EMPREGO | Resultado definitivo contratación técnico/a de Sel

Anuncio definitivo do proceso de selección dun/dunha técnico/a para a atención do Centro de interpretación do patrimonio marítimo Conserveira de Sel 2021

……………………………………………


Anuncio do resultado provisional do segundo exercicio e da fase concurso de méritos para a selección dun/dunha técnico/a para atención do Centro de interpretación do patrimonio marítimo conserveira de Sel 2021

……………………………………………


Anuncio do resultado do 1º exercicio e convocatoria do 2º exercicio para a selección dun/dunha técnico/a para atención do Centro de interpretación do patrimonio marítimo conserveira de Sel 2021

……………………………………………


Anuncio da lista definitiva de persoas admitidas e excluídas para a selección dun/dunha técnico/a para atención do Centro de interpretación do patrimonio marítimo conserveira de Sel 2021

……………………………………………


Anuncio da lista provisional de persoas admitidas e excluídas, composición do tribunal e convocatoria do primeiro exercicio para a selección dun/dunha técnico/a para atención do Centro de interpretación do patrimonio marítimo conserveira de Sel 2021:

……………………………………………


CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA FO216/2021 PARA ATENCIÓN DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO MARÍTIMO CONSERVEIRA DE SEL

Publicación das bases e da convocatoria creación dunha bolsa de traballo Centro de interpretación do patrimonio marítimo conserveira de Sel:


EMPREGO | Proposta definitiva da contratación da praza de peón forestal e da bolsa de traballo APROL 2021

Anuncio coa proposta definitiva da contratación da praza de peón forestal e da bolsa de traballo APROL 2021

…………………………….


Anuncio co resultado da realización da fase de oposición e da fase concurso para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa dun/dunha peón/peoa forestal APROL 2021

…………………………….


Contratación laboral temporal a xornada completa dun/dunha peón/peoa forestal en base á subvención concedida para o fomento do emprego no medio rural e a elaboración dunha bolsa de traballo a tempo completo.


BANDO | Medidas de prevención e recomendacións COVID-19

M. INÉS MONTEAGUDO ROMERO, como Alcaldesa-Presidenta do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a Lei  FAGO SABER

Que a Orde do 8 de xullo da Consellería de Sanidade, publicada no DOG 129-bis, de 8 de xullo, establece:

Medidas de prevención en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios: obrigatoriedade de declaración segundo a procedencia (https://www.sergas.es/Saude-publica/benvida-viaxeirxs).

-Recomendacións relativas á permanencia de grupos en espazos públicos ou privados: recoméndase que os grupos non superen as 6 persoas, como máximo, en espazos pechados, e as 15 persoas, como máximo en espazos abertos ou ao aire libre.

-Plan de hostalaría segura: a Consellería de Sanidade continuará desenvolvendo o plan (https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura).

-Medidas de prevención específica aplicables na CAG:

  • Obriga de cautela e protección, para todo os cidadáns.
  • Persoas con síntomas: permanencia no domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario.
  • Distancia de seguridade interpersoal, mínima de 1,5 mts entre non convivintes.
  • Uso de máscara obrigatorio: en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, e en espazos abertos cando non resulte posible a distancia interpersoal. Deberá cubrir desde a parte do tabique nasal ata o queixo, incluído.
  • Recoméndase o uso de máscara no caso de reunións de persoas non convivintes, así como o mantemento da distancia de seguridade e a aplicación de medidas de ventilación e hixiene.
    Limitacións de capacidade e medidas de prevención específica por sectores (https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Nivel-Restricion-Media-Baixa).

Actividades prohibidas: consumo en grupo de bebidas alcohólicas na vía pública, nos parques, xardíns e prazas públicas e outros lugares de tránsito público. En particular, a partir das 00:00 horas ata as 06:00 horas, estará restrinxido o acceso aos seguintes lugares: parque e praia de San Francisco, praia de Godai e inmediacións, parque e praia do Castelo, Chalón, entorno do pavillón Xosé Lago, praia de Parameán.

Estas medidas terán efectos desde as 00:00 horas do día 10 de xullo, e serán obxecto de seguimento e avaliación continua, polo que poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Muros, 09 de xullo de 2021

A Alcaldesa

M. Inés Monteagudo Romero

I ENCONTRO | “A muller, os oficios do mar e a súa repercusión no camiño” – 9, 10 e 11 de xullo de 2021

I ENCONTRO | “A MULLER, OS OFICIOS DO MAR E A SÚA REPERCUSIÓN NO CAMIÑO”
CENTRO DE INTERPRETACIÓN CONSERVEIRA DE SEL, MUROS
9, 10 E 11 DE XULLO DE 2021

Este Encontro forma parte do proxecto “A MULLER, OS OFICIOS DO MAR E A SÚA REPERCUSIÓN NO CAMIÑO”, que pretende a promoción e posta en valor da vida das mulleres do mar a través do coñecemento dos seus oficios, estudando tamén a súa repercusión no Camiño a Compostela, tanto no acollemento aos peregrinos que chegaban por mar, como na distribución/ comercialización dos produtos do mar polos pobos de interior, en especial polo Camiño dende a Ría de Muros – Noia a Compostela, que existe dende a Baixa Idade Media.

