ANUNCIO | Llega700 gestiona las incidencias en la recepción de la señal TDT de la banda de 700

Llega700 gestiona las incidencias en la recepción de la señal TDT causada por activación de las tecnologías de las bandas de 700 de forma gratuita para sus usuarios.

En el PDF adjunto se remite la información sobre el proceso del despliegue de la red móvil de nueva generación.

Para cualquier duda o consulta para crear incidencias o información relacionada con la nueva red móvil:

e-mail: ayuda@llega700.es

Teléfono: 900 833 999


MOITO OLLO COAS ESTAFAS!!

Dende a Garda Civil alertan dunha estafa a través dunha chamada telefónica dende números estranxeiros normalmente prefixos +44 ou 0044, na que con moita convición, se presentan como técnicos de Windows ou Microsoft, e piden facer unha serie de comprobacións no ordenador. Deste xeito acceden aos nosos ordenadores ou teléfonos coa fin de roubar chaves ou accesos a contas bancarias. Se recibides algunha chamada deste tipo COLGADE O TELÉFONO, son estafas e roubo de datos personais!


BANDO | Medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19

Mª Inés Monteagudo Romero, como alcaldesa do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a lei FAGO SABER:

Que a Orde do 29 de xullo da Consellería de Sanidade, publicada no DOG 144-bis, establece a aplicación no noso concello das medidas previstas para o nivel de restrición máxima, polo tanto:

Persoas procedentes doutros territorios: obrigatoriedade de declaración segundo a procedencia (https://www.sergas.es/Saude-publica/benvida-viaxeirxs).

-Limitación da permanencia de persoas ou grupos en espazos públicos ou privados: limítase a permanencia en grupos ata un máximo de 6 persoas en espazos pechados e 10 persoas en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de convivintes ou encontros exclusivamente entre persoas de dúas unidades familiares de convivencia diferente. Entre a 01:00 e as 06:00 exclusivamente persoas convivintes.

-Establecementos de hostalaría e restauración: interior ao 30%, acceso só con certificado, grupos máximo 6 persoas; exterior ao 50%, grupos máximo 10 persoas; non permitido o consumo en barra; horario de peche ao público as 23:00 h, coa opción de pechar ás 01:00 h. sempre que cumpran os requisitos do Plan de hostalaría segura (https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura). Non se poden admitir novos clientes a partir das 00:00 h.

Lecer nocturno: só servizo en terraza, para o consumo e servizo sentado na mesa, ao 50%, grupos máximo 10 persoas. Peche á 01:00h.

-Medidas de prevención específica aplicables na CAG:

-Obriga de cautela e protección, para todo os cidadáns.

-Persoas con síntomas: permanencia no domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario.

-Distancia de seguridade interpersoal, mínima de 1,5 mts entre non convivintes.

-Uso de máscara obrigatorio: en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, e en espazos abertos cando non resulte posible a distancia interpersoal.

-Recoméndase o uso de máscara no caso de reunións de persoas non convivintes, así como o mantemento da distancia de seguridade e a aplicación de medidas de ventilación e hixiene.

-Limitacións de capacidade e medidas de prevención específica por sectores (https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Nivel-Restricion-Máxima).

Actividades prohibidas:

Acceso a parques, xardíns públicos e praias restrinxido entre as 00:00 h. e as 06:00 h.

Prohibido o consumo en grupo de bebidas alcohólicas na vía pública, nos parques, xardíns e prazas públicas e outros lugares de tránsito público.

Estas medidas terán efectos desde as 00:00 horas do día 31 de xullo, e serán obxecto de seguimento e avaliación continua, polo que poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.


BANDO | Medidas de prevención e recomendacións COVID-19

M. INÉS MONTEAGUDO ROMERO, como Alcaldesa-Presidenta do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a Lei  FAGO SABER

Que a Orde do 8 de xullo da Consellería de Sanidade, publicada no DOG 129-bis, de 8 de xullo, establece:

Medidas de prevención en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios: obrigatoriedade de declaración segundo a procedencia (https://www.sergas.es/Saude-publica/benvida-viaxeirxs).

