumnado para o obradoiro de emprego “OE PORTAVENTOSA”

Lista de puntuacións provisional do proceso selectivo de alumnado para o obradoiro de emprego “OE PORTAVENTOSA”


Lista de puntuacións provisional da entrevista persoal realizada as persoas candidatas ao posto de alumno/a do obradoiro de emprego “OE PORTAVENTOSA”


FORMACIÓN | Lista de puntuacións provisional do proceso selectivo do equipo directivo, docente de apoio do obradoiro de emprego “OE PORTAVENTOSA”

Lista de puntuacións provisional do proceso selectivo do equipo directivo, docente de apoio do obradoiro de emprego “OE PORTAVENTOSA”


Lista de puntuacións provisional da entrevista persoal realizada as persoas do equipo directivo e persoal de apoio e docentes candidatas do obradoiro de emprego “OE PORTAVENTOSA”


FORMACIÓN | Obradoiro dual de emprego “OE Portaventosa”

A Consellería de Emprego e Igualdade aprobou o desenvolvemento dun Obradoiro de Emprego a persoas desempregadas, promovido polos Concellos de Muros e Carnota, denominado “OE Portaventosa”,

Este programa mixto de emprego e formación terá unha duración de 9 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, que estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.  Está previsto que este obradoiro comece a mediados do mes de outubro deste ano.

O número de alumnos/as traballadores/as será de 20.

Poderán ser beneficiarias do proxecto as persoas desempregadas que teñan solicitado na Oficina de Emprego o código de Obradoiros de Emprego.

Especialidades:

Traballos de Carpintería e Moble

  • Os alumnos realizaran operacións con equipos de mecanizado para a fabricación de elementos de carpintería e moble, axustar e embalar produtos e elementos de carpintería e moble e colaborar na súa montaxe e instalación.

Aproveitamentos Forestais

  • Os alumnos realizaran as operación precisas para o aproveitamento dos produtos forestais, manexando os equipos, as máquinas e ferramentas en condicións de seguridade e saúde, aplicando criterios de calidade e de rendabilidade económica, respetando a normativa medioambiental e de prevención de riscos laborais. Para poder participar nesta especialidade o alumno debe de ter un nivel de cualificación profesional 2, ( titulación ESO, equivalente ou superior).

Calquera persoa interesada, poderá obter máis información chamando aos seguintes números:

  • Concello de Muros:    981 826 050
  • Concello de Carnota: 981 857 217

FORMACIÓN | Cursos do PEL-Emprego Sustentable

Dentro do PEL-Emprego Sustentable no ámbito rural 2021-2023 da Deputación da Coruña está previsto impartir as seguintes accións formativas:

  • Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións (592 horas, 6 meses aprox., certificado de profesionalidade NIVEL 2).
  • Xestión de chamadas de Teleasistencia (460 horas, 4 meses aprox., certificado de profesionalidade NIVEL 2).
  • Dinamización Comunitaria (692 horas, 6 meses e medio aprox., certificado de profesionalidade NIVEL 3).
  • Guía de Itinerarios de Baixa e Media montaña (762 horas, 7 meses aprox., certificado de profesionalidade NIVEL 2).

DESTINATARIOS/AS. Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, que acrediten o nivel académico mínimo e que amosen algunha das seguintes situacións:

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade.
  • Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes)
  • Habitar en zonas consideradas rurais.
  • Posuír a formación esixida para o acceso ao certificado de profesionalidade. Na seguinte ligazón, poderá consultar os requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de NIVEL 2 e de NIVEL 3.

Pertencer a algún dos seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD): en situación de desemprego durante mais de 6 meses continuos si son persoas menores de 25 anos ou durante mais de 12 meses continuos si teñen unha idade igual ou superior a 25 anos.
  • Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ)
  • Persoas maiores de 55 anos.
  • Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
  • Persoas inmigrantes.
  • Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
  • Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

DOCUMENTACIÓN:

  • Ficha de Solicitude completamente cumprimentada e asinada (pode descargalo dende a sede electrónica: https://sede.muros.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/index.html#pel_sustentable ).
  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
  • Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
  • No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action
  • Certificado ou Volante de empadroamento.
  • Documento acreditativo ou informe emitido polos servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
  • Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
  • Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego.
  • Declaración responsable da persoa solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente.
  • Acreditación das titulacións ou certificacións que permitan o acceso a certificados de profesionalidade do nivel correspondente.

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN:

  • Inscrición e presentación das solicitudes
  • Baremación de criterios de carácter xeral
  • Entrevista persoal

CENTROS NOS QUE SE IMPARTIRÁ A FORMACIÓN.  Achégase documento coa relación de centros.

