TEATRO-CIRCO E MÚSICA | Sábado 19 de novembro representación do espectáculo “DIVERTIMENTO”, no Centro Cultural de Muros

Día e hora: sábado 19 de novembro, 18:00 h.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro-circo e música – N + 1 E CUARTETO ALICERCE – “Divertimento”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

O Concello de Muros segue coa celebración do Día da Música; e programa para o vindeiro sábado, día 19, o espectáculo destinado a tódolos públicos “Divertimento”, da compañía de teatro circo danza N + 1 e o Cuarteto de corda ALICERCE.

Divertimento achégase ao público familiar dende a música clásica, o humor e a creatividade para nos adentrar na senda da cultura e das artes como vías cara á diversión e o lecer de calidade.
Espectáculo sen palabras no que a música de Mozart condúcenos en clave de clown polas relacións humanas, poñendo en valor as diferencias como unha oportunidade para medrar dende o grupo.
Un cuarteto de corda acepta un novo membro para unha representación sen saber que o invitado non posúe as mesmas cualidades e calidades como intérprete. O que nun principio provoca rexeitamento e xuízo de cara ao novo compoñente, muda en empatía e transixencia, acompañándoo nas súas penurias para que a relación evolucione cara a tolerancia, a aceptación e favoreza a comunicación, xerando unha nova armonía e permitíndolles rir dos protocolos arcaicos e da aparente excelencia que rodea á música clásica.
O traballo de teatro circo neste espectáculo corre a cargo de Alfredo Pérez Muíño, quen alén do seu traballo en solitario, que comeza no ano 2004, participa en numerosos proxectos con compañías galegas, nacionais e internacionais en condición de clown, bailarín, actor e director, sendo un dos creadores da compañía N + 1; mais o que caracteriza a este intérprete e o diferencia dun xeito notable é a multidisciplinariedade que o define.

O espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas, con un prezo de 3,50 €, deben de ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura, Mayka González, anima a todo o público familiar da veciñanza a reservar a súa entrada, segura de que gozarán desta proposta; e anuncia que a celebración do Día da Música concluirá con un concerto da ESMU de Muros, o mesmo día de Santa Cecilia.


TEATRO MUSICAL | A ópera galega “PAPAGENA” no Centro Cultural de Muros, o sábado 12 de novembro

MUROS CELEBRA O DÍA DA MÚSICA CON DOUS ESPECTÁCULOS DE TEATRO MUSICAL “PAPAGENA”, PARA PÚBLICO ADULTO, O SÁBADO 12 DE NOVEMBRO, E “DIVERTIMENTOS”, PARA PÚBLICO FAMILIAR

Día e hora: sábado 12 de novembro, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Ópera – ButacaZero – “Papagena”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

O sábado 12 de novembro, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros o espectáculo, “Papagena”, unha ópera contemporánea de Iago Hermo

Papagena é unha ópera electrónica nacida a partir da figura da personaxe homónima daFrauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción para analizar e re-escribir esta personaxe dende unha mirada actual e en base a dun dos maiores procesos de avance político-social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo.

Unha soprano (Esperanza Mara), un barítono (Jacobo Rubianes Castelo), e un músico en escena (o propio compositor da ópera, Iago Hermo) serán os piares desta peza deseñada para chegar tanto aos grandes teatros como a aqueles espazos e vilas onde a ópera, quizais, nunca chegou.

E por suposto, en galego.

O elenco está formado pola SOPRANO, Esperanza Mara (Papagena), o BARÍTONO, Jacobo Rubianes Castelo (Papageno) e Iago Hermo, ao que corresponde ademais a música, libreto e dirección musical; a dirección artística  corre a cargo de Castiñeira & Carrodeguas

ButacaZero é a plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, que propón un teatro que dialoga directamente co mundo actual: un teatro necesario. A investigación e a reflexión dende un ollar crítico e irónico son as claves que definen as suas propostas que se concretan en dramaturxias feitas á medida nas que a tradición teatral se mestura coas posibilidades que ofrece a linguaxe audiovisual en escena. Sempre ofertando propostas diferentes e reflexivas que teñen como unha das súas máximas entreter ao mesmo tempo

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, declara que durante a semana do 12 ao 19 de novembro o goberno municipal quixo favorecer a celebración do día da música coa programación de dous espectáculos de teatro musical, este sábado, día 12, a ópera Papagena para público adulto e o sábado 19 “Divertimentos”, un espectáculo para público familiar que combina a música co novo circo; e anima a tódolos muradáns a participar nesta celebración, segura de que gozarán con ámbalas dúas propostas.