-Recomendacións relativas á permanencia de grupos en espazos públicos ou privados: recoméndase que os grupos non superen as 6 persoas, como máximo, en espazos pechados, e as 15 persoas, como máximo en espazos abertos ou ao aire libre.

-Plan de hostalaría segura: a Consellería de Sanidade continuará desenvolvendo o plan (https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura).

-Medidas de prevención específica aplicables na CAG:

  • Obriga de cautela e protección, para todo os cidadáns.
  • Persoas con síntomas: permanencia no domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario.
  • Distancia de seguridade interpersoal, mínima de 1,5 mts entre non convivintes.
  • Uso de máscara obrigatorio: en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, e en espazos abertos cando non resulte posible a distancia interpersoal. Deberá cubrir desde a parte do tabique nasal ata o queixo, incluído.
  • Recoméndase o uso de máscara no caso de reunións de persoas non convivintes, así como o mantemento da distancia de seguridade e a aplicación de medidas de ventilación e hixiene.
    Limitacións de capacidade e medidas de prevención específica por sectores (https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Nivel-Restricion-Media-Baixa).

Actividades prohibidas: consumo en grupo de bebidas alcohólicas na vía pública, nos parques, xardíns e prazas públicas e outros lugares de tránsito público. En particular, a partir das 00:00 horas ata as 06:00 horas, estará restrinxido o acceso aos seguintes lugares: parque e praia de San Francisco, praia de Godai e inmediacións, parque e praia do Castelo, Chalón, entorno do pavillón Xosé Lago, praia de Parameán.

Estas medidas terán efectos desde as 00:00 horas do día 10 de xullo, e serán obxecto de seguimento e avaliación continua, polo que poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Muros, 09 de xullo de 2021

A Alcaldesa

M. Inés Monteagudo Romero

BANDO | Normas para os lumiños de San Xoán

Este ano, como no anterior, as festas de San Xoán vanse celebrar nunhas circunstancias especiais, debido á epidemia provocada pola Covid-19. É importante polo tanto, para impedir riscos, evitar contaxios e non incrementar a incidencia no municipio, cumprir cunha serie de normas, tanto de seguridade e prevención de lumes, como de aglomeración de persoas e normas hixiénicas e sanitarias.

SOLICITUDES

As persoas, asociacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Muros, antes das 14.00 horas do día 18 de xuño de 2021, cumprimentando o modelo de solicitude e achegando a documentación.

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS LUMIÑOS DE SAN XÓAN

1.- Non está permitido facer as laradas nas PRAIAS, VÍAS PÚBLICAS, XARDÍNS OU PARQUES PÚBLICOS, en terreos forestais ou nas proximidades de masas arbóreas.

2.- As laradas ou cacharelas situaranse en lugares seguros, de tal xeito, que non exista perigo de propagación accidental cara ás vivendas, instalacións ou terreos próximos. Deberán ter en conta a existencia de cableado, tendido eléctrico, etc. Arredor da cacharela deixarase unha franxa duns 5 metros libre de calquera elemento combustible.

3.- Deberán situarse en zonas afastadas de masas arbóreas polo menos 50 m. Os/as responsables deben asegurarse de contar con medios de extinción mínimos pero suficientes para o seu uso inmediato no caso de ser necesario.

4.- Non se permite a utilización de líquidos inflamables nin queimar produtos contaminantes (plásticos, pinturas, gomas…).

5.- As laradas deben estar baixo vixilancia en todo momento. Non poderán abandonar a larada ata estar seguros de que o lume quedou completamente apagado, e deben retirar todos os restos que queden unha vez remate o evento.

6.- O número de asistentes non superará o que determine a normativa sanitaria de aplicación no momento da celebración da festa.

7.- As autorizacións outorgadas non eximirán, en ningún caso, das responsabilidades por danos e prexuízos que tivesen lugar no caso de que concorrese neglixencia ou imprudencia.

