CAMPAMENTO MUROS CONCILIA SEMANA SANTA 2024

BASES XERAIS REGULADORAS PARA A PARTICIPACIÓN PARA O CAMPAMENTO MUROS CONCILIA SEMANA SANTA 2024

PRAZO DE SOLICITUDE

1.1. O prazo de solicitude de inscrición nos campamentos establécese do seguinte xeito:

  1. Solicitude de inscrición: desde a publicación destas bases na sede electrónica do Concello de Muros ata o 15 de marzo ás 14.00 h.
  2. Sorteo: 18 de marzo (en presenza da Secretaría municipal no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).

O sorteo será público e terá lugar no salón de plenos do concello ás 10.00 h da mañá.

1.2. Tipos de solicitude:

  • Poderá presentarse unha solicitude individual ou múltiple para o suposto de irmáns/ás.

Como cubrir a solicitude:

  • A persoa solicitante será a nai, pai, titor ou titora legal.
  • A/as persoa/s participantes serán o/a os/as neno/a nenos/as.
  • No caso das solicitudes múltiples, deberanse cubrir os datos de todos os irmáns ou irmás que solicitan a súa participación que serán os participantes.
  • A presentación da solicitude implica a aceptación das normas do procedemento.

1.2. Para solicitar a inscrición nos campamentos de Semana Santa deberá cubrir o formulario específico de solicitude, só un formulario por familia, no seguinte enlace:

https://forms.gle/qoquEgJLcJzd97Pz7

1.3. A adxudicación pode ser:

  • Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
  • Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. O sorteo será por familia. Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera.
  • Deberase aceptar a praza nun prazo máximo de 24 horas desde a recepción do correo electrónico, coa confirmación da praza, de non ser así será excluído/a.

1.4. Terán prioridade os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Muros. No caso de que non se completaran as prazas, estas poderán ser ocupadas por nenos/as non empadroados/as no Concello de Muros.

1.5 No caso de que aparezan solicitudes presentadas por diferentes solicitantes, pero na que parte ou todas as persoas participantes sexan as mesmas, serán anuladas automaticamente.

IDADES E HORARIO

2.1. Idades

  • Nenas/os nadas/os nos anos:

2020, 2019, 2018, 2017, 2016, 2015, 2014, 2013, 2012 e 2011

2.2. Número de nenos/as por lugar: 20

2.2. As datas establécense do seguinte xeito:

  • 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril de 2024

2.3. Horario:

  • Entrada: de 9.00 h a 10.00 h
  • Saída: de 13.00 h a 14.00 h

2.4. Lugares:

  • Muros: pavillón de Miraflores
  • Esteiro: pavillón Xosé Lago

2.5. Información:

  • Departamento de Servizos Sociais no número de teléfono 981 762 465
  • Centro Cultural e Xuvenil de Muros 981 762 294

BASES CONCILIA SEMANA SANTA 2024