TEATRO | Redrum Teatro “Un home con lentes de pasta”, 28 de outubro ás 20.30

Redrum Teatro “Un home con lentes de pasta”
| 📆Sábado, 28 de outubro ás 20.30
| 🏟️Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
| 🎫Entrada: 3,50 €
| 💻Reservas: https://buff.ly/3Q79I2M

SINOPSE: 

Sheyla acaba de ser abandonada pola súa parella. Laura e Fer quérena animar para que aproveite a oportunidade e faga realidade os desexos que aparcara: escribir. Traerán a cear a Guillerme. El é o poeta capaz de namorar a calquera cuns breves versos. Pero a Guillerme non lle van satisfacer as conversas banais nin os frívolos momentos de distensión. Guillerme desexa algo máis. Sheyla, Laura e Fer son máis fráxiles do que cren, as súas vidas penden dun fío, afóganse na dúbida, algo que Guillerme non vai desaproveitar.


Horarios dos Obradoiros Culturais Municipais para o curso 2023/24.

Horarios dos Obradoiros Culturais Municipais para o curso 2023/24.

Prazo de matrícula: do 18 ao 24 de outubro
Cota: 25,00 € por obradoiro cultural
Concepto: Nome do/a alumno/a + Obradoiro cultural
Comezo das actividades: a partir do luns 30/10/2023 o día da semana que lle corresponda*

* O obradoiro de bordado sufrirá un retraso no seu comezo.


PROGRAMACIÓN DO 2º SEMESTRE | 2023 – Auditorio Centro Cultural e Xuvenil de Muros

| Auditorio Centro Cultural e Xuvenil de Muros
| PROGRAMACIÓN | 2º SEMESTRE | 2023
| Outubro | Novembro | Decembro

OUTUBRO

SÁBADO 7 | 20.30 h
Ibuprofeno Teatro
Deadpan Karaoke
Teatro: público adulto

LUNS 9 | 16.00 h
Carlos Lorenzo
Cardoña. Fotos a 7 pesetas
Cine documental

SÁBADO 21 | 18.00 h
Pérez&Fernández
Nainai da China
Teatro: público infantil

SÁBADO 28 | 20.30 h
Redrum Teatro
Un home con lentes de pasta
Teatro: público adulto

NOVEMBRO

SÁBADO 4 | 18.00 h
Galitoon
The Show Moscón
Teatro: público infantil

VENRES 10 | 20.15 h
Federico Rioboó
Obradoiro de nen@s: A vella praza do chuvasco
Curtametraxe
O médico dos pobres
Cine documental

SÁBADO 11 | 18.00 h
Oviravai
Paio e poder da música
Música: público infantil

SÁBADO 18 | 20.30 h
Contraproducións SL
Entrega en Man
Teatro: público adulto

DECEMBRO

SÁBADO 2 | 20.30 h
Trotaconventos Teatro
A orquestra dos paxaros
Teatro: público adulto

DOMINGO 3 | 17.30 h
Os Bolechas
Visitan unha galeria de arte
Teatro: público infantil

SÁBADO 9 | 18.00 h
Xoán Curiel e Charo Pita
Canta miña pedra, canta
Música: público infantil

SÁBADO 16 | 18.00 h
Moc Moc
O axudante de Papá Noel
Teatro: público infantil

MÉRCORES 27 | 18.00 h
Ghazafelhos
Travesía Unicornio
Teatro: público infantil

ENTRADAS E RESERVA ANTICIPADA
O prezo das entradas será de 3,50 € para as actuacións dirixidas ao público adulto e de 2,50 € as dirixidas ao público infantil.
A reserva de entradas poderase realizar o luns anterior a cada data de actuación no formulario habilitado na páxina www.muros.gal.


O CENTRO CULTURAL DE MUROS ACOLLE ESTE SÁBADO, 7 DE OUTUBRO, A RECÉN ESTREADA “DEADPAN KARAOKE”, DE IBUPROFENO

"DEADPAN KARAOKE” DE IBUPROFENO

Día e hora: sábado 7 de outubro, 20:30 h.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros.
Actividade: Teatro – Ibuprofeno Teatro – “Deadpan Karaoke”.
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.

O sábado 7 de outubro, ás 20:30 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros o espectáculo, “Deadpan Karaoke”, un espectáculo teatral fora do corrente, que explora a comedia e os seus límites dende unha perspectiva de xénero, abordando o tema do amor nesta sociedade; e no que o público tén un papel protagonista.

Deadpan, que en inglés significa “cara morta, baleira de expresión, imperturbable”, Karaoke, do xaponés Kara (baleiro) e oke (orquestra).

Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, e que trata de dar resposta á pregunta: É posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos? Deadpan é un personaxe incapaz de sentir e expresar emoción. A través das súas accións e grazas á contextualización das mesmas dentro dun karaoke, consegue facer accesibles e divertidas para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.

