CAMPAÑA “SEPARAR E RECICLAR, TODO É COMEZAR” PARA ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS

O Concello de Muros xunto coa Mancomunidade de Concello Serra do Barbanza está a participar nunha campaña de sensibilización e formación ambiental para lograr reducir a cantidade de residuos que xeramos no noso municipio e mellorar a revalorización dos producidos.

Deste xeito, e co obxectivo de fomentar a revalorización da fracción orgánica que se xera nos locais hostaleiros do municipio, queremos repartir entre eles uns colectores para o interior de cada local, facilitando deste xeito o proceso de separación selectiva da materia orgánica.

Para isto, citamos á hostalería do noso concello a que asista á charla informativa que terá lugar o xoves 12 de decembro ás 19.30 h na aula CEMIT da centro cultural e xuvenil de Muros. Un dos obxectivos desta reunión, dado que cada establecemento ten as súas necesidades, é concretar que tipo de contedor quere cada un, as opcións son de 80, 120 ou 360 l.

Máis información: teléfono 981 826 050 ext. 2 ou a través do correo electrónico sonia.lago@muros.gal

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close