O pasado xoves 30 de setembro publicouse no BOP as seguintes convocatorias municipais do ámbito deportivo:
Convocatoria para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de bolsas para deportistas do Concello de Muros para o ano 2021.
Convocatoria de subvencións do Concello de Muros, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico, e a entidades, sen ánimo de lucro para realización de actividades de fomento da actividade física para o ano 2021.
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais dende o anuncio de publicación desta convocatoria no BOP da Coruña (30/10/2021).
No suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles en cada modalidade, realizarase o sorteo o 7 de outubro (en presenza da Secretaría municipal).
O sorteo será público e terá lugar no salón de plenos do concello, ás 12.00 h da mañá. Comunicaráselle, mediante correo electrónico, a adxudicación da praza ás persoas solicitantes.
4. Horarios
Cada escola deportiva será dunha sesión semanal.
Os horarios faranse públicos o 8 de outubro. Estarán expostos nos taboleiros dos pavillóns, no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, na páxina web do Concello de Muros, www.muros.gal. e na sede electrónica municipal, sede.muros.gal
Para a consulta telefónica dos horarios habilítanse os seguintes teléfonos:
981 762 152 (pavillón de Miraflores)
981 762 294 (Centro Cultural e Xuvenil de Muros)
5. Prazas
Esteiro (Pavillón Xosé Lago)
O número de prazas para cada modalidade e lugar establécese da seguinte maneira:
MODALIDADE
PRAZAS
Bádminton
10
Baloncesto
10
Fútbol sala
20
Patinaxe
20
Ximnasia mantemento/body tónic
20
Muros (Pavillón de Miraflores)
MODALIDADE
PRAZAS
Actividades predeportivas
30
Baloncesto
30
Fútbol sala
30
Patinaxe
30
Ximnasia de mantemento
30
Iniciación ao xadrez
20
Louro
MODALIDADE
PRAZAS
Ximnasia de mantemento
16
A adxudicación das prazas pode ser:
Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles en cada modalidade.
Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles en cada modalidade.
6. Preinscrición: do 22 de setembro ao 5 de outubro
No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.
7. Matrícula: do 11 ao 13 de outubro
É persoal e intransferible. Deberase facer unha vez comprobada: a adxudicación da praza, os horarios das escolas e do/s grupo/s no que a persoa interesada solicitou a preinscrición.
O alumnado deberá aboar a cota de participación no número de conta establecido por parte do Concello de Muros.
O período de matrícula establécese do 11 ao 13 de outubro (ambos incluídos).
8. Cota
A cota de participación será de 25,00 € anuais e deberase aboar no período de matrícula.
9. Inicio das actividades: 18 de outubro
As actividades constituídas darán comezo a partir do 18 de outubro (luns) en función do día que lle corresponda a cada actividade.
10. Prazas vacantes: a partir do 27 de outubro
A Concellaría de Deportes publicará na web a lista de prazas que puideran quedar libres en cada modalidade e lugar despois de resolver esta convocatoria. No caso de que existiran prazas vacantes abrirase un período de solicitude a partir do 27 de outubro.
11. Datas
As escolas deportivas impartiranse dende o mes de outubro (18/10/2021) ata o mes de maio do ano 2022.
12. Requisitos
Para poder asistir ás escolas deportivas é preciso:
Nacer nalgún dos anos correspondentes ás diferentes quendas.
Non padecer ningunha enfermidade que lle impida practicar deporte.
O pai, a nai ou titor/a deberá cumprimentar a pertinente autorización de participación nos cursos.
13. Control de asistencia
No caso de que se chegue ao 50% de faltas de asistencia o alumnado podería causar baixa na actividade, sen dereito á devolución da cota.
14. Outros
Se houbera a suficiente demanda para constituír outra escola deportiva que non se recolle nestas bases, estudarase a posibilidade de poder incluíla, sempre que se adapte á normativa sanitaria vixente en cada momento.
Calquera circunstancia que non apareza nestas bases será tratada de maneira individual, previa solicitude da persoa interesada (así como calquera circunstancia de carácter especial que se puidera producir).