8.- As cacharelas poderán ser revisadas polos servizos municipais para ver se cumpren a normativa exixida.


BANDO | Comunidades de propietarios ou as persoas propietarias de edificios de uso residencial de vivenda colectiva cunha antigüidade igual ou superior a 50 anos teñen 1 ano para presentar o informe da avaliación no rexistro municipal

Dna. Inés Monteagudo Romero, en calidade de alcaldesa do Concello de Muros (A Coruña),

FAGO SABER:

O pasado 20 de abril publicouse no DOG o Decreto 61/2021, de 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación do edificios (IAE) e se crea o rexistro galego de informes de avaliación dos edificios, que entrou en vigor o 20 de maio.

O informe de avaliación é un documento que acredita o estado de conservación do edificio, avalía a súa accesibilidade universal e informa sobre a súa eficiencia enerxética.

De acordo con este Decreto as comunidades de propietarios ou as persoas propietarias de edificios de uso residencial de vivenda colectiva cunha antigüidade igual ou superior a 50 anos teñen un ano para presentar o informe da avaliación no rexistro municipal do Concello de Muros.

O prazo para a presentación remata o 20 de maio de 2022.


ANUNCIO | Resolución de concesión de subvencións a autónomos para paliar as consecuencias da declaración do estado de alarma polo COVID-19

Resolución de concesión de subvencións a autónomos para paliar as consecuencias da declaración do
estado de alarma polo COVID-19

Por Resolución da Alcaldía número 374/2021 de 7 de abril, aprobáronse concesión axudas do concello de Muros, en réxime de concesión directa, dirixidas a traballadores/as do réxime especial de autónomos da Seguridade Social afectadas pola suspensión ou peche dos locais abertos ao público polo estado de alarma decretado polo Goberno e para o impulso da actividade económica no termo municipal co fin de paliar os efectos provocados pola emerxencia sanitaria do COVID-19 publicadas no BOP núm. 130 de 14 de agosto de 2020.

De acordo co previsto no punto décimo da resolución, e a efectos de notificación e xeral coñecemento se fai público aqueles aspectos que teñen efectos fronte a terceiros e que son do teor literal que a continuación se relata e poñendo a disposición de todos os interesados o texto íntegro da resolución na Secretaría Xeral do Concello.


ANUNCIO | Plan de Hostalaría Segura

Segundo a Orde do 25 de febreiro de 2021 da Consellería de Sanidade, publicada no DOG nº 38-bis, establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura, os establecementos que retomen a súa actividade deben colocar nun lugar visible carteis coa capacidade interior e exterior, e, no seu caso, a trazabilidade cun sistema de códigos.

Os/as titulares dos establecementos de hostalaría e restauración deberán obter un código QR.

Acceso á plataforma TURESPAZO
Acceso a plataforma TURESPAZO (solicitude e descarga de código QR Hostalaría Segura)

Guía rápida de uso de TURESPAZO
Guía rápida de uso de TURESPAZO 

Procedemento para a declaración responsable de aforo e trazabilidade (Cálculo de aforos e xeración de Carteis)
Procedemento para a declaración responsable de aforo e trazabilidade (Cálculo de aforos e xeración de Carteis)


BANDO | Novas medidas pola COVID-19 (26.02.2021)

M. INÉS MONTEAGUDO ROMERO, como alcaldesa-presidenta do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a lei FAGO SABER:

Que no Decreto 31/2021 da Presidencia da Xunta de Galicia e na Orde do 25 de febreiro da Consellería de Sanidade, á vista do indicado nos informes da Dirección Xeral de Saúde Pública e ás recomendacións do comité clínico, adóptanse as seguintes medidas, que terán efectos dende as 00.00 h do día 26 de febreiro de 2021:

Mobilidade: Mantéñense as restricións en canto á mobilidade de entrada e saída da Comunidade Autónoma, a mobilidade entre concellos estará permitida atendendo á situación epidemiolóxica (ver anexo), limitación de grupos a 4 persoas, e liberdade de circulación (limitada entre as 22.00 h e as 6.00 h), coas excepcións contempladas na norma.

