CAMPAMENTOS DE VERÁN | 2023

O prazo de solicitude de inscrición establécese do seguinte xeito:

  • Solicitude de inscrición: das 8.30 h do 15 de maio ata as 14.00 h do 1 de xuño.
  • Horario de presentación das solicitudes de xeito presencial no Rexistro Municipal: de 9.00 h a 14.00 h.
  • Sorteo: 13 de xuño (en presenza da Secretaría municipal no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).
  • O sorteo será público e terá lugar no salón de plenos do concello ás 10.00 da mañá.

Tipos de solicitude:

  • Poderá presentarse unha solicitude individual ou múltiple para o suposto de irmáns/ás.

Como cubrir a solicitude:

  • Cada solicitante cubrirá unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de tres (3) quendas.

Idades

  • Nenas/os nadas/os nos anos 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012 e 2011

Número de nenos/as por quenda: máximo de 14

As quendas establécense do seguinte xeito:

  • Muros: do 3 ao 14 de xullo
  • Esteiro: do 3 ao 14 de xullo
  • Muros: do 17 ao 31 de xullo
  • Esteiro: do 17 ao 31 de xullo
  • Muros: do 1 ao 14 de agosto
  • Esteiro: do 1 ao 14 de agosto
  • Muros: do 16 ao 31 de agosto
  • Esteiro: do 16 ao 31 de agosto

A persoa solicitante só poderá participar nunha quenda.

Horario:

  • Entrada: entre as 9.00 e as 10.00 h
  • Saída: entre as 13.00 e as 14.00 h

De luns a venres na quenda que corresponda, os días festivos non terá lugar a actividade.

Lugares:

  • Muros: Pavillón de Miraflores ou no Centro San Xosé
  • Esteiro: Pavillón Xosé Lago

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do seguinte formulario dispoñible na seguinte ligazón: https://forms.gle/4vpxi8cTi3EWc5BV6

SOLICITUDE CAMPAMENTO VERÁN.PDF

BASES   XERAIS   DE    REGULACIÓN  DOS    CAMPAMENTOS    CONCILIA   VERÁN E CAMPAMENTOS DE VERÁN MUNICIPAIS PARA O ANO 2023


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close