PROGRAMA DAS FESTAS DE SAN PEDRO DE MUROS

🎊 PROGRAMA DAS FESTAS DE SAN PEDRO DE MUROS

🎸 Caamaño&Ameixeiras, Boyanka Kostova, Xián Pais e Meu Cariño, cartel dos concertos do luns 30

🏳️‍🌈 O sábado 28, Muros celebra de novo o Día do Orgullo coa ‘Festa das Cores’ e outras actividades de concienciación e lecer

🎤 Olympus, Acordes e Escaparate serán as orquestras das festas

O Concello de Muros presentou hoxe a programación das súas Festas de San Pedro, que se celebrarán os días 28, 29 e 30 de xuño.

📸 Participaron na presentación do programa das festas a alcaldesa de Muros, María Lago; a concelleira de Festexos, Laura Rivadeneira, e a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez.

👍 O cartel deste ano é de Uxía Saborido, deseñadora gráfica de Esteiro.

“Unhas festas moi especiais para Muros, nas que como o ano pasado mantemos as tradicións e amosamos que somos un concello aberto, respectuoso e plural”, asegura a alcaldesa, María Lago, que convida ás festas a toda a veciñanza e os visitantes.

Como o ano pasado, Muros celebra o sábado 28 de xuño a Festa do Orgullo, coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGBT. Haberá a ‘Festa das Cores’ e outras actividades de lecer, como obradoiros de camisetas, chapas e sacas, antes de dar paso á Orquestra Escaparate e Disco Móbil Impacto. “Unha xornada festiva para celebrar o Orgullo e concienciar sobre o respecto e a pluralidade”, explica a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez.

O domingo 29 haberá procesión e misa cantada pola coral Don Diego de Muros, fogos de artificio e as orquestras Olympus e Acordes. Laura Rivadeneira lembra ademais que “repetimos a sesión vermú do domingo, unha das novidades do ano pasado”.

O luns, como fin de festa, concerto con Caamaño&Ameixeiras, un dúo galego ligado á música e o baile de raíz cunha gran traxectoria nacional e internacional; Boyanka Kostova, pioneiros do trap galego; Xián Pais, de Louro, e Meu Cariño, de Campo de Cortes.


BANDO | NORMAS PARA LUMIÑOS DE SAN XOAN

:: BANDO ::
NORMAS PARA LUMIÑOS DE SAN XOAN

SOLICITUDES

As persoas, asociacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Muros, antes das 14:00 horas do día 19 de xuño de 2025, cumprimentando o modelo de solicitude. Aquelas persoas que xa a teñan solicitada deberán comprometerse a cumprir a normativa de aplicación.

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS LUMIÑOS

1.- As laradas ou cacharelas situaranse en lugares seguros, de tal xeito, que non exista perigo de propagación accidental ás vivendas, instalacións ou terreos próximos. Deberán ter en conta a existencia de cableado, tendidos eléctricos, etc. Arredor da cacharela deixarase unha franxa duns 5 metros libre de calquera elemento combustible.

2.- Deberán situarse en zonas afastadas de masas arbóreas polo menos 50 mts. Os responsables deben asegurarse de contar con medios de extinción mínimos pero suficientes para o seu uso inmediato en caso de ser necesario.

3.- Non se permite a utilización de líquidos inflamables nin queimar produtos contaminantes (plásticos, pinturas, gomas, …). Tampouco se poderán queimar residuos ou restos domésticos, forestais ou agrícolas

4.- As laradas deben estar baixo vixilancia en todo momento, os responsables deberán asegurarse de que o lume queda completamente apagado.

5.- Mediante estas normas o Concello pretende garantir a seguridade das persoas, facendo compatible a celebración dunha festa tradicional coa seguridade de todos. En todo caso, o Concello aconsella prudencia.

As autorizacións outorgadas non eximirán en ningún caso das responsabilidades por danos e prexuízos a que houber lugar no caso de que concorrese neglixencia ou imprudencia.


EMPREGO | Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas, tribunal e data do exame para a bolsa de emprego de limpador/a de edificios públicos e vía pública

Anuncio da lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, tribunal e data do exame do proceso selectivo complementario para incrementar o persoal da bolsa de emprego de limpador/a de edificios públicos e vía pública do Concello de Muros.


Bando | Informar á veciñanza da activación do nivel de alerta LARANXA por CHOIVAS e VENTOS para o 24 de xaneiro de 2025

Dende o Concello de Muros informamos á veciñanza que, a causa da ALERTA LARANXA emitida pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que afecta a diversas zonas de Galicia a partir do mediodía do venres 24, e recoméndase:

  • Adoptar medidas preventivas para garantir a seguridade.
  • Evitar desprazamentos innecesarios.
  • Non permanecer en zonas arboradas, parques ou espazos exteriores expostos a refachos de vento e fortes precipitacións.

E decrétase a suspensión de todas as actividades programadas ao aire libre mentres dure esta alerta.