TEATRO | “Conexión Pingüín”, o sábado 29 de outubro, no Centro Cultural de Muros

SÁBADO 29 DE OUTUBRO REPRESENTACIÓN DO ESPECTÁCULO “CONEXIÓN PINGÜÍN”, NO CENTRO CULTURAL DE MUROS

📅 Sábado, 29 de outubro ás 21.00 h
🏟️ Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
🎫 Entrada: 3,50 €
💻 Reservas: https://forms.gle/MLMSVkGxbjU4tDE77

Unha reflexión cómica, en dous tempos, a dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte, mamá non se enteira, cordas enredadas, un mapa, un compás, un GPS, … 

Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo…  Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas. 

A trama desta montaxe ten dous planos aparentemente distantes na época, na latitude e no contexto, mais conectados pola liña condutora deste divertido texto. Por un lado, os nosos dous protagonistas trasladarán ao público ao ano 1923, cando tivo lugar unha famosa expedición con rumbo ao polo sur magnético. Dous intrépidos montañeiros, con falta de sentido común e exceso de ego, terán que loitar contra as inclemencias polares, a falta de escoita, o despiste mortal e as súas propias barbas, que non paran de medrar. E por outro lado, unha conferencia formal que, case un século despois, rememora e actualiza aquela  fazaña antártica. 

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin https://forms.gle/MLMSVkGxbjU4tDE77


TEATRO | “GÜELA – GÜELA”, o sábado 22 de outubro, no Centro Cultural de Muros

SÁBADO 22 DE OUTUBRO REPRESENTACIÓN DO ESPECTÁCULO “GÜELA – GÜELA”, NO CENTRO CULTURAL DE MUROS

Día e hora: sábado 22 de outubro, 18:00 h.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – GALITOON – “Güela – Güela”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

Baseada na obra “Concerto de aves” de Frans Snyders, por solicitude do Museo Nacional do Prado e no marco das actividades dirixidas a público familiar e infantil que visita o museo, “Güela – Güela” é un espectáculo que podemos clasificar como teatro musical de luz, creado pola compañía galega Galitoon, a única da nosa comunidade que tivo este privilexio, e coa que este sábado poderemos gozar en Muros.

“Güela – Güela”, dirixida en especial ao público de 1 a 6 anos, é un espectáculo de gran plasticidade, moi visual e cargado de emocións e música que fará as delicias tanto dos pequenos e pequenas coma dos seus proxenitores.

A misión das cegoñas foi dende sempre levar aos bebés recentemente nacidos coa súa mamá e o seu papá, por iso teñen un peteiro grande e forte e unhas ás poderosas que lle permiten voar grandes distancias, e voan sempre en grupo, para protexerse; pero Güilly aínda é pequena e non tén o peteiro e as ás fortes dabondo, mais a ela non llo parece e devece por levar o seu primeiro atadiño, pero a comunidade de cegoñas adultas di que ten que agardar, mais un día, non se sabe como nin por que, as cegoñas adultas esqueceron un atadiño cun bebé moi particular…Unha sinxela trama, unha sinxela aventura pero que manterá ao público pegado ao seu asento de principio a fin. O movemento, o ritmo, a música e a presenza dos personaxes nun contexto concreto: o voo dos paxaros no aire.

Galitoon é unha empresa galega de televisión, teatro e espectáculos, que fusiona técnicas e medios nunha constante experimentación. Dos seus traballos en televisión destaca O Galo Cecilio de Supermartes, as vacas Pìnta e Marela de Luar ou o programa Cousiñas, en teatro xa é unha vella coñecida do público muradán, onde representou, entre outros, o seu premiado espectáculo Golulá.

O espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas, con un prezo de 2,50 €, deben de ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura, Mayka González, anima a todo o público familiar da veciñanza a reservar a súa entrada, segura de que gozarán desta proposta.


TEATRO | “OS NENOS DA VARIOLA”, o sábado 15 de outubro, estrea a tempada teatral do Centro Cultural de Muros

O sábado 15 de outubro, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros a compañía Pérez & Fernández, co seu espectáculo, “Os Nenos da Variola”, que da comezo á tempada teatral deste espazo.

Día e hora: sábado 15 de outubro, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Pérez & Fernández – “Os Nenos da Variola”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

Un espectáculo Baseado na novela homónima de María Solar, no elenco Manu Fernández, Victoria Pérez, Xosé Leis e Isabel Risco; e con dous prestixiosos premios no seu haber, o III Premio Luísa Villalta á igualdade da Deputación da Coruña e un XXV Premios de Teatro María Casares, os dous en 2021.

O 30 de novembro de 1803 a “Real Expedición Filantrópica da Vacina” parte dende o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade. Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego presenta a adaptación á escena da novela de María Solar “Os Nenos da Varíola”. Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filántropica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida converteuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal.

As actrices Victoria Pérez e Isabel Risco e os actores Manu Fernández e Xose Leis interpretan á ducia de personaxes que protagonizan esta historia: as monxas da Casa de Expósitos, os doutores Balmis e Posse Roybanes, os nenos protagonistas da ficción de María Solar, e a muller que finalmente fixo posible que esta Real Expedición Filantrópica se fixera realidade, Isabel Zendal.

En moi poucas ocasións se pode dicir con maior acerto que a realidade supera á ficción. Calquera creador de historias soñaría con imaxinar unha trama tan redonda e poderosa coma esta epopea que ocorreu en Galicia, e que salvou ao mundo enteiro dende o porto da Coruña.

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin https://forms.gle/neJT3BmSP2SqpuME9.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a tódolos muradáns a gozar con esta excepcional sesión de teatro, apta para tódolos públicos, mais en Muros quixemos programala en horario de adultos, debido aos seus fondos contidos; aproveitando para anunciar que nas dúas semanas vindeiras, tamén en sábado, poderemos deleitarnos no mesmo espazo cos espectáculos “Güela, güela”, de Galitoon, para público familiar, o sábado 22, e “Conexión Pingüín”, para público adulto, o sábado 29.


CULTURA | Aberto o prazo de solicitude de subvencións do Concello de Muros, en concorrencia competitiva, dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no ano 2022

CONVOCATORIA DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS NO ANO 2022

1. Bases xerais reguladoras

As bases reguladoras da concesión destas subvencións están publicadas no BOP número 138, de 23 de xullo de 2019,

2. Créditos orzamentarios aos que se imputa e Contía

O Concello de Muros poderá conceder subvencións de ata un máximo de 1.500,00 € por proxecto. A contía de todas as axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria sumará un máximo de 11000,00 €, con cargo á partida orzamentaria 22/334.48000, correspondente á anualidade 2022. Os importes dos créditos poderán ser obxecto de modificación, condicionados ás dispoñibilidades orzamentarias neste exercicio.

3. Finalidade e Obxecto

A finalidade e obxecto desta convocatoria será o definido no artigo 1 das Bases xerais e en particular: contribuír ao desenvolvemento de programas e actividades culturais concretas no concello de Muros, en particular aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúan ao espallamento da cultura galega.

De acordo coa lexislación vixente en materia de igualdade e de protección contra a violencia de xénero, non é subvencionable ningunha actividade ou actuación que inclúa contidos ou publicidade sexista e que se poidan considerar discriminatorias, vexatorias ou que inciten á desigualdade ou violencia.

4. Beneficiarios, condicións e gasto subvencionables.

Serán beneficiarias as entidades que cumpran o estipulado nos artigos 14 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia, e que reúnan os requisitos e as condicións contempladas no artigo 2 e 3. das Bases xerais.