A nosa iniciativa consiste en deseñar actividades que poñan de manifesto a importancia e o papel estratéxico da muller nos oficios do mar, resaltando a súa aportación e recoñecendo o seu esforzo, configurándose como un piar esencial dentro da comunidade pesqueira, xa que participan en toda a cadea produtiva, dende o sector extractivo ata a comercialización final do produto, do mesmo xeito que nos labores de acollemento, como anfitrioa e coidadora dos peregrinos  que chegaban ao Porto de Muros con algunha doenza, sendo esta tarefa de tal importancia que no ano 1380 foi fundado o Hospital de San Pedro onde se auxiliaba aos peregrinos afectados dalgunha doenza; nunha visita documentada polos eclesiásticos da parroquia, no ano 1585, aporta información sobre o seu funcionamento, indicando que “debe atender a enfermos pobres e peregrinos, tamén estranxeiros”.

No Encontro tentarase evidenciar a verdadeira importancia das mulleres no sector do mar, nos eidos laboral, sociolóxico e histórico, co obxectivo xeral de recuperar a memoria das traballadoras muradás vinculadas ao  mar, valorizar as súas achegas e servir de base e fomento para a investigación do sector e do papel da muller na configuración da nosa identidade e no mantemento e conservación do Camiño.

Obrigada inscrición previa – 981 76 22 94

VENRES, 9 DE XULLO

17.30 h – RECEPCIÓN DAS PERSOAS ASISTENTES

18.00 h – INAUGURACIÓN OFICIAL DO ENCONTRO
INTERVEÑEN:
D. ILDEFONSO DE LA CAMPA MONTENEGRO, DIRECTOR DE ADMINISTRACIÓN E RELACIÓNS COAS ASOCIACIÓNS DE AMIGOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO DA S.A. DA XESTIÓN DO XACOBEO.
MARÍA-INÉS MONTEAGUDO ROMERO, ALCALDESA DE MUROS.

18.30 h – INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN
“A MULLER, OS OFICIOS DO MAR E O CAMIÑO”

19.00 h – CHARLA
“A REPERCUSIÓN DOS OFICIOS DO MAR NO CAMIÑO RÍA DE MUROS-NOIA A COMPOSTELA”
INTERVEÑEN:
MONTSE PARÍS “VESTIXIOS HISTÓRICOS DO CAMIÑO MUROS-COMPOSTELA E OS OFICIOS VENCELLADOS ÁS PEREGRINACIÓNS”
ADELA LESTÓN MAYO E JUANA MARTÍNEZ LÓPEZ “O MARISQUEO NA RÍA DE MUROS E NOIA. DE SUSTENTO A OFICIO”

20.30 h – DEBATE
MANTEDORA:
XIANA IGLESIAS, Xornalista formada en artes gráficas e redacción dixital. Autodidacta en etnografía, traballou en programas de memoria oral con perspectiva de xénero como A Memoria das Mulleres de Pontevedra ou os Cafés da Memoria do Museo do Pobo Galego. Participou como investigadora e redactora nas publicacións “Oficios de Salitre” e “Gran Enciclopedia del Camino de Santiago”, entre outros.

SÁBADO, 10 DE XULLO

11.00 h – CHARLA
“MULLERES DO MAR DE HOXE E MAÑÁ”
INTERVEÑEN:
ROSA MAYO TOBÍO “A MULLER MARIÑEIRA NA PESCA DE ALTURA”
ALEXANDRA GARCÍA FDEZ. “A CONSERVA ARTESANAL”

12.30 h – DEBATE
MANTEDORA:
ESTHER F. CARRODEGUAS, Dramaturga, Directora e Actriz. Investigación, escrita e dirección dos traballos “Salvemo-lo Xeito” e “Un Mar de Mulleres”, entre outros

18.00 h – CHARLA
“MULLERES DO MAR DE ONTE, E DE MAÑÁ?”
INTERVEÑEN:
AGUSTINA CUBELO E ELVIRA REY “AS TRABALLADORAS DA CONSERVA”
PURA DO PEIXE “A PEIXEIRA”
DELIA LAGO RODRÍGUEZ “AS CARGADORAS. TRABALLADORAS DO SERRADOIRO DE SURRIBOS, ABELLEIRA”
MAYKA GONZÁLEZ, “O AFUMADO DA SARDIÑA DE MUROS”

20.00 h.- DEBATE
MANTEDORA:
RUTH SOUSA, Socia de BenCuriosa, traballa en proxectos vinculados á cultura dixital a través da formación e a creatividade, entre eles, os Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital, nos que participou este proxecto. Formada en realización audiovisual, é experta en Xestión Cultural e Especialista en Estratexias Dixitais en Institucións Culturais.