Agradecemos a colaboración da veciñanza e rogamos que sigan as recomendacións das autoridades. Ante calquera emerxencia, chamen ao 112.

BANDO ALERTA LARANXA 24-1-2025


BANDO de María Lago Lestón, alcaldesa do Concello de Muros

Hoxe, 7 de xaneiro de 2025, cúmprense 75 anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no exilio en Bos Aires. Castelao foi e segue sendo unha das figuras máis destacadas da historia de Galiza, exemplo de integridade, loita polos dereitos do noso pobo e compromiso cunha Galiza xusta e libre.

O Concello de Muros quere honrar a súa memoria e o seu legado, tanto no ámbito político como artístico, e fai un chamamento á veciñanza e ás entidades culturais a participar na programación ao redor da figura de Castelao que se levará a cabo neste ano 2025 para divulgar a súa obra e pensamento.


BANDO | Festival das Carrilanas de Esteiro

Informamos a toda a veciñanza que con motivo do Festival das Carrilanas de Esteiro, que se celebrará o 19, 20 e 21 de xullo de 2024, está prohibido o acceso e aparcamento nas zonas vermellas,

PROHIBIDO ACCESO E APARCAMENTO
ARTÓN – PASEO DE PARAMEÁN
DO 18 AO 22 DE XULLO

Agradecerlle a súa comprensión e a súa colaboración, así como, sinalarlle que na medida do posible organice o uso do seu vehículo para minimizar incidencias tanto para vostede como para o desenvolvemento do festival.

https://sede.muros.gal/sxc/export/sites/muros/recursos/downloads/Tablon/2024/ANUNCIO_PROG_20240718140036721_ANEXO_1721304036-0.pdf


MERCADO DE ABASTOS | BASES REGULADORAS CAMPAÑA “VEN E PROBA”

Bases e convocatoria para o outorgamento de autorizacións temporais de ocupación de dominio público no mercado de abastos do Concello de Muros para a temporada estival na campaña denominada “Ven e proba” 2024.

Prazo presentación de solicitudes: 8 días naturais contados a partir do día hoxe (18/6/2024)


BANDO | NORMAS PARA LUMIÑOS DE SAN XOAN

NORMAS PARA LUMIÑOS DE SAN XOAN
SOLICITUDES

As persoas, asociacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Muros, antes das 14:00 horas do día 19 de xuño de 2024, cumprimentando o modelo de solicitude. Aquelas persoas que xa a teñan solicitada deberán comprometerse a cumprir a normativa de aplicación.

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS LUMIÑOS

1.- As laradas ou cacharelas situaranse en lugares seguros, de tal xeito, que non exista perigo de propagación accidental ás vivendas, instalacións ou terreos próximos. Deberán ter en conta a existencia de cableado, tendidos eléctricos, etc. Arredor da cacharela deixarase unha franxa duns 5 metros libre de calquera elemento combustible.

2.- Deberán situarse en zonas afastadas de masas arbóreas polo menos 50 mts. Os responsables deben asegurarse de contar con medios de extinción mínimos pero suficientes para o seu uso inmediato en caso de ser necesario.

3.- Non se permite a utilización de líquidos inflamables nin queimar produtos contaminantes (plásticos, pinturas, gomas, …). Tampouco se poderán queimar residuos ou restos domésticos, forestais ou agrícolas

4.- As laradas deben estar baixo vixilancia en todo momento, os responsables deberán asegurarse de que o lume queda completamente apagado.

5.- Mediante estas normas o Concello pretende garantir a seguridade das persoas, facendo compatible a celebración dunha festa tradicional coa seguridade de todos. En todo caso, o Concello aconsella prudencia.

As autorizacións outorgadas non eximirán en ningún caso das responsabilidades por danos e prexuízos a que houber lugar no caso de que concorrese neglixencia ou imprudencia.


ANUNCIO | Publicación das bases para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliares administrativos

Por Resolución desta Alcaldía núm. 1181/2023 de 7 de decembro, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de traballo de auxiliares administrativos do concello de Muros, e que se transcriben a continuación:

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS COMO FUNCIONARIO/A INTERINO/A DO CONCELLO DE MUROS

1. OBXECTO DAS BASES

É obxecto destas bases a realización dun proceso selectivo, mediante oposición libre, para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliares administrativos para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas da especialidade profesional correspondente, como funcionario/a interino/a.

A bolsa de emprego, que se formará pola relación de persoas aspirantes que superaran este proceso selectivo, destinarase á contratación do persoal que a integre cando sexa preciso.

2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA

A praza está encadrada na Escala de Administración Xeral. Subescala: Auxiliar, clasificada no Grupo C, Subgrupo: C2, nivel 14. A xornada de traballo é a tempo completo.

3. SISTEMA DE SELECCIÓN

Establécese como sistema de selección o de oposición libre.

+ INFO: BOP. VENRES, 15 DE DECEMBRO DE 2023

Solicitudes (anexo II)