EMPREGO | Formación en socorrismo en espazos acuáticos naturais e en instalacións acuáticas

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local, ten prevista a impartición dos seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático:

 AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)

 AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica)

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella en A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais (inicio previsto para mediados de febreiro) e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas. A inscrición realizarase nunha única solicitude para participar nas dúas accións formativas, obtendo así a dobre titulación.

1. Requisitos das persoas candidatas:

▪ Estar inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda e coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición.

▪ Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.

▪ Estar empadroado/a en algún dos concellos da provincia da Coruña, preferentemente con poboación inferior a 50.000 habitantes

2. Requisitos específicos:

  • Nivel académico ou de coñecementos xerais: Estar en posesión dos títulos ou certificados precisos para cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2.
  • Condicións físicas: Carencia de afeccións crónicas e enfermidades infecto-contaxiosas. Integridade física, resistencia, forza, destreza, coordinación visomotriz, axilidade, etc.

As persoas candidatas, no caso de superar as solicitudes o número de prazas de cada edición, terán que superar probas de natación: nadar 200 metros estilo libre nun tempo máximo de 4´15” (catro minutos 15 segundos) e realizar, sen impulso, 20 metros en apnea.

Inscricións e prazo de solicitude:

As persoas interesadas en participar nestas acción formativas deberán cubrir un formulario de solicitude e ademais presentar un certificado ou informe de saúde recente, emitido, asinado e selado por facultativo con data non anterior ao 11 de xaneiro de 2021, sobre o cumprimento das capacidades físico-psíquicas para o desenvolvemento da actividade profesional de salvamento e socorrismo acuático.

  • Para máis información e formalizar as inscricións deberán contactar coa orientadora laboral do Concello de Muros (atención ao público en Muros os luns e martes)

 O prazo de inscrición remata o día 2 de febreiro as 14:00 horas.


EMPREGO | Aprobado un novo subsidio para aquelas persoas que esgotasen a súa prestación entre o 14 de marzo e o 30 de xuño

Aprobado un novo subsidio para aquelas persoas que esgotasen a súa prestación ou subsidio entre o 14 de marzo e o 30 de xuño. O prazo de solicitude é ata o  30 de novembro.

O RDL 32/2020 (BOE 04/11/2020) aproba un conxunto de novas prestacións e axudas por desemprego, entre elas, o novo subsidio especial por desemprego.

REQUISITOS:

a) Ter extinguido por agotamento, entre o 14 de marzo de 2020 e o  30 de xuño de 2020, ambos inclusive, algunha das seguintes prestacións:

1. A prestación contributiva por desemprego.

2. Un subsidio por desemprego ordinario.

3. O subsidio extraordinario por desemprego SED.

4. A Renta Activa de Inserción (RAI).

b) Estar en desemprego total e inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego (apuntado no paro).

c) Carecer do dereito á protección por desemprego de nivel contributivo ou asistencial regulada no título III do texto refundido da Lei xeral da seguridade social ou calquera das axudas ou prestacións enumeradas no apartado 2.a).

d) Non ser beneficiarias da renda mínima, renda de inclusión, salario social ou axuda análoga concedida por calquera administración pública (Estado, Comunidades Autónomas, Provincias ou concellos).

e) No caso de ter traballado por conta allea despois de rematar a prestación ou subsidio, ter cesado neste traballo con situación legal de desemprego.

f) Non ter cumprida a idade que se esixa para acceder á pensión de xubilación, nas súas modalidades contributiva ou non contributiva.

COMO SOLICITALO:

De maneira presencial:

DURACIÓN E CONTÍA:

A duración será de 3 meses e non poderá percibirse en máis dunha ocasión.

A contía do subsidio será igual ao 80% del Indicador Público de Renta de Efectos múltiples (IPREM) vixente e o pago realizarase polo SEPE a partir do mes seguinte da súa solicitude.


EMPREGO | Servizo de orientación laboral no Concello de Muros

O Concello de Muros lémbralles as persoas que se atopen en situación de busca activa de emprego e/ou formación que, xunto co Concello de Outes, contamos cun Servizo de Orientación Laboral financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade.

A través deste servizo poderá ter, entre outras cousas, asesoramento na procura de emprego, realizar o seu currículum ou informarse sobre as opcións de formación as que pode optar.

A técnica de orientación laboral atende presencialmente no Concello de Muros os luns e martes en horario de 8.30 a 14.30 h. As persoas interesadas en solicitar unha cita poden achegarse ás instalación municipais os luns e martes ou ben enviar un correo electrónico a: orientacion.laboral@outes.gal


FORMACIÓN | Cursos de prevención de riscos laborais en Carnota

Dende o departamento de Promoción Económica do Concello de Carnota infórmannos da realización, xunto coa Fundación Laboral da Construción, dos seguintes cursos:

𝗣𝗿𝗲𝘃𝗲𝗻𝗰𝗶ó𝗻 de Riscos Laborais na 𝗰𝗼𝗻𝘀𝘁𝗿𝘂𝗰𝗶𝗼́𝗻 nivel básico de 60 h de duración do 17 ao 30 de novembro.

𝗣𝗥𝗟  para 𝗼𝗽𝗲𝗿𝗮𝗱𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗮𝗽𝗮𝗿𝗮𝘁𝗼𝘀 𝗲𝗹𝗲𝘃𝗮𝗱𝗼𝗿𝗲𝘀 de 6 h de duración, o 1 de decembro.

Os cursos terán lugar no edificio Domus, en Lira de 8.00 a 14.30 h

Para formalizar a inscrición deben presentar cuberta a folla de inscrición e fotocopia de DNI no departamento de Promoción Económica no Concello de Carnota

Máis información e inscricións:

Departamento de Promoción Económica no Concello de Carnota

Contacto: María Dolores Pena. Tlfn: 672 304 753 / 981 857 032

Correo-e: dolores.pena@carnota.gal

ANUNCIO | Resultado do segundo exercicio, fase de concurso e proposta de contratación do proceso selectivo dun técnico/a para o centro de interpretación do patrimonio marítimo de Sel

Anuncio do resultado do segundo exercicio, fase de concurso e proposta de contratación do proceso selectivo dun/dunha técnico/a para o centro de interpretación do patrimonio marítimo de Sel.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close