CAMPAMENTOS | Campamento Muros Concilia de Semana Santa | 2022

BASES XERAIS DE REGULACIÓN DO CAMPAMENTO MUROS CONCILIA DE SEMANA SANTA PARA O ANO 2022.

PRAZO DE SOLICITUDE

  • O prazo de solicitude de inscrición nos campamentos establécese do seguinte xeito:
    • Solicitude de inscrición: do 14 marzo ata ás 14.00 h do 31 de marzo (ambos incluídos).
    • Sorteo: 1 de abril (en presenza da Secretaría municipal no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).
  • Para solicitar a inscrición nos campamentos de Semana Santa deberá cubrir o formulario específico de solicitude, só un formulario por familia:
  • A adxudicación pode ser:
    • Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
    • Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. O sorteo será por familia.

Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera.

  • Terán prioridade os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Muros. No caso de que non se completaran as prazas, estas poderán ser ocupadas por nenos/as non empadroados/as no Concello de Muros.

IDADES E HORARIO

  • Idades
    • Nenas/os nadas/os nos anos: 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011 e 2010
  • Número máximo de nenos/as por lugar: 20
  • As datas establécense do seguinte xeito:
    • 11, 12 e 13 de abril 2022
  • Horario:
    • Entrada: entre as 9.00 e as 10.00 h
    • Saída: entre as 13.00 e as 14.00 h
  • Lugares:
    • Muros: pavillón de Miraflores
    • Esteiro: pavillón Xosé Lago
  • Información:
    • Servizos Sociais: 981 762 46

Bases xerais reguladoras para a participación no campamento Muros Concilia na Semana Santa 2022

Formulario: https://forms.gle/VZdSzF2YkpnAVUPT9


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close