PRAZO.  As persoas de Muros poderán presesentar a documentación no  servizo de orientación laboral (atención ao público presencial  luns e martes) no prazo límite indicado:

  • Atención sociosanitaria_norte  (3 edicións): 3 de setembro as  14:00 horas
  • Atención sociosanitaria_sur  (2 edicións): 13 de agosto as 14:00 horas. As persoas interesadas nesta acción formativa contacten a maior brevidade posible co servizo de orientación (orientacion.laboral@outes.gal  ou no teléfono 981 826 050)
  • Xestión de chamadas de teleasistencia (1 edición): 3 de setembro as  14:00 horas
  • Dinamización Comunitaria  (3 edicións):  3 de setembro as  14:00 horas
  • Guía por itinerarios de baixa e media montaña  (2 edicións): 17 de setembro as  14:00 horas.

PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural | Competencias clave nivel 2 e 3

A Deputación da Coruña, a través do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, abre o prazo para solicitar a inscrición para as accións formativas de Competencias Clave nivel 2 e 3.

Destinatarios/as

Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, e que ademais cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade.
  • Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes).
  • Saber ler e escribir.
  • Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
    • Persoas desempregadas de longa duración (PLD).
    • Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).
    • Persoas maiores de 55 anos.
    • Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
    • Persoas inmigrantes.
    • Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
    • Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
    • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

 Documentación

  • Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado  (descargar modelo na SEDE).
  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
  • Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
  • No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil
  • Certificado ou Volante de empadroamento.
  • Documento acreditativo ou informe emitido polos  servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
  • Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
  • Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego
  • Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente. 

Axuda económica para as persoas participantes

As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Solicitude

  • Na sede electrónica (precísase identificación dixital) ou presencial no rexistro do concello.
  • Prazo de presentación: Ata as 14:00 h do 5 de maio 2021.

Centros formativos: achégase documento coa relación de centros nos que está prevista impartir a formación.

Máis información na sede electrónica do concello ou no Servizo de Orientación Laboral (atención ao público en Muros os luns e martes)


IV CICLO | Camiños de coñecemento e experiencia

O IV Ciclo Universitario é o programa de formación específico para alumnos e alumnas maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel educativo previo, para dar resposta á crecente formación que existe en Galicia entre persoas de idade avanzada.

Data de inscrición do 13 de abril o 11 de maio do 2021.
Prazas limitadas.

Lugar de celebración: Servizos Sociais
Lugar de inscrición:
Oficinas de Servizos Sociais. R/ Rosalía de Castro s/n
Teléfono:
981 762 465

Programa da formación

18/05/2021 16.30 – 18.00 h
Seminario: Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Un capítulo único da nosa Historia de Galicia e da nosa Historia da Música Clásica Galega.
Dra. Dona Laura Touriñán Morandeira, profesor do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC e investigadora da USC.

19/05/2021 16.30 – 18.00 h
Sesión práctica: Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Un capítulo único da nosa Historia de Galicia e da nosa Historia da Música Clásica Galega.
Dra. Dona Laura Touriñán Morandeira, profesor do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC e investigadora da USC.

20/05/2021 16.30 – 18.00 h
Seminario: Contribucións do ocio ao envellecemento activo.
Dna. Cristina Varela Portela, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
D. Jesús García Álvarez, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC

21/05/2021 16.30 – 18.00 h
Obradoiro práctico de análise do envellecemento activo a través do lecer.
Dna. Cristina Varela Portela, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
D. Jesús García Álvarez, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

24/05/2021 16.30 – 18.00 h
Seminario: O Gótico Mariñeiro.
D. Victoriano Nodar Fernández, Prof. Colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC.

25/05/2021 16.30 – 18.00 h
Visita ás igrexas de Santa María do Campo e Santa María do Camiño.
D. Victoriano Nodar Fernández, profesor colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC.

DGT | PROCEDIMIENTO ADMINISTRATIVO PERMISO DE CONDUCIR 2021:

En la actualidad, la DGT es el organismo que regula la concesión de los permisos de conducir en el territorio español. Para ello, los aspirantes deben demostrar sus conocimientos del código de circulación en una prueba teórica y otra práctica.

Tanto el contenido del código, como su evaluación han cambiado a lo largo de la historia del organismo. Por ello las autoescuelas han adaptado su material y sus métodos proporcionando clases on-line.

Los trámites a seguir para solicitar la realización de las pruebas también se han actualizado. En el siguiente enlace puede encontrar toda la información actualizada con relación a la obtención del permiso de conducir: https://sede.dgt.gob.es/es/permisos-de-conducir/obtencion-renovacion-duplicados-permiso/permiso-conducir/


EMPREGO | Servizo de orientación laboral no Concello de Muros

O Concello de Muros lémbralles as persoas que se atopen en situación de busca activa de emprego e/ou formación que, xunto co Concello de Outes, contamos cun Servizo de Orientación Laboral financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade.

A través deste servizo poderá ter, entre outras cousas, asesoramento na procura de emprego, realizar o seu currículum ou informarse sobre as opcións de formación as que pode optar.

A técnica de orientación laboral atende presencialmente no Concello de Muros os luns e martes en horario de 8.30 a 14.30 h. As persoas interesadas en solicitar unha cita poden achegarse ás instalación municipais os luns e martes ou ben enviar un correo electrónico a: orientacion.laboral@outes.gal


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close