Serán gastos subvencionables ou non subvencionables aqueles que se recollen no artigo 1. das Bases xerais, conforme co estipulado nos artigos 31 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións e 29 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia

+ INFO: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/09/02/2022_0000005391.pdf

DESCARGAR IMPRESOS


ACTIVIDADES CULTURAIS | AGOSTO 2022

ACTIVIDADES CULTURAIS
CONCELLO DE MUROS
AGOSTO 2022

Martes 2, 22:00 h.
San Francisco – Louro
CINE
“Onward”
Rede Cultural Deputación

Mércores 10, 22:00 h.
Praza do Mercado – Muros
CINE
“Valentina”
Rede Cultural Deputación

Xoves 11, 21:30 h.
O Artón – Esteiro
CINE
“Cuñados”
Rede Cultural Deputación

Venres 12, 18:00 h.
San Francisco – Louro
MAXIA
GALICIA ILUSIONA. MAXIA DE RÚA

Xoves 18, 22:00 h.
O Artón – Esteiro
CINE
“Los Croods 2 : Una nueva era”
Adiada do día 4 por un problema técnico.
Rede Cultural Deputación

Venres 19, 21:30 h.
Praza do Mercado – Muros
TEATRO DE RÚA
QUINQUILLÁNS “Terra de Raíñas”
Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia da Deputación da Coruña

Venres 26
Muros
TEATRO DE RÚA
CATROPÉS “Animacreques”
Rede Cultural Deputación

EXPOSICIÓNS:
Centro de I.P.M de Sel
“Pepa Sestayo. Exposición – Homenaje”
“Los Colores del Agua”, de Luis Cámara e Fuencis Iborra
“Personaxes”, de Ramón Fdez. Verán

Muíño de marea do Pozo do Cachón
“Muros y su entorno”, pinturas de Alfredo Utrilla

Mercado de Muros
“Nós somos Elas”
Área de Igualdade da Excma. Deputación Provincial da Coruña

XVII XORNADAS DE CULTURA MARIÑEIRA MUROS MIRA AO MAR – 8, 9 e 10 | XULLO | 2022

PROGRAMACIÓN | FOLLETO PAX. 1 PAX. 2

VENRES, 8 DE XULLO
11.00 h Apertura do Mercado e exposicións
11.15 h Pasacalles grupo Longarela
11.30 h Obradoiro infantil Nécora comellona
11.45 h Visita guiada Conxunto histórico
12.00 h Inauguración da Mostra Mariñeira en terra “Muros Porto Xacobeo. Embarcacións Tradicionais”
12.30 h Visita guiada ás embarcacións tradicionais
12.45 h Animación teatral: CATROPÉS, “Animacreques”
13.00 h Navegación Inaugural polas enseadas de Muros e Abelleira
13.30 h Mostra de traballos artesanais
18.00 h Apertura do Mercado, obradoiros e exposicións
18.15 h Visita guiada “A vida no areal”
18.30 h Animación teatral: CATROPÉS, “Animacreques”
18.45 h Mostra de traballos artesanais
19.00 h Pasacalles grupo Xeitura
19.30 h INAUGURACIÓN OFICIAL DAS XORNADAS
E IZADA DE VELAS FRONTE Á FÁBRICA DE SEL
20.00 h Charla “Embarcacións Tradicionais”
20.30 h Concurso de Pinchos tradicionais. Ximiela
21.00 h Concurso de Escabeche. Castelo Rock
21.30 h Actuación CUARTETO DE VOCES XIMIELA
22.15 h Actuación CORO TRADICIONAL XIMIELA
22.30 h Actuación JUAN DO TRACTOR, TOTORA TAS-K
23:00 h Concerto: FRANSY, DAVIDE, CIBRÁN
23.30 h Concerto PABLO BALSEIRO, Castelo Rock
23.45 h FOLIADA ABERTA, Ximiela
24.00 h CONXURO DA QUEIMADA, Club de Remo Muros

