CAMPAMENTOS CONCILIA VERÁN | 2023

O prazo de solicitude de inscrición establécese do seguinte xeito:

  • Solicitude de inscrición: das 8.30 h do 15 de maio ata as 14.00 h do 1 de xuño.
  • Horario de presentación das solicitudes de xeito presencial no Rexistro Municipal: de 9.00 h a 14.00 h.
  • Sorteo: 6 de xuño (en presenza da Secretaría municipal no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).
    O sorteo será público e terá lugar no salón de plenos do concello ás 10.00 h da mañá.

Tipos de solicitude:

  • Poderá presentarse unha solicitude individual ou múltiple para o suposto de irmáns/ás.

Idades

  • Nenas/os nadas/os nos anos 2015, 2016, 2017, 2018, 2019

Número de prazas por quenda: 6

As quendas establécense do seguinte xeito:

  • Xullo en Muros
  • Xullo en Esteiro
  • Agosto en Muros
  • Agosto en Esteiro
    A persoa participante só poderá participar nunha quenda.

Horario:

  • Entrada: de 9.00 h a 10.00 h
  • Saída: de 13.00 h a 14.00 h
    De luns a venres na quenda que corresponda, os días festivos non terá lugar a actividade.

Lugares:

  • Muros: Pavillón de Miraflores ou Centro San Xosé / Esteiro: Pavillón Xosé Lago

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do seguinte formulario dispoñible na seguinte ligazón: https://forms.gle/MoKH2qjNTiKfTDRh8

SOLICITUDE CAMPAMENTO CONCILIA.PDF

BASES   XERAIS   DE    REGULACIÓN  DOS    CAMPAMENTOS    CONCILIA   VERÁN E CAMPAMENTOS DE VERÁN MUNICIPAIS PARA O ANO 2023


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close