Informamos á veciñanza que o vindeiro 12 de xuño con motivo do III Mar de Muros Tríatlon “Trofeo Iván Raña” a estrada comarcal AC-550 permanecerá cortada ao tráfico entre os puntos quilométricos 40,5 a 38,0 en dirección Muros – Cee, puntos que se corresponden coa zona da lonxa vella e coa da estación depuradora do cámping “A Vouga”.
SÁBADO 12 DE XUÑO DE 2021 O HORARIO DO CORTE SERÁ DE 16.30 A 18.45 H
Contarase con persoal da Policía Local, GES Muros e Protección Civil que garantirá a seguridade tanto das persoas participantes na proba coma da veciñanza, polo que lle rogamos que atenda ás súas indicacións. Agradecerlle a súa comprensión e a súa colaboración, así como, sinalarlle que na medida do posible organice o uso do seu vehículo para minimizar incidencias tanto para vostede como para o desenvolvemento da proba deportiva.
Informamos á veciñanza que con motivo do celebración da III Mar de Muros Tríatlon “Trofeo Iván Raña” o próximo sábado 12 de xuño está,
PROHIBIDO O ESTACIONAMENTO Dende: ás 15.00 h do venres 11 de xuño Ata: ás 19.30 h do sábado 12 de xuño Zona: zona portuaria de Muros
Agradecerlles a súa comprensión e a súa colaboración, así como, sinalarlles que na medida do posible organicen o aparcamento dos seus vehículos para minimizar as incidencias.
Visto o artigo 7 das bases específicas de bolsas para deportistas do Concello de Muros para o ano 2020 publicadas no BOP núm. 159 de 24 de setembro de 2020.
RESOLVO
Primeiro. Nomear como instrutor do procedemento das bolsas para deportistas en réxime de concorrencia competitiva, o funcionario do Concello, David Pastoriza Fernández, ou persoa en quen delegue.
Segundo. Nomear a comisión de valoración, quen formulará a proposta de concesión previo informe do órgano instrutor respecto dos cumprimento polo solicitante dos criterios previstos nas bases da convocatoria e que estará composta por:
Presidente: Juan Manuel Martínez Martínez, concelleiro de Deportes e Medio Ambiente, ou persoa en quen delegue.
Técnico do departamento de deportes: O funcionario do Concello, D. David Pastoriza Fernández, ou persoa en quen delegue.
Unha persoa do departamento de asuntos económicos: A funcionaria, Da. Noelia Louro Louro, ou persoa en quen delegue.
A funcionaria do Concello, Da. María Ofir Aboy García, ou persoa en quen delegue, que actuará como secretaria.
Terceiro. O instrutor e os membros da comisión estarán sometidos as regras establecidas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015 de 1 de outubro do réxime xurídico do sector público.
Cuarto. Dar conta ao Pleno da corporación na primeira sesión que se celebre.
Quinto. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición regulado nos artículos 52 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a Alcaldía no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicacion, ou interpoñer recurso contencioso- administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo da Coruña, no prazo de dous meses (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa), todo isto sen perxuízo de que poida exercitar calquera outra actuación que estime pertinente para a defensa dos seus dereitos.
A Concelleiro de Deportes, Juan Manuel Martínez Martínez, convoca aos seguintes membros para a comisión de valoración das subvencións a clubs deportivos do Concello de Muros, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico, e a entidades, sen ánimo de lucro para realización de actividades de fomento da actividade física para o ano 2020:
Concelleiro de Deportes ou persoa na que delegue Juan Manuel Martínez Martínez
Un/ha técnico/a do departamento de Deportes ou persoa na que delegue David Pastoriza Fernández
Unha persoa do departamento de Asuntos Económicos ou persoa na que delegue Noelia Louro Louro
Secretaria municipal ou persoa na que delegue María Ofir Aboy García
Día: 26 de novembro de 2020 Hora: 13.30 h Lugar: salón de plenos do Concello de Muros
O prazo de solicitude de inscrición na escola deportiva de ximnasia establécese do seguinte xeito:
Solicitude de inscrición: do 12 ao 24 de novembro (ambos incluídos).
Sorteo: 26 de novembro (en presenza da secretaria municipal, no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).