SÁBADO, 9 DE XULLO
07:00 h Concurso de pesca de lecer
11.00 h Apertura do Mercado e exposicións
11.15 h Pasacalles grupo Faltriqueira
11.30 h Obradoiro infantil Futbolín Mariño
11.45 h Visita guiada Conxunto histórico
12.00 h Visita guiada ás embarcacións tradicionais
12.10 h Chegada embarcacións e pesada Concurso de pesca, rampla da praia do Castelo
12.15 h Desfile e Actuacións musicais: G. F. PRAU LLERÓN DE MIERES (Asturias), GRUPO SANTAIA DE OLEIROS e AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA XIMIELA
12.30 h Navegación Tradicional. Proa a Louro
12.45 h Animación musical SOMDOLILÁ
13.00 h Presentación “Nova Ardentía. Nº 14”
13.15 h I Concurso “Empanada Mariñeira Muros Mira Ao Mar”, TOTORA TAS-K
13.30 h Mostra de traballos artesanais
13.45 h Concurso de Tortilla Castelo Rock
18.00 h Apertura do Mercado, obradoiros e exposicións
18.15 h Visita guiada “A vida no areal”
18.30 h Animación infantil: MOC MOC, “MeRe-cidamente”
18.45 h Mostra de traballos artesanais
19.00 h Presentación: CANDO ARDE O MAR- SABERES COMPARTIDOS. Proxecto Ardora
19.15 h Actuación: DIÁSPORA TEATRO “O Peirao”
19:30 h Pasacalles grupo Agrocovo
19.45 h Foliada con BRANDÁN LOURENZO Club Remo Muros
20.00 h Visita guiada ás embarcacións tradicionais
20.15 h Teatro-danza: PAPORRUBIO: Danza dos Paxaros
20.30 h Actuación musical Grupo A REVOLTA, As Aghieiras
21.00 h Animación musical SOMDOLILÁ
21.15 h Concurso “Tortilla Romana e Doces Tradicionais”, E.D. Os Miúdos
21.45 h Teatro de rúa: AQUELANDO TEATRO “As Embarcacións Tradicionais”
22.00 h. Entrega premios CAMPIONATO REMO-ERGÓMETRO, Club Remo Muros
22.15 h FOLIADÓN MARIÑEIRO con G. S.R.CALO, G. AXIO MOURO, P. DO TREMUZO, G.F. MIERES e A.F. XIMIELA
22.30 h Actuación DANI CASCARILLA, TOTORA TAS-K
23:00 h Concerto: XISCO FEIJÓO “Peixe”
23.30 h Concerto PABLO BALSEIRO
24.00 h CONXURO DA QUEIMADA, Club Remo Muros

DOMINGO, 10 DE XULLO
10.00 h Visita guiada “A vida no areal”
11.00 h Apertura do Mercado e exposicións
11.30 h Obradoiro infantil Pesca peixe
11.45 h Visita guiada Conxunto histórico
12.00 h Visita guiada ás embarcacións tradicionais
12.15 h FOLIADIÑA MIÚDA, A.F. Ximiela
12.30 h Navegación Tradicional pola abra de Muros
12.45 h Animación musical: TRÍO DETRÉS “Máis ritmo”
13.00 h Charla. “A mariña mercante muradá”
13.15 h ORFEÓN RÍA DE MUROS nas prazas
13.30 h Mostra de traballos artesanais
17.30 h Navegación Tradicional libre
18.00 h Apertura do Mercado obradoiros e exposicións
18.15 h Actuación RILO & PENADIQUE “Asdomare”
18.30 h Mostra de traballos artesanais
18.45 h Show Cooking de José Senande: Pinto curado, Pista da Xesta, TOTORA TAS-K
19.00 h Entrega de premios CONCURSO PESCA DE LECER
19.15 h Actuación musical OS MICHOS
20.00 h Concerto. BELLÓN MACEIRAS E MAMÁ CABRA “A Música das Buguinas”

