ANUNCIO | Resultado da realización do primeiro exercicio do proceso selectivo de persoal para a limpeza de praias, 2020

Na sesión celebrada o día 9 de xullo de 2020, o tribunal do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para limpeza de praias 2020, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Acórdase  publicar  o resultado  da realización do primeiro exercicio  da  fase  de oposición segundo o previsto no punto 8 a) das  bases  e  que  se  publica  como  anexo 1. De acordo co previsto no punto 8 das bases, as persoas aspirantes terán un prazo de dous días dende a publicación deste acordo  para presentar  as reclamacións que consideren oportunas.

Segundo. Acórdase convocar ás persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición á realización do segundo e terceiro exercicio o día 14 de xullo ás 9.00 h na antiga fabrica de Sel, situada na rúa Porteliña 2, Muros.

ANUNCIO | Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas para a selección de persoal para limpeza de praias, 2020

Por resolución da Alcaldía núm.779/2020 de 8 xullo de 2020, adoptouse o seguinte acordo:

Vista a Resolución da Alcaldía núm. 673/2020 de 17 de xuño pola que se aprobaron as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias, 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2020, publicada no BOP núm. 92 de 22 de xuño de 2020.

Vista a resolución da Alcaldía núm. 763/2020 de 3 de xullo de 2020, pola que se aproba a lista provisional de persoas admitidas e excluídas para participar neste proceso selectivo.

Revisada de oficio a documentación presentada e vistas as reclamacións a esta lista provisional de persoas admitidas e excluídas de conformidade co previsto nas bases desta convocatoria,

RESOLVO:

PRIMEIRO. Aprobar a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2020, publicada no BOP núm. 92 de 22 de xuño de 2020.

ANUNCIO | Resultado da realización do terceiro e cuarto exercicio, valoración do concurso de méritos e proposta de contratación do proceso selectivo de persoal para a brigada de incendios 2020

Na sesión celebrada o día 8 de xullo de 2020, o tribunal do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de persoal para a brigada de incendios 2020, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Acórdase publicar o resultado da realización do terceiro exercicio e da valoración da fase de concurso que se publica como anexo l.

Segundo. De acordo coas persoas aspirantes que non presentaron o certificado de galego, acórdase realizar o cuarto exercicio do proceso selectivo no cal asesora ao tribunal a normalizadora lingüística, acordando dar por apto neste exercicio a todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio.

ANUNCIO | Resultado do primeiro e segundo exercicio do proceso selectivo da brigada de incendios 2020

Na sesión celebrada o día 6 de xullo de 2020, o tribunal do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de persoal para a brigada de incendios 2020, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Acórdase publicar o resultado da realización do primeiro e segundo exercicio da fase de oposición segundo o previsto no punto 8. a das bases e que se publica como anexo l. De acordo co previsto no punto 8 das bases, as persoas aspirantes terán un prazo de dous días dende a publicación deste acordo para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Segundo. Acórdase convocar aos/ás aspirantes que superaron o exercicio segundo a realización do terceiro e cuarto exercicio o día 8 de xullo ás 9.00 h na antiga fabrica de Sel, situada na Rúa Porteliña 2, Muros.

ANUNCIO | Lista provisional de admitidos e excluídos, composición do tribunal e convocatoria do primeiro exercicio para selección de persoal para limpeza de praias, 2020

Por resolución da alcaldía núm.763/2020 de 3 de xullo de 2020, adoptouse o seguinte acordo

“Vista a Resolución da Alcaldía núm. 673/2020 de 17 de xuño pola que se aprobaron as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias, 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2020, publicada no BOP núm. 92 de 22 de xuño de 2020

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes para participar neste proceso e de conformidade co previsto nas bases da convocatoria

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos na convocatoria referenciada

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close