DEPORTES | Campaña da Neve da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña ven de ofertar a Campaña da Neve 2023, un programa que xa se ven desenvolvendo dende fai varios anos. O Concello de Muros conta con 6 prazas para participar nel.

  • Lugar: Valgrande – Pajares (Asturias)
  • Participantes: Nenos e nenas de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2022
  • Cota: 85,00 € (transporte incluído)
  • Data: Do 27/01/2023 ao 30/01/2023 (3ª quenda)
  • Prazo de solicitude: Ata o 14/12/2022
  • Información e inscrición: Oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros (981 762 294)

https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-da-neve-2023

Cartel | Tríptico


DEPORTES | Resolución provisional de subvencións a entidades e clubs deportivos

Concesión provisional en réxime de concorrencia competitiva de subvencións dirixidas  a entidade e clubs deportivos do Concello de Muros sen ánimo de lucro con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico, e a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades de fomento da actividade física para o ano 2022.


DEPORTES | II Nada e Corre – Concello de Muros

Están abertas as inscricións para II Nada e Corre Concello de Muros que terá lugar o 26 de novembro de 2022.

Datos básicos


DEPORTES | Prazas vacantes escolas deportivas municipais 2022/23

PRAZAS VACANTES ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2022/23

O número de prazas vacantes para as Escolas Deportivas municipais para o curso 2022/23 que se ofertan no período de “Prazas vacantes: Do 10 ao 15 de outubro” é o seguinte:

Pavillón de Miraflores (Muros)Grupo/quendaNº prazas libres
Actividades predeportivas20184
Actividades predeportivas20170
Baloncesto2016 e 20154
Baloncesto2014, 2013 e 20123
Patinaxe2018 e non iniciadas0
Patinaxe2017, 2016, 2015 e 20141
Patinaxe2013, 2012, 2011 e 20104
Fútbol sala20163
Fútbol sala20150
Fútbol sala2014 e 20133
Fútbol sala2012 e 20113
Iniciación ao xadrezTodos os grupos0
Ximnasia de mantementoLuns6
Ximnasia de mantementoXoves6
Pavillón de Xosé Lago (Esteiro)Grupo/quendaNº prazas libres
Bádminton Sen límite
Baloncesto Sen límite
Patinaxe2018 e non iniciadas4
Patinaxe2017, 2016 e 20152
Patinaxe2014, 2013, 2012 e 20112
Ximnasia de mantemento/bodytónic Sen límite
LouroGrupo/quendaNº prazas libres
Ximnasia de mantemento 5

A inscrición daquelas Escolas Deportivas municipais con límite de prazas realizarase de xeito presencial e por orde de inscrición nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h.


SERVIZOS SOCIAIS | Marcha Nórdica, Pack de aprendizaxe

MARCHA NÓRDICA | PACK DE APRENDIZAXE

Ao practicar MN os bastóns son a referencia pola cal camiñaremos de maneira que a nosa columna estea aliñada e activando a musculatura correspondente sen estrés e con baixo impacto.
Camiñando cos bastóns de MN estamos a implicar practicamente á totalidade do corpo. Moito máis que camiñar! Actividade física máis completa que camiñar!
Practícase habitualmente ao aire libre e na contorna natural, un medio propicio para eliminar o estrés. A técnica solicítanos a nosa atención, ideal para esquecerse das preocupacións do día a día.

MUROS
1 | OUTUBRO | 10.30 H
8 | OUTUBRO | 17.30 H

Facilitaranse os bastóns | Prazas limitadas
Inscricións ata o 23 de setembro
Oficinas de Servizos Sociais | Tfno 981 762 465


DEPORTES | Subvencións a clubs deportivos e entidades sen ánimo de lucro; e, bolsas para deportistas | 2022

Convocatoria específica para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a clubs deportivos do Concello de Muros, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico, e a entidades, sen ánimo de lucro para a realización de actividades de fomento da actividade física.

Convocatoria: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/08/22/2022_0000005108.html

Prazo de presentación: ata o 22/09/2022


Convocatoria específica para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de bolsas para deportistas do Concello de Muros para o ano 2022

Convocatoria: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/08/22/2022_0000005107.html

Prazo de presentación: ata o 03/10/2022


DEPORTES | Escolas deportivas municipais 2022/23

O próximo 1 de agosto abrirase o período de preinscrición nas escolas deportivas municipais para o curso 2022/23.