A protagonista absoluta da peza é a actriz Marián Bañobre, que baixo a dirección de Patricia Rodríguez, da vida a un espectáculo moi participativo que transita do real ao onírico e combina artes coma a música, o cine, a danza e o audiovisual. Un espectáculo moi participativo. Hai moita actividade, pracenteira, na que o espectador se vai sentir cómodo, a gusto, e mesmo coa posibilidade de cantar.

A protagonista da peza emprende unha viaxe en busca do sentimento, dando vida a unha personaxe inexpresiva e ao seu alter ego, una vistosa muller de vermello que personifica todo o que aspira a ser. 

Ibuprofeno Teatro estreou ‘Deadpan Karaoke‘, a súa décima produción, o pasado sábado na Estrada. É a súa primeira montaxe cunha directora convidada, Patricia Rodríguez, que desenvolve a súa carreira entre Asturias e Londres. Marián Bañobre, a protagonista, recupera o seu papel de clown e preséntanos cuestións que dan que pensar, colocando ao espectador nun karaoke que transita do real ao onírico, do cine á vida a través da música e da sorpresa.

Esta función está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin https://buff.ly/3tbV8z7.

A concelleira de cultura de Muros, Caridad González, e todo o equipo de goberno, anima a todas as persoas de Muros a gozar con unha nova sesión de teatro, a primeira desta tempada. Nesta ocasión unha obra cómica, a vez que reflexiva e participativa; aproveitando para explicar que nesta tempada a programación de adultos se adiantará media hora sobre o que viña sendo habitual, pasando a ser o comezo dos espectáculos ás oito e media.


Exposición arte en  Muros,  FÁBRICA DE SEL | Setembro – Outubro de 2023

Lucet

Sábado, 16 de setembro, ás 18 horas, na sala de exposicións da Fábrica de Sel en Muros iniciarase a exposición colectiva de pintura  e fotografía, participan: Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, María del Carmen Valverde, Melania Gómez Barral, Julia San Martín del Barrio, Dolores Mato Gómez, Francisco Hervella Rodríguez e Salvador Galbán Dios.

Son artistas plásticos con estilo e técnica libres, a súa formación académica é variada, sendo algún dos artistas do grupo licenciado en Belas Artes e outros autodidactas que adquiriron coñecementos a través de talleres e academias. Posuíndo tamén, algún deles, un nutrido palmarés de premios en mostras e concursos de pintura, o que supón o recoñecemento á calidade da obra.

A exposición conta cunha nutrida representación da obra das artistas, acuarelas, óleos, debuxo, traballos en técnica mixta, e fotografía, na obra que se presenta aparecen motivos variados, aínda que predominan os motivos paisaxísticos, mariñeiros e urbanos de Galicia. A exposición manterase aberta ao público durante o período comprendido entre o 16 de setembro e o 14 de outubro de 2023.


CINE DE RÚA | MUROS 2023

Programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña
Concello de Muros

mércores, 2 de agosto, 22:00 h
San Francisco, Louro
“RAYA Y EL ÚLTIMO DRAGÓN”


xoves, 3 de agosto, 22:00 h
Artón, Esteiro
“OS DEMOS DE BARRO”


PROGRAMACIÓN | FESTAS SAN PEDRO

FESTAS SAN PEDRO
Concello de Muros | 2023

28 | xuño
19:00 H.- PASACALLES – XEITURA
20:00 H.- TEATRO DOS GHAZAFELHOS “AS MINAS DO REI SALOMÓN” – Praza do Mercado
22:30 H.- VERBENA
CLAXXON
DISCO MÓBIL CDC

29 | xuño
11:30 H.- PROCESIÓN
12:00 H.- MISA SOLEMNE cantada pola CORAL DON DIEGO DE MUROS
13:00 H.- CONCERTO BANDA
21:00 H.- MÚSICA MIUDA EN CONCERTO!!! “CAMBIANDO CONTOS” – Praza do Cristo
22:30 H.- VERBENA
LA BANDA DE AYER
OLYMPUS

24:00 H.- FOGOS DE ARTIFICIO

30 | xuño
12:00 H.- PASACALLES – FALTRIQUEIRA
20:00 H.- XACARANDAINA MUSICAL
21:00 H.- MIGUEL GUIDO “O LOBO FELIZ” – Praza do Cristo
22:30 H.- CONCERTO
THE RAPANTS
MONOULIOUS DOP
LOS RASTREADORES
(O proxecto de Ortiga e Grande Amore)

1 | xullo
22:30 H.- VERBENA
TATTOO
DJ BLASS

Organiza: Concello de Muros
Colaboracións: Xunta de Galicia. Programa Ler conta moito. AGADIC. Programa Danza 3. Excma. Deputación Provincial da Coruña – Rede Cultural


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close