TEATRO E ANIMACIÓN

Venres
Itinerante. 12.45 h. e 18.30 h. CATROPÉS “Animacreques”
Praza Pescadería 24.00 h. CONXURO DA QUEIMADA, na Tasca do C. R. Muros
Sábado
Itinerante 12.45 h. e 21.00 h Animación musical SOMDOLILÁ
Varadoiro (parque) 18.30 h. MOC MOC “MeRe-cidamente”.
Praza do Mercado 19.15 h. DIÁSPORA TEATRO “O Peirao”
Itinerante. 20.15 h. Teatro-Danza: PAPORRUBIO “A Danza dos Paxaros”
Praza do Viñal 21.45 h. AQUELANDO TEATRO “As Embarcacións Tradicionais”
Praza Pescadería 24.00 h. CONXURO DA QUEIMADA, na Tasca do C. R. Muros
Domingo
Itinerante 12.45 h. Animación musical: TRÍO DETRÉS “Máis ritmo”
Praza do Mercado 18.15 h. Actuación RILO & PENADIQUE “Asdomare”

OBRADOIROS. Horarios de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 h.

No Peirao, Mariña Seca //
Obradoiros de Oficios Mariñeiros
Na praza do Cristo //
Cerámica | Cestería
Na rúa Real //
Bordado e Encaixe de agulla
Na praza da Pescadería //
Estrobos de esparto, Club de Remo Muros
Na praza do Mercado //
Obradoiros infantís: de 11.30 a 13.30 h.
Venres: “Nécora comellona” (creación de xoguete atinar a bola).
Sábado: “Futbolín Mariño”.
Domingo: Pesca peixe (creación xoguete de encestar)
Na avda. Castelao //
“Amigos da pintura” | “Artesanía con cunchas”

MÚSICA AO VIVO

Pasacalles de grupos:
Agrocovo, Faltriqueira, Longarela, Xeitura, Ximiela, Orfeón Ría de Muros
Actuacións Pista da Xesta
Venres: 22.30 h. Juan do Tractor
Sábado: 22.30 h. Dani Cascarilla
Actuacións praza do Mercado
Venres: 23.30 h. Pablo Balseiro
Sábado: 23.30 h. Pablo Balseiro
Domingo: 19.15 h. Os Michos
Actuacións praza da Pescadería
Sábado: 19.45 h. Foliada con BRANDÁN LOURENZO C. R. Muros
Actuacións Rúa Ancha
Venres:
21.30 h. Cuarteto de Voces XIMIELA
22.15 h. Coro Tradicional XIMIELA
23.45 h. FOLIADA ABERTA XIMIELA

Sábado:
20.30 h. Grupo A REVOLTA, As Aghieiras
22.15 h. FOLIADÓN MARIÑEIRO, G.S.R. Calo, G. Axio Mouro, P. do Tremuzo, G.F. Mieres, Ximiela.
Domingo:
12.15 h. FOLIADIÑA MIUDA XIMIELA
Concertos (Curro da praza)
Venres:
23.00 h. FRANSY, DAVIDE, CIBRÁN
Sábado:
12.15 h. G. F. PRAU LLERÓN DE MIERES, grupo SANTAIA e A.F. XIMIELA
23.00 h. XISCO FEIJÓO. “Peixe”
Domingo:
20.00 h. BELLÓN MACEIRA E MAMÁ CABRA “A Música das Buguinas”

EXPOSICIÓNS. Horario 11.00 a 13.00 e 18.00 a 21.00 h.

En Sel //
“Un Mar de Historias” | “A Muller, Os Oficios do Mar e o Camiño”. | “Carpintería de ribeira e canoa muradana” | “Fasquías doutrora, singraduras do futuro”, CULTURMAR/ Mar de Muros. | “Fasquías 3D”, CULTURMAR/ Mar de Muros | “No Centro do Mar”, fotografías de Eduardo Rivo | “Artcycling co lixo mariño” Confraría pescadores e Asociación Mar de Fábula. | “Poemario Muros e o mar”, de Marcelino García Lariño. | “Secado e afumado do peixe” | “Concurso de carteis das XVII Xornada de cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar”

No Pozo do Cachón //
“Fotografías Co-Obradoiro Galego”, de Paula Camiña | “Muros na Idade de Bronce”
No Porto //
“MARIÑA SECA” Mostra de Embarcacións Tradicionais, CULTURMAR/ Mar de Muros
No Casco Histórico //
“PROA AO VENTO”, de Fernando Rey
No Mercado //
“ESCULTURAS O MUNDO DO MAR”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close