Inicio da actividade: 30 de novembro
Para solicitar a inscrición na escola deportiva de ximnasia deberá cubrir o formulario específico de solicitude e presentalo do seguinte xeito:
No rexistro de entrada do Concello de Muros (Casa do Concello) segundo o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A través da sede electrónica do Concello de Muros: sede.muros.gal
O formulario de solicitude poderá descargarse dapáxina web, ou directamente da sede electrónica, sede.muros.gal.
A persoa solicitante só poderá participar nunha quenda (pavillón de Miraflores ou pavillón Xosé Lago) e cada unha destas quendas contará cun máximo de 6 alumnos/as.
Terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Muros. No caso de que non se completaran as prazas, estas poderán ser ocupadas por persoas non empadroadas no Concello de Muros. Unha medida excepcional e provisional para paliar as consecuencias ocasionadas pola COVID-19, de forma que se poida garantir o dereito da veciñanza, previsto no artigo 18 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, de utilización dos servicios públicos municipais.
A adxudicación pode ser:
Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles en cada quenda.
Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.
Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha das quendas.
As quendas e idades establécense do seguinte xeito:
Nados/as nos anos anteriores ao 2004
Período: de novembro a maio
Quendas en Esteiro:
Martes de 19:00 h a 19:45 h e xoves de 20:00 h a 20:45 h
Martes de 20:00 h a 20:45 h e xoves de 19:00 h a 19:45 h
Mércores de 19:00 h a 19:45 h e venres de 19:45 h a 20:30 h
Mércores de 20:00 h a 20:45 h e venres de 18:45 h a 19:30 h
Quendas en Muros:
Luns de 18:00 h a 18:45 h e xoves de 19:00 h a 19:45 h
Luns de 19:00 h a 19:45 h e xoves de 18:00 h a 18:45 h
Martes de 18:00 h a 18:45 h e venres de 19:00 h a 19:45 h
Martes de 19:00 h a 19:45 h e venres de 18:00 h a 18:45 h
Procuraranse novas quendas alternativas en función da lista de reservas. Os horarios e a composición dos grupos poderán ser modificados en función doutras demandas, das novas normas sanitarias e doutras actividades no pavillón.
O Concello de Muros pon en coñecemento da cidadanía que o próximo martes 3 de novembro con motivo do celebración da 13ª etapa de LA VUELTA 2020 Muros – Miradoiro do Ézaro de ciclismo,
FAGO SABER:
PROHIBIDO O ESTACIONAMENTO
Zona vermella Dende: ás 20.00 h do sábado 31 de outubro Ata: ás 20.00 h do martes 3 de novembro Zona: porto de Muros
Zona laranxa Dende: ás 20.00 h do luns 1 de novembro Ata: ás 20.00 h do martes 3 de novembro Zona: estrada Miraflores, rúa Alameda, rúa Real, avenida Castelao, rúa Cabo, campo da Lúa… (ver mapa)
Agradecerlles a súa comprensión e a súa colaboración, así como, sinalarlles que na medida do posible organicen o aparcamento dos seus vehículos nos lugares habilitados (achégase plano) para minimizar as incidencias.
Muros, 27 de outubro de 2020 A alcaldesa Inés Monteagudo Romero
Infórmase á veciñanza que o vindeiro martes 3 de novembro con motivo da celebración da 13ª etapa de VUELTA A ESPAÑA 2020 Muros – Miradoiro do Ézaro de ciclismo a estrada comarcal AC 550 permanecerá cortada ao tráfico.
Día: martes, 3 de novembro de 2020 Estrada cortada: AC550 a partir do punto quilométrico 42,0 (rotonda da Tremenda) en dirección Cee. Hora do corte: dende ás 11.00 h ata as 18.00 h
Contarase con persoal da Policía Local, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico, GES Muros e Protección Civil que garantirá a seguridade tanto das persoas participantes na proba coma da veciñanza, polo que lle rogamos que atenda ás súas indicacións.
Agradecerlle a súa comprensión e a súa colaboración, así como, sinalarlle que na medida do posible organice o uso do seu vehículo para minimizar incidencias tanto para vostede como para o desenvolvemento da proba deportiva.
Muros, 20 de outubro de 2020
A alcaldesa Inés Monteagudo Romero
Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información
The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.