Comercio retallista e actividades de servizos profesionais abertos ao público, que non formen parte de centros ou parques comerciais, non poderán superar o 50% do aforo. O horario de peche establécese ás 21.30 h, agás que teñan fixado un horario inferior. Deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal e uso da máscara. Deberán prestar servizo preferente a maiores de 75 anos, debidamente sinalizado.

-Continuase coa celebración do mercado semanal co 50% dos postos.

-Actividade deportiva e competicións federadas e adestramentos: a práctica da actividade física e deportiva non federada poderá realizarse ao aire libre e no interior cun máximo de 4 persoas, máis o/a monitor/a, coa utilización de máscara. A actividade deportiva federada axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados. Reapertura das instalacións deportivas (ximnasio, pavillóns, recintos deportivos, pista de pádel e piscina) cunha ocupación máxima do 30%, cos vestiarios ou zonas de ducha ao 30% da capacidade máxima permitida, procedendo á limpeza, ventilación e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

-Procédese á apertura dos parques infantís cunha capacidade máxima de 1 persoa por cada 4 m2 de superficie.

Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais: reapertura da sala exposicións de Sel, Casa da Cultura, bibliotecas municipais e aula CEMIT cos horarios habituais e 30% do aforo. Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nestes espazos e cun máximo de ata catro persoas nas actividades de grupos, excluído o/a monitor/a. 

Hostalaría e restauración: apertura do interior cunha ocupación máxima do 30%, e do exterior cunha ocupación máxima do 50%. O horario de apertura ao público ata as 18.00 h, o servizo para recoller no establecemento (ata as 21.30 h) ou a entrega no domicilio (ata as 00.00 h). Seguir en todo caso as instrucións ditadas no Plan de hostalería segura. Cada establecemento será responsable das capacidades máximas que declare, así como de controlar en todo momento que as porcentaxes máximas de uso sexan respectadas.

-Velorios e enterros e lugares culto: velorios e enterros con capacidade máximo de 5 persoas no interior agás conviventes e 15 persoas no exterior. A capacidade máxima dos lugares de culto deberán respectar as regras de capacidade e as medidas de hixiene e prevención que sexan de aplicación ao lugar onde se celebre.

Muros, 26 de febreiro de 2021

A alcaldesa

M. Inés Monteagudo Romero

Anexo

Concellos entre os cales está permitida a mobilidade atendendo á súa similar situación epidemiolóxica:

1) Baralla, Guntín, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Rábade, Sober, Bande, Beade, Celanova, A Merca, A Mezquita, Punxín, Sandiás, Taboadela, Viana do Bolo, Verea, Xunqueira de Espadanedo, Arzúa, Dodro, Frades, Ordes, Rois, Tordoia, Moaña, Oia, Redondela.

2) Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, Cospeito, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, O Incio, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Palas de Rei, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Quiroga, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, O Saviñao, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Viveiro, Xermade, Xove, Allariz, Amoeiro, A Arnoia, Avión, Baltar, Baños de Molgas, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Beariz, Os Blancos, Boborás, A Bola, O Bolo, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, O Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Esgos, O Irixo, Larouco, Laza, Leiro, Lobeira, Lobios, Maceda, Manzaneda, Maside, Melón, Montederramo, Monterrei, Muíños, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Ourense, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, Petín, Piñor, A Pobra de Trives, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, A Rúa, Rubiá, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Xoán de Río, Sarreaus, A Teixeira, Toén, Trasmiras, A Veiga, Verín, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, Ames, A Baña, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Carnota, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía, Muros, Negreira, Noia, Oroso, Outes, Padrón, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Agolada, Dozón, A Estrada, Lalín, Pontecesures, Rodeiro, Silleda, Valga, Vila de Cruces, Arbo, Baiona, Cangas, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Vigo.

Bando novas medidas COVI-19 (PDF-30,33 kb )