DOMINGO, 11 DE XULLO

11:00 h.- OBRADOIRO
“O OFICIO DE ATADORA OU REDEIRA”, A CARGO DE NASAS MERAMAR

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

  • VISITAS TEATRALIZADAS

Venres 9, sábado 10 ás 21.30 h
“PASACALLES TEATRAL A MULLER, OS OFICIOS DO MAR E A SÚA REPERCUSIÓN NO CAMIÑO”

  • XOGOS E ANIMACIÓNS

Venres 9, sábado 10 e domingo 11
OBRADOIRO “ARTESANÍA EN CUNCHAS”
OBRADOIRO “ATANDO ENREDAMOS”

Sábado, 10 de xullo as 19.00 h
BRAIS DAS HORTAS “NAVEGANDO EN OBRAS”

Domingo, 11 de xullo ás 19.00 h
TEATRO GHAZAFELHOS “MONSTROS NO CAMIÑO”

  • MÚSICA

Venres, 9 de xullo ás 22.30 h
Concerto UKESTRA DO MEDIO

Sábado, 10 de xullo ás 22.30 h
Concerto BUDIÑO & PABLO NOVOA “DIARIO DE NAVEGANTES”

  • EXPOSICIÓNS

No Centro de Interpretación Conserveira de Sel 
“A MULLER, OS OFICIOS DO MAR E O CAMIÑO”

Nos escaparates do Casco Histórico de Muros
“PEIXEIRAS” Fernando Rey


EMPREGO | Proposta definitiva contratación de socorristas 2021

Proposta definitiva contratación socorristas 2021

……………………………


Publicación da proposta de elaboración bolsa de traballo socorristas acuáticos 2021

……………………………


Publicación da relación de persoas candidatas e data de realización do 1º exercicio

……………………………


BASES E CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE SOCORRISTAS ACUÁTICOS EN BASE Á SUBVENCIÓN SOLICITADA PARA O FOMENTO DO EMPREGO E MELLORA DA EMPREGABILIDADE, FINANCIADO POLA XUNTA DE GALICIA DENTRO DO PROGRAMA TR351A2021

Publicación das bases e convocatoria de socorristas 2021


EMPREGO | Proposta definitiva de contratación do persoal e da creación da bolsa de emprego para a limpeza de praias 2021

Proposta definitiva da contratación do persoal e da creación da bolsa de emprego para a limpeza de praias 2021

…………………………..


Corrección do anuncio da acta do proceso de selección de limpeza de praias 2021

…………………………..


Publicación dos resultados do proceso selectivo do persoal para a limpeza de praias 2021

…………………………..


Publicación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo limpeza de praias 2021

…………………………..


CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA O SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS 2021, FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA MA100/2021 E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL


FESTAS | SAN PEDRO 26 – 27 -28 – 29 – 30 xuño | Concello de Muros – 2021

SAN PEDRO
26 – 27 -28 – 29 – 30 xuño
Concello de Muros | 2021

26 | SÁBADO
18.00 H. – V BANDEIRA SAN PEDRO DE MUROS (Liga de traineiras) | CLUB DE REMO DE MUROS
22.00 H. – CONCERTO | DELEIBA

27 | DOMINGO
21.00 H. – CONCERTO | RAFA FERNÁNDEZ TRÍO

28 | LUNS
11.00 H PASACALLES:  GRUPO AGROCOVO
17.00 H.- A EIRA DE PAPORRUBIO (INFANTIL), no parque
22.00 H. – CONCERTO | GARUFA BIG BAND

29 | MARTES
11.00 H.- PASACALLES: BANDA DE GAITAS DE XIMIELA
12.00 H.- MISA SOLEMNE
13.00 H.- CONCERTO BANDA DE GAITAS DE XIMIELA
20.00 H.- TEATRO | MAIO CREACIÓNS “A VIAXE DE MINA” (INFANTIL) – Praza do Mercado
22.00 H.-: CONCERTO | MARÍA DO CEO

30 | MÉRCORES
11.00 H.- PASACALLES | CÉ ORQUESTRA PANTASMA
20.00 H. – ANIMACIÓN INFANTIL | PACO NOGUEIRAS “BRINCAVAI” – Praza do Mercado

AFORO LIMITADO | RESERVA PREVIA – 981 762 294


EMPREGO | Publicación fase concurso e proposta de contratación e creación da bolsa de traballo proceso selectivo brigada de incendios 2021

Publicación fase concurso e proposta de contratación e creación da bolsa de traballo proceso selectivo brigada de incendios 2021

…………………………..


Resultado da realización do tercero e cuarto exercicio do proceso selectivo da brigada de incendios 2021

…………………………..


Publicación do resultado do primeiro e segundo exercicio e convocatoria da terceira e cuarta proba do proceso selectivo brigada de incendios, anualidade 2021

…………………………..


Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas para a brigada de incendios

…………………………..


Lista provisional de persoas admitidas e excluídas, composición do tribunal e convocatoria do primeiro e segundo exercicio do proceso da brigada de incendios.


EMPREGO | Publicación definitiva do proceso selectivo e proposta de contratacion do persoal da oficina de turismo do Concello de Muros 2021

Publicación definitiva do proceso selectivo e proposta de contratacion do persoal da oficina de turismo do Concello de Muros 2021

…….

Publicación do resultado da realización do primeiro exercicio e convocatoria do segundo exercicio do proceso selectivo de persoal para a oficina de Turismo


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close