Prazo de preinscrición: Do 1 de agosto ata as 14.00 h do 19 de agosto

Formulario de presincrición: https://forms.gle/ET65WxhexEmDuUD18

Toda información e bases reguladoras: https://sede.muros.gal/opencms/export/sites/muros/recursos/downloads/Tablon/2022/ANUNCIO_PROG_20220722103032558_ANEXO_1658478632-0.pdf


DEPORTES | Programa de actividades deportivas para o verán

ACTIVIDADES DEPORTIVAS VERÁN 2022 | Folleto

CAMPAMENTOS

Campamentos Muros Concilia Verán
Lugar: Muros e Esteiro
Meses de xullo e agosto

Campamentos de Verán
Lugar: Muros e Esteiro
Meses de xullo e agosto

Información: 981 762 411 / 981 762 294


CAMPUS DE FÚTBOL

Campus SCRD Esteirana
Data: do 27 de xuño ao 16 de xullo
Lugar: Xosé Luís Vara (Muros)
Información: 698 167 349

Campus ED Miúdos
Data: do 18 de xullo ao 22 de agosto
Lugar: Eleuterio Balayo (Muros)
Información: 656 888 008

Campus Xacobeos SD Compostela
Sede Louro
Data: do 11 ao 15 de xullo
Lugar: Agra da Filgueira (Louro)
Información: www.sdcompostela.com
Sede Esteiro
Data: do 18 ao 22 de xullo
Lugar: Xosé Luís Vara (Esteiro)
Información: www.sdcompostela.com


PISCINA MUNICIPAL DE MUROS

Actividades na auga
Cursos de natación infantil e de persoas adultas de iniciación e perfeccionamento

Actividades en seco
Ioga, tonificación, pilates, interval training, cicloindoor virtual, adestra- mento funcional, HIIT e dance kids

Información: 981 826 966

Horario de luns a venres: de 8.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 23.00 h
Horario sábados: de 8.00 h a 14.00 h


ESCOLA DE REMO DE VERÁN ESTEIRANA

Escola de remo para nenas/os
Lugar: Agrocovo (Esteiro)
Información: 606 811 045


INICIACIÓN AO TRÍATLON

Iniciación ao tríatlon para nenos/as (9, 16, 23 e 30 de xullo)
Lugar: Praia do Castelo
Organiza: CC Muros


DEPORTES NÁUTICOS

O Chivo
Lugar: Muros e Esteiro
Información: 677 922 902

Abel Lago Watersports
Lugar: Louro
Información: 608 905 271


PROBAS DEPORTIVAS

14/08/2022
Campionato de pesca
Lugar: Esteiro
Organiza: Os Salta Rejos

20/08/2022
VI Bandeira de traiñeiras Muros de San Pedro
Lugar: porto de Muros
Organiza: CR Muros

27/08/2022
Travesía a nado Illa da Creba
Lugar: porto de Esteiro
Organiza: Os Salta Rejos

03/09/2022
II Camiño a Santiago en bicicleta
Lugar: Muros – Santiago
Organiza: Asociación Muros Auga e Sal

10/09/2022
Día da bici en Esteiro
Lugar: Esteiro
Organiza: Os Salta Rejos

11/09/2022
IX Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros
Lugar: porto de Muros
Organiza: Concello de Muros


USO PAVILLÓNS MUNICIPAIS E PISTA DE PÁDEL

Pavillón de Miraflores (Muros)
Información: 981 762 257

Pavillón Xosé Lago (Esteiro)
Información

Pista de pádel
Información: 981 826 966


AXUDAS | Concesión provisional das axudas en materia deportiva para o ano 2021

  • Anuncio da concesión provisional en réxime de concorrencia competitiva de subvencións dirixidas a clubs deportivos do Concello de Muros sen ánimo de lucro con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico, e a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades de fomento da actividade física para o ano 2021.
    – Enlace: http://ow.ly/jyWP50Hb6us

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close